Henri La Fontaine
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Henri Marie La Fontaine | |
|---|---|
| Nacemento: | 22 de abril de 1854 Bruxelas, Bélxica |
| Falecemento: | 14 de maio de 1943 Bruxelas, Bélxica |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | avogado |
Henri Marie La Fontaine (n. Bruxelas, 22 de abril de 1854 - Bruxelas, 14 de maio de 1943[1]). Profesor de Dereito internacional e senador belga[1].
Estudou leis na Universidade Libre de Bruxelas. Pronto alcanzou unha gran reputación como autoridade en dereito internacional. En 1893 chegou a ser profesor de dereito internacional na Universidade Nova de Bruxelas e dous anos despois foi elixido para o Senado belga a través do Partido Social-Democrata. Foi vicepresidente do Senado entre 1919 e 1932.
En 1913 foi laureado co premio Nobel da Paz polos seus esforzos en fomentar as boas relacións entre Francia e Alemaña, a través da mediación belga, e polo intenso labor pacifista que viña desenvolvendo desde 1882.
Referencias[editar]
- ↑ 1,0 1,1 Henri La Fontaine Nobelprize.org