Adolfo Pérez Esquivel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Adolfo Pérez Esquivel
Adolfo perez esquivel clarin.jpg
Adolfo Pérez Esquivel
Nacemento 26 de novembro de 1931
Boas Aires
Nacionalidade Flag of Argentina.svg Argentino

Adolfo Pérez Esquivel, nado en Bos Aires o 26 de novembro de 1931, é un arquitecto, escultor e activista de dereitos humanos arxentino, agraciado co Nobel da Paz de 1980.

[editar] Traxectoria

En 1974 na cidade de Medellin, na Colombia, Adolfo Pérez Esquivel coordinou a fundación do Servicio Paz y Justicia en América Latina (SERPAJ-AL), xunto con varios bispos, teólogos, militantes, líderes comunitarios e sindicalistas.

O SERPAJ-AL se dedicou a defender os Dereitos Humanos no continente e a difundir a Non-Violencia Activa como instrumento de transformación da realidade e de enfrontamento dos crimes de tortura e desaparición forzada de militantes políticos e axentes comunitarios e pastorais, practicados polas Ditaduras Militares que habían se instalado por toda a América Latina, co apoio dos Estados Unidos que vivían entón o auge da Guerra Fría coa Unión Soviética.

Por esa actividade Adolfo Pérez Esquivel recibiu o Nobel da Paz de 1980. Escultor, estudou arquitectura na Escola Nacional de Belas Artes da Universidade Nacional de La Plata. A partir de 1968, dedicou súa vida a propagar a non violencia e defender os dereitos humanos: fundou o Xornal Paz e Xustiza en 1973, e a partir de 1974 se tornou seu secretario. A publicación se tornou a voz do movemento pacifista na América Latina.

Entre 1977 e 1979, foi prendido por cuestións políticas. Durante esta reclusión recibiu o Premio Memorial de Paz Juan XXIII, entregada pola Organización Pax Christi Internacional.

É membro do Comité da patrocinio da Coordinación internacional para o Decenio da cultura da non-violencia e da paz. Esquivel é tamén o Presidente da Academia de Ciencias Ambientais de Venecia na Italia, por iniciativa desta academia, xuntamente con outros Premios Nobeis da Paz, entre eles: o Dalai Lama, Desmond Tutu,Shirin Ebadi, Rigoberta Menchu Tum, Married Corrigan, Beth Wiliams e outros está liderando unha campaña mundial pola creación dunha corte internacional para xulgar os crimes ambientais de grande monta. A campaña foi lanzada na cidade de Roma en xuño de 2009, oficializada en setembro en Venecia para o continente europeo, e o día 19/11/2009 no Memorial da América Latina en São Paulo - Brasil para o continente latinoamericano.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas