Gonzalo Concheiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Concheiro
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Boimorto
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , médico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Concheiro Coello e Ángel Concheiro Coello Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Concheiro Coello, nado en Ordes en 1963, é un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Irmán de Antonio Concheiro Coello. Nas eleccións municipais de 2003 concorreu como número dous da candidatura do PPdeG en Boimorto encabezada por Luís Verea e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do PPdeG que obtivo cinco concelleiros e foi a lista máis votada, pero non foi alcalde porque houbo un pacto entre o PSdeG e o BNG. En agosto de 2015 presentou unha moción de censura e foi elixido alcalde co apoio do concelleiro non adscrito José Balado, que se presentara ás eleccións como número tres do PSdeG[1]. En maio de 2016 dimitiu como alcalde e concelleiro[2] debido á súa implicación nunha suposta estafa a compañía de seguros ligada a accidentes de tráfico[3].


Predecesor:
Xosé Luís Rivas Cruz
 
Alcalde de Boimorto
 
2015 - 2016
Sucesor:
María Jesús Novo Gómez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]