Kim Dae-jung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kim Dae-jung
Kim Dae-jung (Cropped).png
Kim Dae-jung
Nobel prize medal.svg

김대중
Seal of the President of the Republic of Korea.svg 8º Presidente de Corea do Sur
Período: 25 de febreiro de 1998 - 24 de febreiro de 2003
Antecesor: Kim Young-Sam
Sucesor: Roh Moo-hyun
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 3 de decembro de 1925
Lugar: Haui-do, Corea
Falecemento:
Lugar: Seul, Corea do Sur
Organización: Partido Democrático da Corea do Sur
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Lee Hui-ho
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: político
Relixión: Catolicismo
Premios: {{{premios}}}
Kim Dae-jung signature.png
{{{web}}}

Kim Dae-jung (en hangul: 김대중; en hanja: 金大中), nado en Haui-do (Corea do Sur) o 3 de decembro de 1925[1] e finado o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1], foi un político surcoreano, retirado, que foi presidente do seu país e galardoado co Premio Nobel da Paz do 2000 «polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste de Asia, xeralmente, e pola paz e a reconciliación con Corea do Norte, particularmente».

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autor de diversos libros sobre temática política e económica, recibiu ademais os premios Bruno Kreisky dos Dereitos Humanos (1981), George Meany (1987), o concedido pola Asociación de Nacións Unidas (1998) e a medalla da Liberdade de Filadelfia (1993). Foi ademais doutor honorífico polas universidades de Moscova, Emory, Portland, Sydney, Georgetown; entre outras.

Naceu no seo dunha familia de labregos. Cursou estudos nunha escola na illa de Haui e en 1936 nun centro escolar no continente. En 1943 graduouse na Escola Superior de Comercio de Mokpo e comezou a traballar nunha navieira local. Converteuse ao catolicismo romano en 1957, sendo a maioría da poboación do seu país budista.

Entrou na política en 1954, opoñéndose á política de Syngman Rhee, primeiro presidente de Corea do Sur. En 1961 foi escolleito membro da Asemblea Nacional e pouco despois empezou a enfrontarse á ditadura e a expresar os seus plans por unha Corea reunificada. Mais un golpe militar liderado por Park Chung-hee, fíxoo converterse en líder da oposición, sen poder ser candidato oficial.

No 1971 foi acusado de comunista e sufriu un primeiro intento de asasinato ao ser atropelado por un camión que lle ocasionou unha coxeira que arrastrou ata o final de súa vida. Posteriormente foi arrestado polos axentes do Servizo Nacional de Intelixencia (KCIA) nun hotel de Toquio como resposta aos seus ataques á constitución promulgada por Chung-hee. Dae Jung recibiu a axuda inmediata dos Estados Unidos que grazas aos esforzos de Philp Habib, embaixador americano, conseguiu encontralo no seu agocho e liberalo dos seus verdugos nun barco cando estaba a punto de ser lanzado ao Mar do Xapón. No retorno ao seu país provocou que fose aprisionado en 1976 despois de participar nun manifesto contra o goberno, sendo condenado a cinco anos de arresto, aínda que foi liberado en 1978. Naquel período de cativerio forzado converteuse ao catolicismo.

Co asasinato en 1979 de Pak Chungkin-Hee, Kim Dae Jung foi rehabilitado mais no 1980 foi detido novamente con cargos de sedición e conspiración contra o réxime, sentenciando a Dae Jung a morte. Outra vez a man dos Estados Unidos foi vital para conseguir a conmutación da pena de morte por 20 anos de prisión, e máis tarde, o exilio a Estados Unidos.

En 1985 Dae Jung retornou ao seu país, sendo inmediatamente retido na súa casa e converténdose nun dos líderes principais da oposición política. Coa caída do poder de Chun Doo-Hwan en 1987 celebráronse as primeiras eleccións democráticas desde 1961. Dae Jung puido presentarse pero sufriu a derrota ante Kim Young-Sam, o seu rival e camarada político durante anos, e Roh Tae-Woo, xeneral e delfín do anterior presidente.

Presidente de Corea do Sur[editar | editar a fonte]

En 1992 volveu a presentarse ás eleccións, perdendo novamente ante Kim Young-Sa, ao igual que en 1987. Logo retirouse da política e decidiu dedicarse á docencia na Universidade de Cambridge. En 1995 anunciou o seu retorno á política e presentouse, unha vez máis, nas eleccións para a presidencia do país. O 18 de decembro de 1997 conseguiu derrotar ao seu rival Lee Hoi-Chang grazas á súa unión con Kim Jong-Pil, antigo Primeiro Ministro do país.

Dae Jung canda George W. Bush nunha visita do presidente estadounidense en Seúl no 2002

Kim Dae Jung chegou á presidencia en medio dunha grave crise económica, pero conseguiu a revitalización da economía, converténdoa nunha con gran crecemento.

Dende o seu ascenso ao poder, tratou de enterrar a discriminación das minorías do país, das cales formaba parte e que sufrira en etapas anteriores. Tamén excarcerou ao seu antecesor Chun Doo Hwan, que en 1980 ordenara a súa condena a morte.

Pola outra banda, iniciou o acercamento co réxime stalinista de Kim Jong-il de Corea do Norte. Realizou as súas primeiras visitas a Estados Unidos do 8 ao 11 de xuño de 1998, e solicitou o levantamento das sancións a Corea do Norte e o retorno das inversións a Corea do Sur. Entre o 13 e o 15 de xuño de 2000 tivo lugar o histórico cumio intercoreano en Pyongyang, a primeira xuntanza presidencial entre os presidentes dos dous países dende a separación de Corea en 1948.

En 2003 Dae Jung finalizou o seu mandato e decidiu non presentarse á reelección, retirándose da política activa. Faleceu o 18 de agosto de 2009 en Seúl[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obituary:Kim Dae-jung" BBC News, 18 de agosto de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Presidente de Corea do Sur

Segue a:
Kim Young-Sam
Kim Dae-jung
Precede a:
Roh Moo-hyun
Partido Democrático da Corea do Sur