Circuíto de Cataluña
| Circuíto de Cataluña | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | Fórmula 1; MotoGP; GP2 Series; World Series by Renault; |
| Localización | |
| Lonxitude | 4´627 km. |
| Curvas | 16 |
| Volta rápida (2008) | 1:21.670 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | |
| Coordenadas | 41°34′12″N 2°15′40″E / 41.57°N 2.26111°E |
| Vista do Circuíto | |
O Circuíto de Cataluña (en catalán: Circuit de Catalunya) é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten un aforamento de 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP.
Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo.
O Circuíto de Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña. Está xestionado polo Real Automòbil Club de Catalunya (RACC).
O circuíto sufriu unha pequena remodelación a principios de 2007, ao introducirse unha chicane na curva do estadio, reducindo a velocidade desa curva. A escapatoria desa chicane é de asfalto, a diferenza das típicas escapatorias de grava, e instalaron un sistema novo de absorción de impactos, que aseguran a integridade do piloto ata velocidades de 200 km/h.
Índice |
Trazado [editar]
Do seu trazado destaca a longa recta de meta de máis de 1 km de lonxitude. O resto do circuíto combina curvas e contracurvas rápidas con pinzas e unha recta.
No ano 2007 estreouse unha nova chicane situada entre a penúltima e ante-penúltima curva antes de entrar na recta principal.
Carreiras [editar]
- Gran Premio de España de Fórmula 1.
- Le Mans Series, 1.000 km de Cataluña.
- Gran Premio de Cataluña de Motociclismo do Campionato Mundial de Motociclismo
- World Series by Renault
- Fórmula 3 Euroseries
- Campionato de España de Velocidade (CEV)
- Campionato de España de Fórmula 3
- International GT Open
- Campionato de Cataluña de Automovilismo
- Campionato de Cataluña de Motociclismo
- Campionato de Camións
- Deutsche Tourenwagen Masters (DTM)
- 24 horas de Automovilismo - Trofeo Fermí Vélez
- 24 horas Frigo de Motociclismo
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Barcelona [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1991 | Williams - Renault | 1:38:41,541 h | 4,747 km | 65 | 187,586 km/h | 29. Setembro | ||
| 1992 | Williams-Renault | 1:56:10,674 h | 4,747 km | 65 | 159,353 km/h | 3. Maio | ||
| 1993 | Williams-Renault | 1:32:27,685 h | 4,747 km | 65 | 200,227 km/h | 9. Maio | ||
| 1994 | Williams-Renault | 1:36:14,374 h | 4,747 km | 65 | 192,367 km/h | 29. Maio | ||
| 1995 | Benetton Formula - Renault | 1:34:20,507 h | 4,727 km | 65 | 195,410 km/h | 14. Maio | ||
| 1996 | Ferrari | 1:59:49,307 h | 4,727 km | 65 | 153,856 km/h | 2. Xuño | ||
| 1997 | Williams-Renault | 1:30:35,896 h | 4,728 km | 64 | 200,396 km/h | 25. Maio | ||
| 1998 | McLaren - Mercedes | 1:33:37,621 h | 4,728 km | 65 | 196,943 km/h | 10. Maio | ||
| 1999 | McLaren-Mercedes | 1:34:13,665 h | 4,728 km | 65 | 195,688 km/h | 30. Maio | ||
| 2000 | McLaren-Mercedes | 1:33:55,390 h | 4,727 km | 65 | 196,281 km/h | 7. Maio | ||
| 2001 | Ferrari | 1:31:03,305 h | 4,730 km | 65 | 202,508 km/h | 29. Abril | ||
| 2002 | Ferrari | 1:30:29,981 h | 4,730 km | 65 | 203,751 km/h | 28. Abril | ||
| 2003 | Ferrari | 1:33:46,933 h | 4,730 km | 65 | 196,619 km/h | 4. Maio | ||
| 2004 | Ferrari | 1:27:32,841 h | 4´627 km | 66 | 209´205 km/h | 9. Maio | ||
| 2005 | McLaren-Mercedes | 1:27:16,830 h | 4´627 km | 66 | 209´931 km/h | 8. Maio | ||
| 2006 | Renault | 1:26:21,759 h | 4´627 km | 66 | 212´075 km/h | 14. Maio | ||
| 2007 | Ferrari | 1:31:36,230 h | 4´655 km | 65 | 198´102 km/h | 13. Maio | ||
| 2008 | Ferrari | 1:38:19,501 h | 4´655 km | 66 | 187´401 km/h | 27. Abril | ||
| 2009 | Brawn-Mercedes | 1:37:19.202 h | 4´655 km | 66 | 189´337 km/h | 10. Maio | ||
| 2010 | Red Bull Racing | 1:35:44,101 h | 4´655 km | 66 | 192´471 km/h | 9. Maio | ||
| 2011 | Red Bull Racing | 1:39:03,301 h | 4´655 km | 66 | 186´020 km/h | 22. Maio | ||
| 2012 | Williams - Renault | 1:39:09.145 h | 4´655 km | 66 | 185´910 km/h | 13. Maio | ||
| 2013 | Ferrari | 1:39:16.596 h | 4´655 km | 66 | km/h | 12. Maio |
Record: M.Schumacher (6 Veces)