Cerdeira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cerdeira (homónimos).


Cerdeira
Illustration Prunus cerasus0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae (subfamilia: Prunoideae)
Xénero: Prunus (subxénero: Cerasus)
Nome científico
Prunus cerasus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Cerdeiras en flor en Kyoto, Xapón.

A cerdeira ou cereixeira (e cereixal na maior parte do dominio do galego oriental) (Prunus cerasus) é unha árbore que pertence á familia das Rosaceae e ao xénero Prunus (como as amendoeiras, os pexegueiros, as ameixeiras, e os albaricoqueiros).

A guindeira (Prunus avium) é parecida, con froitas doces e moitas veces de cor escura pero as froitas da cerdeira son ácidas e moitas veces de cor encarnada brillante. As dúas especies son orixinarias de Europa e de Asia occidental. Existen grandes hortas comerciais desde a Península Ibérica até Anatolia e as cerdeiras cultívanse até Gran Bretaña e o sur de Escandinavia. En América do Norte as doces cultívanse sobre todo no oeste e as ácidas na rexión dos Grandes Lagos.

Tamén unha especie silvestre de América do Norte, o capulín (Prunus virginianus), produce unhas froitas agres pero de olor agradábel que se usan en México e Estados Unidos nos confeitos e outras comidas doces.

A madeira das cerdeiras é dura e de cor castaña clara, e úsase para a fabricación de mobles.

As cerdeiras plántanse moitas veces polas súas flores que aparecen na primavera. Unhas variedades ornamentais teñen os estames transformados en pétalos adicionais, así que non dan froitas senón que se cultivan só polo seu valor decorativo. En especial, o xaponés 桜 (sakura) é un símbolo nacional celebrado na festa anual "Hanami".

[editar] Tipos de cerdeiras

  • Cerdeira común
  • Cerdeira gregoriana
  • Cerdeira silvestre
  • Cerdeira xaponesa
Ferramentas persoais