Heredeiros da Crus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heredeiros da Crus
Heredeiros da Crus.JPG
Orixe Ribeira, Galiza Galicia
Período 1992−2005
2012−presente
Xénero(s) rock
Selo(s) discográfico(s) Xurelo Roxo, Boa
Membros Javi Maneiro
Antonio Novo Suárez
Tonhito de Poi
Francisco Javier Velo Cambeiro
Manu Rey
Antigos membros José Manuel Santamaría Medín
Marcos Otero
Pedro Rodríguez
Web oficial http://heredeirosdacrus.com/

Os Heredeiros da Crus son unha banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90. Caracterizáronse polo seu uso da variante do galego local (gheada, seseo) no seu rexistro máis popular, chegando ás veces ao castrapo, e polas súas letras a ritmo de rock setenteiro. A banda separouse en 2005, e a comezos do ano 2012 anunciou a súa reunión para a realización dun concerto polo seu 20 aniversario[1].

Membros[editar | editar a fonte]

Formación actual[editar | editar a fonte]

* Javi Maneiro Voz
* Antonio Novo Suárez "Tuchiño" Guitarra, voz
* Tonhito de Poi Guitarra rítmica, voz
* Francisco Javier Velo Cambeiro "O Jran Fran" Baixo
* Manu Rey Batería

Outros membros[editar | editar a fonte]

* José Manuel Santamaría Medín Batería (1992-2000)
* Marcos Otero Batería (2000−2003)
* Pedro Rodríguez Batería (2004−2005)

Historia[editar | editar a fonte]

Os Heredeiros da Crus creáronse en Castiñeiras (Ribeira) no ano 1992 por iniciativa de Tonhito de Poi. No 1995 colaboraron con dúas cancións para o Xabarín Club da TVG que se incluíron no disco 1-2 de A cantar con Xabarín, "O porquiño" e "¡Que jallo é!", desta última fíxose un videoclip que tivo bastante éxito e pasou a formar parte indispensable desa festa que son os seus concertos. No ano seguinte colaboraron co tema "Íscalle Lura" do que tamén se fixo videoclip e foi incluído no volume 3-4.

Corría o ano 1992 cando os Heredeiros da Crus conseguiron gravar o seu primeiro álbum A Cuadrilla de Pepa a loba, non sen problemas pois coñécense dúas versións deste traballo, a segunda -de BOA music-, a máis estendida, foi editada sen o polémico tema "Bisté de solomillo". A banda compoñíana un grupo de 5 rapaces de Castiñeiras (Ribeira -A Coruña): Tuchiño (guitarra e voz), Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros"), Javi Maneiro (O fillo da Necha), (voz), Francisco Velo (O Jran Fran), (baixo), e Beni, (batería). Posteriormente Beni marcharía e deixaría paso a Medín, o batería que máis tempo estivo co grupo. Posteriormente tamén deixaron a súa pegada nos Heredeiros Marcos Otero e Pedro Rodríguez-Trelles. Durante ese ano comezaron a facer o que mellor lles sae: directos por toda Galiza. Uns anos felices o 92 e 93, aínda que tiveron problemas co seu representante e tiveron que cambialo.

Xa con este novo representante gravan o CD ¡¡Está que te cajas!!, no ano 1995, na primeira canción deste álbum conseguiron a colaboración de Rosendo Mercado que estaba a gravar no mesmo estudio e accedeu amablemente, e así oímolo na canción "Frenaso no calsonsillo". O produtor deste álbum era xa Segundo Grandio -baixista de Siniestro Total. Este álbum xunto coas cancións que editaron para o Xabarín Club ("Que jallo é!", "Íscalle Lura" e "O porquiño") déronlle xa unha fama ao grupo a nivel galego.

O seu seguinte traballo foi Criatura un maxi-single de só 4 cancións. Non moito despois apareceu Des Minutos, supostamente este disco tamén foi editado en dúas quendas, saíndo na primeira delas unha canción cantada pola nai de Antonio Ageitos (Tonhito de Poi) titulada "Santo Dominjo".

No ano 1999 gravan outro traballo, Erecsiones Munisipales, máis depurado no referente á música e que presenta unha homoxeneidade temática, pois tódalas letras xiran entorno á historia ficticia de Virgilio Mendes, candidato á alcaldía. No ano 2000 os Heredeiros pasan a ser o primeiro grupo de rock en galego que grava un directo, All right Chicago é un dobre CD cos mellores éxitos do grupo gravados na festa da Dorna de Ribeira, e producido novamente por Segundo Grandío. No 2001 aparece Recambios Tucho un CD non editado con versións de cancións épicas da historia da música, non autorizadas polos seus autores.

Durante xa dez anos os Heredeiros gañáronse unha merecida fama a nivel galego, e intentaron ir máis alá gravando versións de cancións en bable (asturiano) e buscando un recoñecemento a nivel español, non conseguido debido ás presións do imperio citado enriba. Porén, malia isto, teñen actuado fóra de Galiza e mesmo fóra da Península Ibérica en lugares coma Londres ou Nova York.

No ano 2005 houbo un alto na actividade dos Heredeiros ata o día de hoxe, se ben é certo que hai un rumor no ar bastante estendido que di que xa teñen preparada a súa volta. En dito ano, Tonhito de Poi deixa o grupo para embarcarse nun novo proxecto musical, A Banda de Poi, xunto con músicos da terra e algúns "irmáns" portugueses. Despois de seren estafados, o grupo "morre", e Tonhito únese á banda Rasa Loba, para formar Tonhito de Poi e Rasa Loba, cos que segue actualmente.

Por outra banda, Javi Maneiro tamén forma outro grupo, Jabón Blue, co que segue a día de hoxe e xa ten gravado o seu terceiro disco.

Tamén Tuchiño comezou unha carreira paralela aos Heredeiros, primeiro colaborando con Jabón Blue, substituíndo a un dos seus integrantes durante un tempo, e logo formando a súa propia banda, Recambios Tucho, que recibe o mesmo nome que aquel disco de versións dos propios Heredeiros.

Por último, Fran Velo, o cal está traballando como guionista en diversos programas da TVG, atopase tamén nun grupo co cal versionan clásicos do rock, Mustang.

A principios de 2012 deron a coñecer o seu regreso mediante unha serie de vídeos de título Volven os máis jrandes, nos que personaxes famosos de Galicia falaban do regreso dos "máis grandes", sen dicir nunca o nome do grupo. Creando así, intriga sobre se eran ou non eles.

Como resultado deste movemento, Volven os máis jrandes, levaron a cabo o concerto do seu retorno, en Ordes o día 3 de Marzo do 2012, na discoteca LP45. Neste concerto déronse cita varias xeracións de xente de toda Galicia, dende veteranos dos seus concertos, a mozos e mozas que nunca puideran ver ós Heredeiros en directo, xuntando así aproximadamente a 3500 almas.

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]