Love of Lesbian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Love of Lesbian
Loveoflesbianconcierto.jpg
Love of Lesbian actuando en L'Hospitalet de Llobregat en 2008.
Orixe Sant Vicenç dels Horts, Cataluña Flag of Catalonia.svg
Período 1996 – presente
Xénero(s) Pop-rock
Indie
Selo(s) discográfico(s) Pussycats Records
Rock K
Naïve
Membros Santi Balmes
Julián Saldarriaga
Jordi Roig
Joan Ramon Planell
Oriol Bonet
Web oficial Páxina web oficial

Love of Lesbian é un grupo musical de indie español formado en Barcelona que está en activo desde 1996.

Logo de tres discos en inglés, decidiron cantar en castelán, lingua en que sacaron os seus últimos tres discos. Santi Balmes considerou os inicios en inglés como un "erro" e explicou o cambio como un xeito de autoafirmación.[1] Un momento importante para a súa proxección como grupo foi a actuación como teloneiros de The Cure durante o Dream Tour 2000.

Membros[editar | editar a fonte]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Son un dos grupos máis apreciados pola crítica da escena indie española, sobre todo a partir da publicación de Maniobras de escapismo en 2005. Neste disco Love of Lesbian pasaron de utilizaren o inglés nas súas letras a cantaren en castelán. Con ese disco e o seguinte Cuentos chinos para niños del Japón asentáronse como unha das principais bandas indies en español.[2][3]

A finais de marzo de 2009 publicaron un novo álbum, 1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna), disco que na súa primeira semana á venda entrou ao número 33 da lista oficial de vendas en España (lista Promusicae).[4]

No ano 2009 participaron na oitava edición do Festival do Norte.

O tema "Club de fans de John Boy" é empregado polo programa de radio El Larguero como canción de peche durante a fin de semana.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Love of Lesbian

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]