Esquerda Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerda Galega (EG)
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderCamilo Nogueira
Historia
Fundación1980
Disolución1984
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Federalismo
1 Unión co PSG para fundar PSG-EG

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en decembro de 1980 ao se refundar o Partido Obreiro Galego, integrando á maioría dos militantes do autodisolto Partido dos Traballadores de Galicia e a militantes procedentes do BNPG, Partido Socialista Galego, Partido Comunista de Galicia e Movemento Comunista de Galicia.

Durante o intento de golpe de estado do 23-F EG fixo un chamamento para que todos os concelleiros e alcades permaneceran nos concellos para impedir o triunfo do golpe. Celebrou o seu I Congreso en marzo de 1981, no que acepta o marco constitucional e autonómico para a consecución da autodeterminación de Galicia.

Documento no que Esquerda Galega pide a devolución do Pazo de Meirás, asinado en 1982 por Pura Barrio e Gonzalo Vázquez Pozo.

Nas eleccións autonómicas de 1981 obtén 33.497 votos (3'32%) e un escano para o seu líder, Camilo Nogueira, que conseguiu gran protagonismo na súa actuación no Parlamento de Galicia, aínda que o partido sofre un forte revés nas eleccións xerais de 1982 con só 22.310 votos (1'72%).

En 1984 fusionase co Partido Socialista Galego formando o PSG-EG.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Elección Votos % Deputados /
concelleiros
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 33.497 3,32% 1
Eleccións xerais de España de 1982 22.310 1,72% 0
Eleccións municipais de 1983 en Galicia 19.173 1,57% 22[1]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.