Takuma Sato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.


Takuma Sato
Takuma Sato.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Japan.svg Xaponés
Monopraza número 22
Escudería actual Super Aguri
Escudería no 2015 {{{EscuderíaVindeira}}}
Grandes Premios disputados 68
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2002
Posición no 2014 23º (0 pts)
editar

Takuma Satō (佐藤琢磨), nado o 28 de xaneiro de 1977 en Tokio, é un piloto xaponés. Agora reside en Marlow, Inglaterra. Está solteiro, mide 1'63 metros e pesa 60 quilos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Takuma Sato en Indianápolis no 2004 celebrando o seu primeiro podio

Con 19 anos, no 1996, cambiou a bicicleta por un kart, o cal o comprou cos seus aforros. Ao ano seguinte ingresou na escola Honda Racing Suzuka, pagando el todos os gastos do ingreso. No 1998 debutou na Fórmula 3000 de Xapón, na que, grazas ao seus progresos e a que Honda confiaba nel, foi a propia escudería quen lle pagou todo. Aínda asñí, o soño de Takuma era vir a Europa para chegar ao máis alto. Soño que comezou a cumprir no 1998, ano no que ven a Inglaterra e participou na Fórmula Junior, máis concretamanete na Fórmula Vauxhall, na cal estaba no equipo Diamond Racing e na Fórmula Opel. Ao ano seguinte compartiu a súa participación na Euroseries da Fórmula Opel, onde rematou sexto na tempada coa Fórmula 3000 inglesa.

No ano 2000 continuou na F3 inglesa, pero nesa tempada cambiou de equipo, pertencendo así a Carlin Motorsport. Ese ano rematou terceriro no campionato. Outro ano máis continuaba na F3, na cal quedou primeiro, cun gran récord, 12 vitorias en 13 carreiras. Ademais do campionato, conseguiu vitorias en Macao e Zandvoort.

Xa no ano 2002 remataba de cumprir o seu gran soño, firmaba con Jordan (naquel entón Jordan Honda) para competir na categoría máis alta, na Fórmula 1, sempre grazas ao apoio financieiro de Honda. Ese ano caracterizábano a súa velocidade nos circuitos e, á súa vez, os múltiples erros que cometía, como, por exenplo, a colisión co seu compañeiro de equipo por aquel entón, Giancarlo Fisichella destrozando ambos monoprazas.

Ao ano seguinte, no 2003, Honda e Jordan romperon os seus compromisos profesionais, razón pola cal Takuma pasou unha tempada enteira como piloto probador ao bordo dun BAR. Aínda que, ao final da tempada converteuse en piloto oficial ao ter que substituír a Jacques Villeneuve.

No 2004 asegurouse unha praza como piloto oficial e neste ano 2005 segue na mesma escudería xunto co inglés Jenson Button.