Louis Renault
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() |
|
| Profesión: | xurista e educador |
|---|---|
| País: | |
| Nado en: | 21 de maio de 1843 |
| Lugar de nacemento: | Autun, Borgoña, Francia |
| Faleceu en: | 8 de febreiro de 1918 |
| Lugar: | Barbizon, Illa de Francia, Francia |
Louis Renault, nado en Autun o 21 de maio de 1843 e falecido en Barbizon o 8 de febreiro de 1918, foi un xurista e educador francés. En 1907, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, gañou o Premio Nobel da Paz.
Biografía [editar]
Entre o 1868 e 1873, Louis Renault foi profesor de Dereito romano e Dereito comercial na Universidade de Dijon. Desde 1873 e ata a súa morte foi profesor na Universidade de París, converténdose en profesor de Dereito internacional en 1881. En 1890 o Ministerio de Relacións Exteriores creo especialmente para el o posto de xurisconsulto. Como tal, participou en diversas conferencias internacionais demonstrando grande capacidade, destacando as dúas conferencias da Haia en 1899 e e 1907, así como a conferencia naval de Londres de 1908 e 1909.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
