Manama
| Manama | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Distrito: | Capital |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 30´54 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 162.000 hab. (2001) |
| Densidade de poboación: | 5.304´52 hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | http://www.capital.gov.bh |
Manama (en árabe: منامة Al-Manāmah) é a capital de Bahrain. É a cidade maior do país, cunha poboación aproximada de 150.000 habitantes, case un terzo da total de Bahrain.
Manama foi aínda unha das doce provincias de Bahrain e actualmente forma parte da gobernadoría principal.
Índice |
Historia [editar]
Manama aparece citada nas crónicas islámicas desde 1345. Fo conquistada polos portugueses en 1521 e posteriormente polos persiani en 1602. Foi dominada, salvo breves interrucións, pola dinastía reinante, Al Khalifah, desde 1783. Manama foi declarada porto franco en 1958, e desde 1971 tornouse a capital do estado independente de Bahrain.
Xeografía [editar]
Manama está situada sobre o Golfo Pérsico, na parte nordeste da illa de Bahrain. Non lonxe da capital se encontra a cidade de Sitrah, a suleste, e a de Jidd Haffs a oeste.
Clima [editar]
Como o resto do país, Manama sufre condicións climáticas extremas, con temperaturas estivais que poden superar os 48 °C, e invernais de arredor de 15 °C, período no que mesmo xea, máis en ocasións raras. As temperaturas medias de inverno son 17 °C, e vo verán de 45 °C. A época máis agradable corresponde ao outono, cando o sol está máis baixo, e suaves brisas atemperan as temperaturas.
Economía [editar]
A economía de Manama é a mesma do resto de Bahrain - petróleo, refinado de petróleo, fabricación de dhows -os veleiros típicos dos mares índicos -, pesca e máis produción de perlas. Na illa Al-Muharraq está localizado o Aeroporto Internacional de Bahrain, que serve a Manama. Manama é tamén a sede da Universidade de Bahrain, fundada en 1986.
Sitios de interese [editar]
Na periferia de Manama está situado o Circuíto Internacional de Bahrain, circuíto automobilístico no cal, desde 2004, se desenrola o Gran Premio de Bahrain de Fórmula 1.
|
||||||||
|
|||||