Extrema esquerda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Extrema esquerda ou esquerda revolucionaria son termos utilizados en política para describir movementos, partidos políticos e gobernos que promoven e sosteñen certas posicións de esquerda. A extrema esquerda promove o igualitarismo pleno[1] e oponse a un sistema económico, social ou político estratificado.[2] O termo úsase frecuentemente para dar a entender que unha persoa ten unha posición política extrema moi cara á a esquerda, en ocasións, fóra do marco institucional.

Ao igual que sucede con grupos de extrema dereita, as persoas que se autoidentifican coa extrema esquerda teñen certa desconfianza cara ao sistema xurídico-político establecido e son críticos co devandito sistema. Os estudos electorais revelaron que presentan un grao de abstención maior que as persoas identificadas coa esquerda.

Historia[editar | editar a fonte]

O termo esquerda política ten a súa orixe no lugar da Asemblea Nacional en que se sentaban, durante a Revolución francesa os representantes xacobinos, que avalaban medidas que favorecesen ás clases máis pobres da sociedade. O termo 'extrema esquerda ' foi utilizado para describir persoas ou grupos que manteñen posicións extremas de igualdade social e apoian un cambio radical político e social mediante a forza ou un cambio abrupto revolucionario.

Orixes[editar | editar a fonte]

Unha das primeiras manifestacións da extrema esquerda foi no período revolucionario iniciado coa Revolución francesa. Ese proceso revolucionario levou a cabo un proceso abrupto e rápido de transformación social e das institucións. Nalgún período non faltou o uso da violencia incontrolada, como as levadas a cabo polo Comité de Salvación pública, dirixido por Maximilien Robespierre. Posteriormente estas actividades sería respondida non menos violentamente durante a reacción thermidoriana levada a cabo por conservadores monárquicos.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Left and right: the significance of a political distinction, Norberto Bobbio and Allan Cameron, pg. 37, University of Chicago Press, 1997.Pp. xvii.
  2. Altemeyer, Bob. The authoritarian specter. President and Fellows of Harvard College, 1996. Pp. 219