Aristide Briand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aristide Briand
Aristide Briand

24 de xullo de 1909 – 27 de febreiro de 1911
Presidente Armand Fallières
Precedido por Georges Clemenceau
Sucedido por Ernest Monis

21 de xaneiro de 1913 – 18 de marzo de 1913
Presidente Armand Fallières
Raymond Poincaré
Precedido por Raymond Poincaré
Sucedido por Louis Barthou

4 de xullo de 1908 – 24 de xullo de 1909
Presidente Georges Clemenceau
Precedido por Jean François Edmond Guyot Dessaigne
Sucedido por Louis Barthou

14 de xaneiro de 1912 – 21 de xaneiro de 1913
Presidente Raymond Poincaré
Precedido por Jean Cruppi
Sucedido por Louis Barthou

26 de agosto de 1914 – 29 de outubro de 1915
Presidente René Viviani
Precedido por Jean Bienvenu-Martin
Sucedido por René Viviani


Ministro de asuntos exteriores
29 de outubro de 1915 – 17 de marzo de 1917
Presidente Aristide Briand
Precedido por René Viviani
Sucedido por Alexandre Ribot

16 de xaneiro de 1921 – 12 de xaneiro de 1922
Presidente Aristide Briand
Precedido por Georges Leygues
Sucedido por Raymond Poincaré

28 de novembro de 1925 – 17 de xullo de 1926
Presidente Georges Clemenceau
Precedido por Édouard Herriot
Sucedido por Édouard Herriot

23 de xullo de 1926 – 12 de xaneiro de 1932
Presidente Raymond Poincaré
André Tardieu
Camille Chautemps
Théodore Steeg
Pierre Laval
Precedido por Édouard Herriot
Sucedido por Pierre Laval


Deputado en Loira Atlántico
16 de novembro de 1919 – 7 de marzo de 1932

Datos persoais
Nacemento 29 de marzo de 1862 Nantes Francia
Falecemento 7 de marzo de 1932 (-70 anos) París Francia
Partido Republicano socialista
Pais Pierre-Guillaume Briand
Boucheau Magdeleine
Profesión Político e diplomático

Na rede
Discogs: 3942962 Find a Grave: 36214521 Editar o valor em Wikidata

Aristide Briand, nado en Nantes o 28 de marzo de 1862[1] e finado en París o 7 de marzo de 1932 foi un político francés considerado un dos precursores da unidade europea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Briand naceu nunha familia humilde, no número 12 da rúa Marchix, un barrio de xente necesitada, onde os seus pais traballaban nunha pousada. Tras rematar os estudos primarios no colexio de Saint-Nazaire, comezou os secundarios no instituto de Nantes, durante estes anos coñeceu ao escritor Jules Verne. Despois de rematar o bacharelato comezou a estudar dereito e converteuse en secretario, volvendo a Saint-Nazaire, fíxose amigo de Eugène Courroné, director da Démocratie de l'Ouest e converteuse no director de l'Ouest Républicain, involucrouse na política cos socialistas radicais. Elixírono concelleiro en Saint-Nazaire o 6 de maio de 1888 e renunciou o 22 de febreiro de 1889.

Preto do sindicalismo revolucionario e gran defensor da folga xeral, converteuse en deputado socialista de Saint-Étienne en 1902. En 1904 deixou o seu posto de secretario xeral do Partido socialista francés. Xogou un importante papel na laicización, propoñendo ao Senado a Lei francesa de separación da Igrexa e o Estado de 1905. Grazas á súa capacidade de negociación logrou un acordo entre a república laica e parte dos cleros franceses, a pesar da forte oposición do Vaticano.

En marzo de 1906 confióuselle o ministerio de instrución pública, no goberno do radical Sarrien, en contra do consello de Jean Jaurès, que cría que Briand seguiría o mesmo patrón que Millerand en contacto co poder. O nomeamento de Briand foi moi mal visto pola SFIO, que o considerou unha traizón.

De 1906 a 1913, Briand estivo constantemente no goberno: do ministerio de Instrución publica, pasou a Xustiza en xaneiro de 1908, no goberno de Clemenceau (tentou conseguir a abolición da pena de morte), entón converteuse en presidente da Asemblea Nacional coa carteira de Interior en xullo de 1909 ; mantívose neste posto ata marzo de 1913, coa excepción de 1912 onde foi de novo ministro de Xustiza de Raymond Poincaré.

En 1914 confirmou a súa proximidade ao centro, coa creación, xunto con varios dirixentes, do Partido republicano democrático, unha efémera Federación de esquerdas.

A tumba de Aristide Briand no cemiterio de Cocherel en Houlbec-Cocherel.

Briand volveu ao goberno a finais de xullo de 1914, primeiro como ministro de Xustiza de René Viviani, despois dende outubro de 1915 a 1917 como presidente da Asemblea Nacional coa carteira de Asuntos Exteriores. Tivo un papel fundamental na primeira guerra mundial.

Figura destacada na década de 1920 e comezos de 1930, foi presidente do Consello en cinco ocasións, ocupando o posto de ministro de Asuntos exteriores en 1921 e de abril de 1925 a xaneiro de 1932. Nesta época aproximouse aos socialistas, cos que estaba distanciado dende 1910.

Foi o seu papel internacional o que lle deu renome. Liderando o pacifismo francés de entreguerras, foi partidario da política de paz e colaboración internacional (Tratados de Locarno, 1925), presidente do Consello da Liga das Nacións, mediador no Incidente de Pétritch[2], coautor do pacto Briand-Kellogg en 1928. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1926, xunto con Gustav Stresemann, en recoñecemento aos seus esforzos para establecer unha paz duradeira.

Funcións no goberno[editar | editar a fonte]

Cronoloxía dos cargos exercidos por Aristide Briand
Comezo Fin Presidente do Conselllo Ministerio Goberno
14 de marzo de 1906 20 de outubro de 1906 Instrución pública, Belas artes e Cultura Ferdinand Sarrien
25 de outubro de 1906 4 de xaneiro de 1908 Instrución pública, Belas artes e Cultura Georges Clemenceau (1)
4 de xaneiro de 1908 20 de xullo de 1909 Xustiza e Cultura Georges Clemenceau (1)
24 de xullo de 1909 2 de novembro de 1910 Presidente do Consello Interior e Cultura Aristide Briand (1)
4 de novembro de 1910 27 de febreiro de 1911 Presidente do Consello
Interior e Cultura Aristide Briand (2)
14 de xaneiro de 1912 21 de xaneiro de 1913 Xustiza Raymond Poincaré (1)
21 de xaneiro de 1913 18 de febreiro de 1913 Presidente do Consello Interior e Cultura Aristide Briand (3)
18 de marzo de 1913 18 de marzo de 1913 Presidente do Consello Interior Aristide Briand (4)
26 de xullo de 1914 29 de outubro de 1915 Xustiza René Viviani (2)
29 de outubro de 1915 12 de decembro de 1916 Presidente do Consello
Asuntos exteriores Aristide Briand (5)
12 de decembro de 1916 17 de marzo de 1917 Presidente do Consello Asuntos exteriores Aristide Briand (6)
16 de xaneiro de 1921 12 de xaneiro de 1922 Presidente do Consello Asuntos exteriores Aristide Briand (7)
17 de abril de 1925 27 de outubro de 1925 Asuntos exteriores Paul Painlevé (2)
29 de outubro de 1925 22 de novembro de 1925 Asuntos exteriores Paul Painlevé (3)
28 de novembro de 1925 6 de marzo de 1926 Presidente do Consello
Asuntos exteriores Aristide Briand (9)
9 de marzo de 1926 15 de xuño de 1926 Presidente do Consello
Asuntos exteriores Aristide Briand (9)
23 de xuño de 1926 17 de xullo de 1926 Presidente do Consello
Asuntos exteriores Aristide Briand (10)
23 de xullo de 1926 6 de novembro de 1928 Asuntos exteriores Raymond Poincaré (4)
18 de novembro de 1928 26 de xullo de 1929 Asuntos exteriores Raymond Poincaré (5)
29 de xullo de 1929 22 de outubro de 1929 Presidente do Consello
Asuntos exteriores Aristide Briand (11)
3 de novembro de 1929 17 de febreiro de 1930 Asuntos exteriores André Tardieu (1)
21 de febreiro de 1930 25 de febreiro de 1930 Asuntos exteriores Camille Chautemps (1)
2 de marzo de 1930 4 de decembro de 1930 Asuntos exteriores André Tardieu (2)
13 de decembro de 1930 22 de xaneiro de 1931 Asuntos exteriores Théodore Steeg
27 de xaneiro de 1931 13 de xuño de 1931 Asuntos exteriores Pierre Laval (1)
13 de xuño de 1931 12 de xaneiro de 1931 Asuntos exteriores Pierre Laval (2)

As cifras da carreira ministerial de Aristide Briand son : 11 veces presidente do Consello e 23 veces ministro.

Sen ter en conta as cifras efémeras do goberno de Alexandre Ribot (9-12 de xuño de 1914), o de Frédéric François-Marsal (8-10 de xuño de 1924) e o de Édouard Herriot (19-21 de xullo de 1926), o número de postos ministeriais que ocupou (sen contar a presidencia do Consello) chegou 26.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

En Nantes, a súa vila natal, deuselle o seu nome a:

  • en 1932 á praza Lafayette, onde está o antigo palacio de xustiza e, en 2005, instalouse nesta praza unha escultura súa.
  • en 1937, recibiron o seu nome unha escola feminina, actualmente unha universidade mixta, na praza da República na île Beaulieu.
  • en 1966, unha ponte no Loira, unha das dúas pontes da « deuxième ligne de ponts », recibiu o seu nome (a outra leva o nome de Georges Clemenceau) ;
  • en 2012, na 40º promoción do IRA (Institut Régional d'Administration) ;
  • unha placa sinala a localización da súa casa natal, destruída durante a segunda guerra mundial.

En Saint-Étienne, unha rúa leva o nome de « Aristide Briand et de la Paix ». Ademais, a gran sala de recepción do Concello da cidade tamén leva o seu nome.

En París o Monument à la Paix, feito por Paul Landowski en 1937, está dedicado a Aristide Briand, en Quai d'Orsay, diante do Ministerio de Asuntos exteriores.

En Hardencourt-Cocherel, unha estatua de bronce feita por Émile Oscar Guillaume (1867-1942), instalouse en 1934, preto de onde está enterrado. Unha estatua idéntica atópase en Ouistreham, onde el adoitaba pasar as vacacións.

En Estrasburgo, dende 1994, unha estación de tren leva o seu nome.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La Grève générale et la révolution, Le Havre, édition à bon marché, 1899.
  • La Séparation, París, Édition Fasquelle, 2 volumes, 1908-1911.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acte de naissance d'Aristide Pierre Henri Briand : 1er canton de Nantes, n° 134, vue 24 Arquivos municipais de Nantes Arquivado 04 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
  2. ↑ Section d’information et de coopération intellectuelle du Secrétariat de la Société des Nations, La Société des Nations, ses fins, ses moyens, son œuvre, Secrétariat de la Société des Nations, 1935, p.104

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]