Congreso Nacional Africano
O Congreso Nacional Africano (ANC, do inglés African National Congress, ), chamado até 1923 South African Native National Congress, foi o partido no goberno de África do Sur desde o establecemento da democracia en maio de 1994. Fundouse o 8 de xaneiro de 1932 en Bloemfontein, co obxectivo de defender os dereitos da maioría negra. Entre os seus fundadores atopábase o poeta e autor Sol Plaatje, ainda que o dirixente mais destacado do ANC na sua larga luita foi Nelson Mandela.
Pódese describir o ANC como a rama parlamentaria dunha alianza tripartita entre o mesmo Congreso Nacional Africano, o Congreso de Sindicatos de Sudáfrica (Congress of South African Trade Unions - COSATU) e o Partido Comunista de Sudáfrica (South African Communist Party- SACP).
Está no goberno desde 1994. Perdeu algo de apoio nas eleccións de 1999, que volveu a recuperar nas de 2004.
É membro da Internacional Socialista.