Minardi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minardi
Minardi PS05 British GP 2005.jpg
Nome completo Minardi F1 Team
Bandeira Flag of Italy.svg Italia
Baseada en Faenza, Italia
Tempadas en activo 21 (1985-2005)
Número de pilotos 39
Debut Gran Premio de Brasil de 1985
Carreiras 345
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 38
Derradeiro GP Gran Premio de China de 2005


Minardi F1 Team foi unha escudería italiana fundada en 1979 por Giancarlo Minardi, participante desde 1980 en Fórmula 2, e desde 1985 en Fórmula 1. Habituais na grella até 2005, ano no que foi mercado para formar Scuderia Toro Rosso, xamais acadou ningunha pole nin ningunha vitoria.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde os seus comenzos na máxima categoría do automobilismo mundial, o equipo colleitou só 31 puntos nos campionatos (aínda que co sistema moderno de puntuación esta cifra aumentaría), e cerca da metade de eles foron obtidos polo seu primeiro piloto, Pierluigi Martini. Martini foi tamén quen conseguiu a única primeira fila na grella de saída para a escudería, e incluso liderou durante unha volta no G.P de Portugal do 1989. Non obstante, Minardi nunca obtivo un podio na súa historia, sendo o seu mellor resultado un cuarto lugar. Esta posición foi ocupada dúas veces por Martini en 1991 e outra vez por Christian Fittipaldi en 1993.

Cerca da quebra en moitas ocasións, el equipo foi comprado polo magnate australiano Paul Stoddart a principios de 2001. Desde que pasou a ocupa-la posición de director do equipo, Stoddart rogou pola redución dos custos neste deporte. Solicitou aos principais construtores un acordo, segundo o cal os equipos independentes (que son os que teñen finanzas máis febles) poderían acceder a provisión de motores a un prezo menor do que teñen na actualidade. A cambio, as principais escuderías lograrían o apoio das máis pequenas no momento de opoñerse a cambios no regulamento propostos pola FIA. Un exemplo disto é a prohibición do sistema de control de tracción, a cal moitos equipos (incluído Minardi) se opoñen, aínda que Stoddart ameazou con retirar o seu apoio.

Minardi presentou no 2004 a dous debutantes na categoría, o italiano Gianmaria Bruni e o húngaro Zsolt Baumgartner. Durante a temporada, festexaron o vixésimo aniversario da escudería. Baumgartner obtivo un punto para a escudería no Gran Premio dos Estados Unidos tras máis de dous anos de sequía, ao finalizar oitavo entre os oito coches que cruzaron a liña de chegada. O piloto converteuse tamén no primeiro húngaro en obter un punto na Fórmula 1 moderna.

A pesar da súa fama de equipo de segunda, a escudería ha foi o berce de pilotos que logo se converteron en estrelas da categoría. Giancarlo Fisichella, Jarno Trulli e Fernando Alonso (quen xa gañaron na categoría), ademais da promesa Mark Webber, integraron las filas do equipo nos seus inicios.

Zsolt Baumgartner nun Minardi en Estados Unidos no 2004

Venta a Red Bull Racing[editar | editar a fonte]

Durante a Temporada 2005 de Fórmula 1, Paul Stoddart anunciou que Minardi foi vendida a marca de bebidas enerxéticas Red Bull. A pesar que Red Bull xa ten o seu equipo principal na Fórmula 1, decidiu usa-la compra de Minardi para cultivar novos talentos que serían as estrelas do futuro.

O 1 de novembro de 2005 pasou a chamarse Scuderia Toro Rosso despois da compra de Minardi.

Giancarlo Minardi recuperou os dereitos sobre o nome do equipo e, a partir de 2006, competirá na serie EURO 3000 de novo como Minardi e baixo as cores orixinais da escudería faentina: amarelo e azul marino.

Equipos[editar | editar a fonte]

Minardi continúa en diferentes competicións fóra da Fórmula 1. Actualmente participa no campionato "3000 Euroseries", na "GP2 Series" e na fórmula americana "Champ Car".

Rumores[editar | editar a fonte]

Minardi puido entrar de novo na Fórmula 1 con outro nome no ano 2008. Finalmente non puido ser.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]