Auguste Beernaert
| Auguste Beernaert | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Primeiro Ministro de Bélxica | |||
| Período: | 26 de outubro de 1884 - 26 de marzo de 1894 | ||
| Antecesor: | Jules Malou | ||
| Sucesor: | Jules de Burlet | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 26 de xullo de 1829 | ||
| Lugar: | Ostende, Bélxica | ||
| Falecemento: | 6 de outubro de 1912 | ||
| Lugar: | Lucerna, Suíza | ||
| Organización: | Confessionele Katholieke Partij | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | |||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | xurista e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Auguste Beernaert, (Ostende 26 de xullo de 1829 - Lucerna 6 de outubro de 1912) foi un político belga.
Auguste Beernaert foi un político católico flamengo de lingua francesa, fillo dun funcionario do Estado, foi a súa nai quen se encargou da educación dos dous fillos do matrimonio. Diplomouse na Facultade de dereito de Lovaina, grazas a unha bolsa de estudos estivo en diversas universidades europeas (París, Estrasburgo, Berlín e Heidelberg) para estudar os sistemas de aprendizaxe do dereito, ó remate envioulle un informe ó ministerio do interior. Exerceu de avogado en Bruxelas e abriu o seu propio bufete, especializado no dereito financeiro e que se encargaba dos intereses de prominentes figuras da realeza e do mundo financeiro, e publicou diversos artigos legais en revistas especializas. En 1859 foi nomeado para a Corte de casación en substitución de Auguste van Dievoet. En 1873 entrou no goberno de Jules Malou como ministro de obras públicas e transporte exercendo o posto ata 1878, en 1884 ocupou o ministerio de agricultura, industria e agricultura durante tres meses para ser nomeado xefe de goberno e ministro de finanzas polo rei Leopoldo II, durante o seu mandato realizáronse numerosas reformas constitucionais, como o voto universal ou a protección dos dereitos dos flamengos, e xogou un papel fundamental na transformación do Congo Belga no Estado do Congo Belga co rei dos belgas como soberano e non como propietario como ata entón. En 1894 caeu o seu goberno ó fracasar o seu intento de establecer un sistema de representación proporcional. Presidiu a Cámara dos Deputados (1895) e ocupando un escano ata 1912. En 1899 presidiu a primeira sesión da Conferencia Internacional de Paz da Haia. e formou parte do Tribunal Internacional de Arbitraxe. Partidario do internacionalismo, propiciou conferencias para unificar o dereito marítimo internacinal, para rematar coa escravitude, presidiu a Liga Internacional de Católicos Pacifistas, En 1909 foi laureado co Premio Nobel da Paz compartíndoo con Paul d'Estournelles de Constant.
Bibliografía [editar]
- Arthur Eyffinger, 'The 1899 Hague Peace Conference, 1999
- Irwin Abrams 'The Nobel Peace Prize and the Laureates 1901-2001, 2001
| Predecesor: Jules Malou |
Primeiro Ministro de Bélxica 1884-1894 |
Sucesor: Jules de Burlet |