David Coulthard
| Artigo ou sección nos seus primeiros pasos. Este artigo ou sección relacionado co deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co deporte que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| David Coulthard | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1994 - 2008 |
| Escudería(s) | Williams, McLaren, Red Bull |
| Grandes Premios disputados | 247 (246 saidas) |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 13 |
| Podios | 62 |
| Pole positions | 12 |
| Voltas rápidas | 18 |
| Primeiro GP | Gran Premio de España de 1994 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Portugal de 1995 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Australia de 2003 |
| Derradeiro GP | Gran Premio de Brasil de 2008 |
David Coulthard Marshall, OBE, nado en Twynholm (Kirkcudbrightshire) o 27 de marzo de 1971, é un piloto escocés de Fórmula 1, coñecido como DC.
Coulthard, fixo o seu debut na Fórmula Un en 1994 e gañou 13 Grandes Premios na súa carreira de 15 tempadas. Dúas veces gañador en Mónaco, Coulthard foi compañeiro de equipo de Mika Häkkinen nas dúas tempadas nas que o finlandés foi o gañador do Campionato de Pilotos con McLaren Mercedes antes de axudar a establecer o equipo Red Bull.
Coulthard sumou unha notable cantidade de puntos que o colocan undécimo na lista de máximos puntuadores de todos os tempos na Fórmula 1. A súa mellor clasificación no campionato de pilotos foi o segundo posto en 2001.
Coulthard é agora comentarista de televisión na BBC F1 ao mesmo tempo é consultor dos equipos de Red Bull Racing e Toro Rosso.
Traxectoria [editar]
Debutou no GP de España de 1994 coa escudaría Williams, substituíndo a Ayrton Senna, que finara no anterior Gran Premio. Após o seu paso por McLaren, onde ficou dende 1996 até 2005, cando asinou por Red Bull Racing. É o cuarto piloto con máis puntos acadados de toda a historia da categoría, e o primeiro con máis puntos conseguidos de tódolos pilotos británicos.