Adís Abeba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 9°1′48″N 38°44′24″E / 9.03000°N 38.74000°E / 9.03000; 38.74000

Adís Abeba
አዲስ አበባ (en amhárico)
Addis Abeba montage 1.jpg
Situación xeográfica
Adís Abeba en Etiopía
Adís Abeba
Adís Abeba
País Flag of Ethiopia.svg Etiopía
Cidade con estatuto especial Adís Abeba
Xeografía
Altitude 2.355 msnm
Superficie 530,14 km²
Poboación
Poboación 3.384.569 hab. (2008)
Densidade 5.165´1 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Kuma Demeksa
Páxina web Páxina oficial
Adís Abeba vista desde o satélite

Adís Abeba, (en amhárico አዲስ አበባ (Āddīs Ābebā) Nova Flor) é a capital de Etiopía, fundada en 1886 no sitio elixido pola emperatriz Taytu Betul, dona de Menelik II, na aba do Monte Entoto en pleno territorio lingüístico Oromo. 2.300.000 habitantes (1994).

En 1892 foi proclamada capital do Imperio de Etiopía.

Entre 1936 e 1941 foi ocupada polos italianos.

Sede da Universidade de Adís Abeba, foi sede da Organización para a Unidade Africana entre 1963 e 2002, substituída pola Unión Africana, radicada tamén en Addis Abeba, a Comisión Económica das Nacións Unidas para África está tamén na cidade.

Grupos étnicos[editar | editar a fonte]

Amhara 48.2%, Oromo 19.2%, Guraxe 17.5%, Tigré 7.6%

Relixións[editar | editar a fonte]

Igrexa Copta Etíope 82%, Islam 12.7%, Protestantes 3.9%, Católicos 0.8%