Partido Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Partido Popular (España)")
Partido Popular (PP)
Partido político de España
People's Party (Spain) logo.svg
Dirixentes e organización
Líder Mariano Rajoy Brey
(Presidente)
María Dolores de Cospedal
(Secretaria Xeral)
Mocidades Novas Xeracións do Partido Popular
Filiación internacional Unión Internacional Demócrata
Internacional Demócrata Cristiana
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación 20 de xaneiro de 1989
Posicións políticas
Ideoloxía Conservadorismo
Democracia cristiá
Neoliberalismo
Nacionalismo español
Representación
Representación
185 / 350
no Congreso dos Deputados
Outros datos
Sede Génova, 13. 28004, Madrid
Páxina web www.pp.es

O Partido Popular é un dos principais partidos políticos de España.

O Partido Popular naceu da refundación de Alianza Popular en 1989.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1979 o presidente de Alianza Popular, Manuel Fraga obtén uns discretos resultados nas eleccións (10 escanos). Trala desfeita da UCD en 1981, Alianza Popular fusionaríase con algúns partidos daquela coalición (Partido Liberal, entre outros), para presentarse ás eleccións de 1982 co nome de Coalición Popular. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. En 1986 Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.

Este cambio na cúpula non mellora as cousas para o partido, perdendo as eleccións de 1986 ante a revalidación da maioría absoluta do PSOE. En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido. José María Aznar (presidente de Castela e León) é proposto por Fraga candidato das eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.

En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións. Javier Arenas Bocanegra substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. En 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor. Nas eleccións do 2004 o PP verase superado por unha ampla marxe polo PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o tipo de oposición a realizar sobre as súas relacións con outras forzas políticas, especialmente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, reelixíndoo como presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.

Comité Executivo Nacional[editar | editar a fonte]

Sede nacional del PP, no nº 13 da Calle Génova de Madrid.
Estrutura Orgánica xeral do Partido Popular

Esta é a composición do comité executivo nacional do PP saída do XVII congreso:[1]

Presidentes rexionais[editar | editar a fonte]

Comunidade Delegación Presidente de delegación Preside o Goberno Autonómico Goberna en coalición con Principal partido de oposición Oposición minoritaria
Andalucía Andalucía Partido Popular Andaluz Juan Ignacio Zoido X
Aragón Aragón Partido Popular de Aragón Luisa Fernanda Rudi X
Illas Canarias Illas Canarias Partido Popular de Canarias José Manuel Soria X
Cantabria Cantabria Partido Popular de Cantabria Ignacio Diego X
Castela-A Mancha Castela-A Mancha Partido Popular de Castilla-La Mancha María Dolores de Cospedal X
Castela e León Castela e León Partido Popular de Castilla y León Juan Vicente Herrera X
Cataluña Cataluña Partit Popular Català Alícia Sánchez-Camacho X
Flag Ceuta.svg Ceuta Partido Popular de Ceuta Juan Jesús Vivas X
Madrid Comunidade de Madrid Partido Popular de la Comunidad de Madrid Esperanza Aguirre X
Navarra Navarra Partido Popular de Navarra Enrique Martín de Marcos X
Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Partido Popular de la Comunidad Valenciana Alberto Fabra X
Estremadura Estremadura Partido Popular de Extremadura José Antonio Monago X
Galicia Galicia Partido Popular de Galicia Alberto Núñez Feijoo X
Illas Baleares Illas Baleares Partido Popular de las Islas Baleares José Ramón Bauzá X
A Rioxa A Rioxa Partido Popular de La Rioja Pedro Sanz X
Flag of Melilla.svg Melilla Partido Popular de Melilla Juan José Imbroda X
País Vasco País Vasco Partido Popular del País Vasco Arantza Quiroga X
Asturias Asturias Partido Popular de Asturias Mercedes Fernández X
Murcia Rexión de Murcia Partido Popular de la Región de Murcia Ramón Luis Valcárcel X

Galicia[editar | editar a fonte]

  • Número de votos en Galicia nas eleccións autonómicas:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]