Autódromo Enzo e Dino Ferrari
| Autódromo Enzo e Dino Ferrari | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | |
| Localización | |
| Lonxitude | 4´909 km. |
| Curvas | 17 |
| Volta rápida (2004) | 1:20.411 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | Ferrari |
| Coordenadas | 44°20′28″N 11°42′48″E / 44.34111°N 11.71333°E |
| Vista do Circuíto | |
O Autodromo Enzo e Dino Ferrari (44°20′N 11°42′E / 44.333°N 11.7°E) é un autódromo de 4´9 km situado en Imola, Italia, a 40 quilómetros ao leste de Boloña e 80 quilómetros ao leste da fábrica Ferrari en Maranello. Para que ese país puidese ser anfitrión de dous Grandes Premios de Fórmula 1, determinouse que, como Imola queda preto de San Mariño, esta carreira chamásese Gran Premio de San Mariño.
O circuíto leva o nome de Ferrari, en lembranza do seu fundador Enzo e do seu fillo Dino, que morrera na década de 1950. Antes da morte de Enzo Ferrari en 1988 chamábase "Autodromo Dino Ferrari '. Cando a Fórmula 1 visita Imola, é visto como o "circuíto de casa" de Ferrari e das masas "tifosi" (seguidores de Ferrari) apoiando ó seu equipo. Imola, como e coloquialmente coñecido, é un dos circuítos que van en contra da dirección das agullas do reloxo. (Istanbul Racing Circuit e o Autódromo José Carlos Pace en Interlagos, Brasil son outros dos circuítos con esta característica). Construído na década de 1950, Imola foi popular entre os condutores debido a súa rapidez.
Neste circuíto atópase a Curva de Tamburello que é unha das máis coñecidas no mundo da Fórmula 1 pola súa estreiteza e pola rapidez en que debía ser tomada. É a primeira curva do circuíto. Na súa orixe, esta curva era unha das máis rápidas do circuíto, onde non se levantaba apenas o pedal do acelerador.
Ayrton Senna, o mítico piloto e tricampión do mundo e Roland Ratzenberger perderon a vida en sendos accidentes no Gran Premio de San Mariño de 1994. Ratzenberger nos adestramentos do sábado na (curva Gilles Villeneuve) e Senna no curvón Tamburello na sétima volta de carreira o 1* de maio cando ocupaba a primeira posición e chocou debido a causas que ata hoxe en día non se aclararon.
Por causa destes accidentes, o circuíto foi modificado, engadindo unha chicane antes de Tamburello que retarda o paso pola curva, facéndoa máis segura pero quitándolle a dificultade que posuía. Por outra banda a curva Gilles Villeneuve pasou a ser unha chicane co fin de reducir a velocidade coa que se afrontaba.
Tamén o brasileiro Rubens Barrichello tivo un accidente que estivo a piques de custarlle a vida neste Gran Premio e que lle privou de disputar ese GP e o mantivo un tempo afastado das pistas.
Cabe destacar que o curvón Tamburello foi testemuña tamén doutros accidentes como o de Gerhard Berger no Gran Premio de San Mariño de 1989 no cal, logo de estrelarse contra o muro, o seu Ferrari comezou a arder. Por fortuna Berger sobreviviu a tan brutal accidente, a pesar das graves queimaduras que sufriu.
Despois das reiteradas críticas polo obsoleto das súas infraestruturas, o circuíto e obxecto de vastos traballos de mellora que levan á desaparición do Gran premio de San Mariño do calendario dos campionatos de 2007 e 2008.
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Imola
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1980 | Brabham-Ford | 1:38:07,520 h | 5,040 km | 60 | 184,906 km/h | 14. Setembro | ||
| 1981 | Brabham-Ford | 1:51:23,970 h | 5,040 km | 60 | 162,873 km/h | 3. Maio | ||
| 1982 | Ferrari | 1:36:38,887 h | 5,040 km | 60 | 187,733 km/h | 25. Abril | ||
| 1983 | Ferrari | 1:37:52,460 h | 5,040 km | 60 | 185,381 km/h | 1. Maio | ||
| 1984 | McLaren-TAG-Porsche | 1:36:53,679 h | 5,040 km | 60 | 187,255 km/h | 6. Maio | ||
| 1985 | Lotus-Renault | 1:34:35,955 h | 5,040 km | 60 | 191,799 km/h | 2. Agosto | ||
| 1986 | McLaren-TAG-Porsche | 1:32:28,408 h | 5,040 km | 60 | 196,208 km/h | 27. Abril | ||
| 1987 | Williams-Honda | 1:31:42,076 h | 5,040 km | 59 | 194,562 km/h | 3. Maio | ||
| 1988 | McLaren-Honda | 1:32:41,264 h | 5,040 km | 60 | 195,754 km/h | 1. Maio | ||
| 1989 | McLaren-Honda | 1:26:51,245 h | 5,040 km | 58 | 201,939 km/h | 23. Abril | ||
| 1990 | Williams-Renault | 1:30:55,478 h | 5,040 km | 61 | 202,876 km/h | 13. Maio | ||
| 1991 | McLaren-Honda | 1:35:14,750 h | 5,040 km | 61 | 193,671 km/h | 28. Abril | ||
| 1992 | Williams-Renault | 1:28:40,927 h | 5,040 km | 60 | 204,596 km/h | 17. Maio | ||
| 1993 | Williams-Renault | 1:33:20,413 h | 5,040 km | 61 | 197,625 km/h | 25. Abril | ||
| 1994 | Benetton-Ford | 1:28:28,642 h | 5,040 km | 58 | 198,234 km/h | 1. Maio | ||
| 1995 | Williams-Renault | 1:41:42,552 h | 4,895 km | 63 | 181,922 km/h | 30. Abril | ||
| 1996 | Williams-Renault | 1:35:26,156 h | 4,892 km | 63 | 193,761 km/h | 5. Abril | ||
| 1997 | Williams-Renault | 1:31:00,673 h | 4,930 km | 62 | 201,509 km/h | 27. Abril | ||
| 1998 | McLaren-Mercedes | 1:34:24,593 h | 4,930 km | 62 | 194,255 km/h | 26. Abril | ||
| 1999 | Ferrari | 1:33:44,792 h | 4,930 km | 62 | 195,630 km/h | 2. Maio | ||
| 2000 | Ferrari | 1:31:39,776 h | 4,930 km | 62 | 200,077 km/h | 9. Abril | ||
| 2001 | Williams-BMW | 1:30:44,817 h | 4,933 km | 62 | 202,062 km/h | 15. Abril | ||
| 2002 | Ferrari | 1:29:10,789 h | 4,933 km | 62 | 206,190 km/h | 14. Abril | ||
| 2003 | Ferrari | 1:28:12,058 h | 4,933 km | 62 | 207,895 km/h | 20. Abril | ||
| 2004 | Ferrari | 1:26:19,670 h | 4,933 km | 62 | 212,406 km/h | 25. Abril | ||
| 2005 | Renault | 1:27:41,921 h | 4,933 km | 62 | 209,086 km/h | 24. Abril | ||
| 2006 | Ferrari | 1:31:06,486 h | 4,959 km | 62 | 202,323 km/h | 23. Abril |
Record: M.Schumacher (7 Veces)
[editar] Ligazóns externas
- Sitio oficial do autódromo (en italiano)
- Sitio da Comuna de Imola (en italiano)
- [http://maps.google.com/maps?q=imola. italy