Jane Addams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jane Addams
Nobel prize medal.svg
Jane Addams
Nacemento: 6 de setembro de 1860
Cedarville, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento: 21 de maio de 1935 (74 anos)
Chicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ocupación: Activista política e social, autora e lectora,

Jane Addams, nada en 1860 en Cedarville (Illinois), e finada en Chicago en 1935, foi unha traballadora social e reformadora norteamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi educada entre os Estados Unidos e Europa, en 1899 funda con Ellen Gates Starr a coñecida como Hull House en Chicago, o primeiro centro de de axuda social en Estados Unidos, influído polo Toynbee Hall do East End de Londres (fundado en 1884 por Samuel Barnett).

Socia da Liga Antiimperialista de América e fundadora da Unión das Liberdades Civís de América. En 1911 foi elixida presidenta da National Foundation of Settlements and Neighborhodd Centers, entre 1915 e 1954 foi presidenta da Liga Internacional das Mulleres pola Paz e a Liberdade.
En 1931 recibiu o Premio Nobel da Paz.