Transvaal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Superficie | 262.500 km² |
| Poboación | |
| Linguas | Setsuana, Sesotho sa leboa, Suazi e zulú |
| Capital | Pretoria |
| Outras cidades importantes | Johannesburgo, Polokwane, Nelspruit, Mafikeng |
Transvaal foi unha das provincias de Sudáfrica desde 1910 até 1994 con capital en Pretoria. Actualmente a provincia non existe e forma parte das provincias de Gauteng, Noroeste, Limpopo e Mpumalanga.
A antiga provincia de Transvaal estaba situada entre os ríos Vaal polo sur e Limpopo polo norte, e situada aproximadamente nas coordenadas 25°00′S 28°30′E / 25°S 28.5°E.