SIDA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Advertencia: Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor consulte o seu médico.
SIDA é o acrónimo da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida que afecta aos humanos infectados polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Dise que unha persoa padece a SIDA cando o seu organismo, debido á inmunodepresión provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións.
Cabe destacar a diferenza entre estar infectado polo VIH e padecer a SIDA. Unha persoa infectada polo VIH é seropositiva, e pasa a ter un cadro de SIDA cando o seu nivel de Linfocitos T CD4 (que son o tipo de célula á que ataca o virus) descende por debaixo de 200 células por mililitro de sangue. O VIH transmítese a través dos fluídos corporais coma o sangue, seme, secrecións vaxinais e o leite materno.
O Día mundial contra a SIDA celébrase o 1 de decembro.
[editar] Transmisión
As tres vías principais de transmisión son: a paternal, a sexual e a materno-filial. Nalgúns casos déronse casos de transmisión do VIH no medio sanitario, e noutras circunstancias nas que pódense poñer en contacto, por medio de fluídos corporais ou sangue unha persoa infectada e outra sa; pero a importancia destes modos de transmisión do virus é escasa desde o punto de vista numérico.
[editar] Cura
A erradicación do VIH nos pacientes infectados non parece posible cos tratamentos actuais. Propiamente falando, hoxe, a SIDA é incurable. Non obstante, moitos dos procesos oportunistas que compromenten a vida dos pacientes con SIDA teñen tratamento eficaz. Ademais, a administración de fármacos antiretrovirais permitiu alongar considerablemente a supervivencia dos suxeitos seropositivos, de xeito que a enfermidade se converteu nun proceso crónico. Malia o amplo desenvolvemento que acadou a investigación desta enfermidade nos últimos anos, aínda non se ve preto a posibilidade de dispoñer dunha vacina eficaz.

