Luar (programa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.

Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV e de Vía Dixital. Mantense no aire desde o 18 de setembro de 1992.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso, realizado por Teo Manuel Abad e presentado tamén por Xosé Ramón Gayoso.[1] Emítese en directo desde o Plató 1000 en Montouto os venres pola noite, é un programa eminentemente musical que lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez ou Os Tonechos, pero en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas.

Participantes[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista (incompleta) dos participantes máis destacados no programa:

Ex-participantes[editar | editar a fonte]

Audiencia[editar | editar a fonte]

É un dos espazos con máis audiencia da TVG e tempada tras tempada sitúase entre os 5 primeiros na Clasificación dos programas galegos máis vistos.

O Luar foi o quinto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 181.000 espectadores de media e o segundo en cota de pantalla cunha porcentaxe do 22,71%. Na tempada 2007-08 sufriu un pouco o desgaste e a fragmentación da audiencia ao promediar 175.000 espectadores cun 20,54% de share.

Luar é o único programa do mundo gañador de sete Best International Format Awards na categoría de cadeas de ámbito non estatal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha artística na web de culturagalega.org