Rand surafricano
| Rand surafricano | |
|---|---|
| South African Rand (inglés) Suid-Afrikaanse rand (afrikaans) |
|
| Código: | ZAR |
| Ámbito: |
|
| Símbolo: | R |
| Fracción: | 100 (cents) |
| Moedas: | 5, 10, 20 e 50 c 1, 2 e 5 R |
| Billetes: | 10, 20, 50, 100 e 200 R |
| Emisor: | Banco de Reserva de Sudáfrica |
| Taxa de troco: 18-03-2010 |
1 EUR = 9,9557 ZAR 1 USD = 7,3115 ZAR |
O rand (código ISO 4217: ZAR) é a moeda de curso legal de Sudáfrica. Toma o seu nome dos Witwatersrand (Cerros de Augas Brancas en afrikaans), unha elevación sobre a que está asentada a cidade de Johannesburgo, e onde se acharon os maiores xacementos de ouro en Sudáfrica.
O rand tamén circula nos países veciños de Namibia, Suacilandia e Lesoto, integrantes da Área Monetaria Común. Tamén circula en Zimbabwe xunto a outras moitas divisas debido á hiperdevaluación que sufriu a súa moeda nacional.
Índice |
Historia [editar]
O rand introduciuse en 1961 coa fundación da República Sudafricana. Substituíu á libra sudafricana cunha taxa de troco de 2 ZAR = 1 £ = 10 chelíns.
Breve historia do tipo de troco [editar]
Dende o momento da introducción do rand en 1961, e ata 1982, a moeda sudafricana tiña un valor superior ao do dólar, porén o seu valor comezou a diminuír debido á presión internacional, xunto con sancións contra o país provocadas pola política sudafricana do apartheid. A primeira vez que o rand rompeu a súa paridade co dólar foi en Marzo de 1982, que continuou cambiándose entre 1 e 1,30 ZAR por dólar ata Xuño, momento no que a devaluación gañou forza. En Febreiro de 1985 o rand cotizábase a 2 ZAR = 1 USD e en Xullo do mesmo ano o troco de divisas estranxeiras prohibiuse durante tres días para impedir una maior devaluación.
Cando o Presidente Pieter Willem Botha deu o seu discurso o 15 de agosto de 1985, o troco reducírase a R2,40 por dólar. A moeda recuperouse algo entre 1986–88, cotizando cerca do nivel dos R2 a meirande parte do tempo e ata sobrepasando o devandito nivel esporadicamente. A recuperación foi con todo efémera e cara a finais de 1989 o rand cotizaba en niveis de máis de R2,50 por dólar.
A principios dos anos '90 o sentimento de que a maioría da poboación negra tería certa participación na vida política e se anunciarían reformas nese aspecto, a incerteza sobre o futuro do país apresurou a devaluación ata que o nivel de R3 por dólar foi traspasado en Novembro de 1992. Un sen fin de acontecementos locais e internacionais influíron logo sobre o tipo de troco, como as eleccións democráticas de 1994 que o viron debilitarse a R3,60 por dólar, a elección de Tito Mboweni coma o novo gobernador do Banco da Reserva Sudafricana e a asunción do Presidente Thabo Mbeki en 1999 que o viu devaluarse sobre R6 por dólar. O polémico programa de reformas agrarias que se iniciou en Zimbabwe, seguido dos ataques do 11 de setembro de 2001, propulsaron o rand ao seu nivel histórico máis feble de R13,84 por dólar en Decembro de 2001.
Esta devaluación repentina en 2001 levou a unha investigación formal, que pola súa parte conduciu a unha espectacular recuperación. Cara a finais de 2002, a moeda cotizaba por debaixo dos R9 por dólar outra vez, e a finais de 2004 cotizaba por debaixo dos R5,70. A moeda devaluouse un tanto en 2005, e cotizaba arredor de R6,35 por dólar a finais de ano. Porén a principios de 2006, a moeda reanudou a súa recuperación, e dende o 19 de xaneiro de 2006 cotizaba por debaixo de R6 por dólar outra vez.
Moedas e billetes [editar]
Emitidos polo Banco de Reserva de Sudáfrica (en inglés South African Reserve Bank, en afrikaans Suid-Afrikaanse Reserwebank, en zulú LiBhangi leSilulu leNingizimu Afrika, en xhosa IBhanki Enguvimba yoMzantsi Afrika, etc.), hai en circulación moedas de 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1, 2 e 5 rands, e billetes de 10, 20, 50, 100 e 200 rands. Os novos billetes levan inscricións nas once linguas oficiais sudafricanas: afrikaans, inglés, ndebele, sesotho sa leboa, sesotho, suazi, tsonga, tswana, venda, xhosa e zulú.
Taxas de troco [editar]
- 1 EUR = 9,9557 ZAR (18 de marzo de 2006).
- 1 USD = 7,3115 ZAR (18 de marzo de 2006).
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- Táboa histórica de tipo de troco financeiro global
- Cadros de historia monetaria moderna: Sudáfrica
- Cadros de historia monetaria moderna: Botsuana
- Cadros de historia monetaria moderna: Lesotho
- Cadros de historia monetaria moderna: Namibia
- Cadros de historia monetaria moderna: Suazilandia