KwaZulu-Natal
![]() |
|
| Superficie | 92.100 km² (7,5% do total do país) |
| Poboación Total (2001) - Densidade demográfica |
9.426.000 (21,6% do total) 102/km² |
| Linguas | isiZulu (80,59%), Inglés (13.6%), isiXhosa (2.3%), Afrikaans (1.5%) |
| Capital | Pietermaritzburg |
| Outros centros importantes | Durban, Empangeni, Kokstad, Ladysmith, Newcastle, Port Shepstone, Richards Bay, KwaDukuza, Tongaat, Ulundi, Vryheid |
![]() |
|
KwaZulu-Natal (tamén coñecida como KZN; e anteriormente chamada Natal) é unha provincia de Sudáfrica localizada na súa costa oriental, tendo como fronteiras: a norte, Mozambique, Suacilandia e a provincia de Mpumalanga; a oeste, o Lesoto e a provincia do Estado Libre; e, a sur, a provincia do Cabo Oriental. Ten unha área de 86.967 km2 e unha poboación de 8.713.000 habitantes (estimativa de 1995).
Como capital histórica tivo a Ulundi, corte real dos zulús, antiga capital do bantustan de Kwazulu; mais actualmente a capital administrativa da provincia é Pietermaritzburg. En Durban habita a maior parte da xente, polo que se considera a capital económica. A cidade de Durban é unha área con gran crecemento, con máis de tres millóns de habitantes, sendo a segunda maior cidade do estado. Posúe o maior porto de África, e un dos maiores do Índico, comunicada por ferrocarril ao resto do territorio. A principal industria é e do refinado do azucre. Tamén posúen gado ovino, vacún, leite, cítricos, maínzo, sorgo, algodón e plátanos. Nos arrabaldes de Durban prodúcese téxtil, caucho, fertilizantes, papel, procesado de alimentos e refinarías de petróleo.
Áchanse plantas de procesado de aluminio en Richards Bay, na costa central. Ademais posúe importantes depósitos de carbón e madeira.
Dicir que no apartheid a poboación negra viuse obrigada a vivir nunha economía gandeira de subsistencia.
O turismo representa un importante sector da economía de KZN, especialmente o turismo costeiro estival.
Segundo un censo do 2001, o 23% da poboación de 20 anos ou máis non recibira ningún tipo de educación escolar, cun 5% de universitarios. Existe a Universidade de KwaZulu-Natal

