Eduardo I de Inglaterra

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eduardo I de Inglaterra
Nacemento17 de xuño de 1239
Lugar de nacementoWestminster
Falecemento7 de xullo de 1307
Lugar de falecementoBurgh by Sands
CausaDisentería
SoterradoAbadía de Westminster
NacionalidadeReino de Inglaterra
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca e político
PaiHenrique III de Inglaterra
NaiLeonor da Provenza
CónxuxeLeonor de Castela e Margarida de Francia
FillosHenrique da Inglaterra, Leonor da Inglaterra, Xoana de Acre, Alfonso, Margarida da Inglaterra, Maria de Woodstock, Elizabeth of Rhuddlan, Eduardo II de Inglaterra, Tomás de Brotherton, Edmundo de Woodstock, Eleanor of England, Joan of England, John of England, Alice of England, Juliana of England, Berengaria of England, Alice of England, Isabella of England, Beatrice of England e Blanche of England
IrmánsEdmundo Crouchback, Catarina de Inglaterra, Margarida de Inglaterra e Beatriz de Inglaterra
Na rede
WikiTree: Plantagenet-2 Find a Grave: 1955 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eduardo I de Inglaterra, nado en Westminster o 17 ou o 18 de xuño de 1239 e finado en Burgh by Sands o 7 de xullo de 1307, tamén coñecido como Eduardo Pernas Longas ou o Martelo dos Escoceses (latín: Malleus Scotorum), foi Rei de Inglaterra desde 1272 ata 1307. Antes do seu ascenso ao trono tamén foi coñecido como O Señor Eduardo.[1][2][3][4] Pasou gran parte do seu reinado reformando a administración real e a common law. A través dunha extenso proceso legal, Eduardo investigou a tenza de varias liberdades feudais, mentres que a lei foi reformada por medio dunha serie de estatutos reguladores das leis criminal e de propiedade. Porén, cada vez máis, a atención de Eduardo dirixiuse cara aos asuntos militares.

Como primeiro fillo de Henrique III, Eduardo estivo envolto desde moi cedo nas intrigas política do reinado do seu pai, incluída unha autentica rebelión por parte dos Baróns ingleses. En 1259, situouse brevemente xunto ao movemento de reforma dos baróns, apoiando as Provisións de Oxford. Tras a reconciliación co seu pai, porén, permaneceu leal a el durante o resto do conflito coñecido como a Segunda Guerra dos Baróns. Tras a batalla de Lewes, Eduardo foi feito refén polos rebeldes, pero escapou ao cabo duns poucos meses e volveu a retomar a loita contra Simón de Montfort. Montfort foi derrotado na batalla de Evesham en 1265, e ao cabo de dous anos a rebelión quedou reducida. Con Inglaterra pacificada, Eduardo uniuse á Novena cruzada na Terra Santa. A cruzada non durou moito e Eduardo encontrábase de camiño de regreso a Inglaterra en 1272 cando recibiu a noticia da morte do seu pai. Sen présa por volver, chegou a Inglaterra en 1274 e foi coroado na abadía de Westminster o 19 de agosto dese ano.

Tras conter unha pequena rebelión en Gales entre 1276 e 1277, Eduardo tivo que afrontar unha segunda rebelión entre 1282 e 1283 cunha guerra a grande escala de conquista. Tralo éxito da campaña, Eduardo subxugou Gales baixo o poder inglés, construíndo unha serie de castelos e cidades na rexión e establecendo nelas a colonos ingleses. A continuación, os seus esforzos tornáronse directamente cara a Escocia. Nun primeiro momento fora convidado a arbitrar na disputa sucesoria, pero acabou reclamando a soberanía sobre o reino. Desatouse unha guerra de independencia que durou máis alá da morte do rei. Ao mesmo tempo, Eduardo tivo que afrontar unha nova guerra contra Francia despois de que o monarca francés Filipe IV invadira o ducado de Aquitania, que ata entón mantivera unha unión persoal con Inglaterra. Aínda que Eduardo recuperou o seu ducado, o conflito aliviou a presión militar inglesa contra Escocia. Ao mesmo tempo o rei tivo que tratar cos problemas internos. A mediados da década de 1290, as numerosas campañas militares requiriron unha gran cantidade de impostos, e Eduardo tivo que afrontar a oposición do clero e o pobo. Cando o rei finou en 1307, deixou ao seu fillo Eduardo II de Inglaterra no medio dunha guerra e cheo de problemas financeiros e políticos.

Primeiros anos, 1239–63[editar | editar a fonte]

Infancia e matrimonio[editar | editar a fonte]

Unha inicial nun manuscrito do século XIV na que aparecen Eduardo e a súa muller Leonor. O artista quizais quixo representar a Eduardo con blefaroptose, un defecto herdado do seu pai.[5]

Eduardo naceu no palacio de Westminster a noite do 17 ao 18 de xuño de 1239. Os seus pais foron Henrique III de Inglaterra e Leonor da Provenza.[a][6]

Eduardo é un nome de orixe anglosaxón e non foi moi común entre a aristocracia inglesa despois da conquista normanda. Henrique III tiña especial devoción por Eduardo o Confesor polo que decidiu poñer este nome ao seu primoxénito.[7][b] Entre os seus amigos da infancia estaban o seu curmán Henrique de Almain, fillo do irmán de Henrique, Ricardo de Cornualla.[9] Henrique de Almain permaneceu xunto ao príncipe ao longo da guerra civil e despois durante a cruzada.[10] Eduardo educouse baixo a tutela de Hugh Giffard (pai do futuro chanceler Godfrey Giffard) ata que Bartholomew Pecche o substituíu en 1246 tras a súa morte.[11]

A pesar da preocupación pola súa saúde durante a súa infancia, xa que caeu enfermo en 1246, 1247 e 1251,[11] o príncipe chegou a ser un home impoñente. Medía 1,88 m de altura, moi por riba da media dos seus contemporáneos, recibindo por isto o alcume de "Pernas Longas". O historiador Michael Prestwich afirmou:

"os seus longos brazos dábanlle vantaxe coa espada, coxas longas coma as dun xinete. Na súa mocidade o seu cabelo rizado era loiro; na adolescencia escureceu e na idade vella volveuse branco. [Os seus trazos estaban desfigurados por unha pálpebra caída.] A súa voz, a pesar do ceceo, dicíase que era persuasiva"
Michael Prestwich.[12]

En 1254, os temores ingleses cara a unha invasión por parte do Reino de Castela da provincia de Gascuña levaron ao rei Henrique III a acordar un matrimonio político entre Eduardo, por entón de 14 anos, e Leonor de Castela, de 13 anos e medio irmá do rei Afonso X o Sabio.[13] Leonor e Eduardo casaron o 1 de novembro de 1254 no Mosteiro de las Huelgas en Burgos.[14] Como parte do acordo do matrimonio, o príncipe recibiu subsidios de terras valorados en 15 000 marcos anuais.[15] Aínda que o endebedamento do rei Henrique foi considerable, ofreceu a Eduardo unha pouca independencia. O príncipe xa obtivera Gascuña en 1249, pero Simon de Montfort fora nomeado tenente real un ano antes e, en consecuencia, quedou cos ingresos, polo que na práctica Eduardo nunca tivo autoridade nin ingresos desta provincia.[16] Os ingresos recibidos en 1254 incluían a maior parte de Irlanda, grandes posesións en Gales e Inglaterra, incluído o señorío de Chester. O rei mantivo un gran control sobre a terra cedida, particularmente sobre Irlanda, polo que o poder de Eduardo estivo limitado alí tamén, xa que o rei quedaba con gran parte dos ingresos destas terras.[17]

Desde 1254 ata 1257, Eduardo estivo baixo a influencia dos parentes da súa nai, coñecidos como os Savoianos,[18] entre os que destacaba Pedro de Savoia, o tío da raíña.[19] Despois de 1257, Eduardo comezou a recibir influencia das faccións pointevinas ou dos Lusignan (medio irmáns do seu pai).[20][c] Esta asociación foi significativa, xa que dous grupos de estranxeiros privilexiados foron resentidos pola nobreza inglesa, e foron o centro das posteriores reformas dos baróns.[22]

Primeiras ambicións[editar | editar a fonte]

Eduardo mostrou independencia nos asuntos políticos desde 1255, cando se situou xunto a familia Soler en Gascuña, durante o conflito entre esa familia e os Colomb. Isto supuxo todo o contrario á política do seu pai de mediar entre as faccións locais.[23] En maio de 1258, un grupo de magnates elaboraron un documento para reformar o goberno do rei –as chamadas Provisións de Oxford– que se dirixían directamente na contra dos Lusignans. Eduardo permaneceu xunto aos seus aliados políticos e opúxose ás Provisións. O movemento de reforma tivo finalmente éxito en limitar a influencia dos Lusignans, e a actitude de Eduardo comezou a cambiar. En marzo de 1259, estableceu unha alianza formal cun dos principais reformadores, Richard de Clare, Conde de Gloucester. Entón, o 15 de outubro de 1259, anunciou o seu apoio aos baróns e ao seu líder, Simon de Montfort.[2]

O motivo detrás do cambio de bando de Eduardo puido ser puramente pragmático xa que Montfort estaba nunha boa posición para apoiar a súa causa en Gascuña.[24] Cando o rei marchou para Francia en novembro, o comportamento de Eduardo tornouse en insubordinado. Fixo varios movementos para avanzar na causa dos reformistas, o que provocou que o seu pai pensara que estaba promovendo un golpe de Estado.[25] Cando o rei regresou de Francia, rexeitou ver ao seu fillo, pero grazas á mediación do conde de Cornualla e o arcebispo de Canterbury, acabaron reconciliándose.[26] Eduardo foi mandado ao estranxeiro, e en novembro de 1260, uniuse de novo cos Lusignans, que estaban exiliados en Francia.[27]

De regreso a Inglaterra, a comezos de 1262, Eduardo tivo que enfrontarse a algúns dos seus antigos aliados dos Lusignans por asuntos financeiros. Ao ano seguinte, o rei enviouno a unha campaña en Gales en contra de Llywelyn ap Gruffudd, na que non tivo grandes resultados.[28] Por esa mesma época, Simon de Montfort, quen estivera fora do país desde 1261, regresou a Inglaterra e retomou o movemento de reforma dos baróns.[29] Foi neste momento, mentres o rei parecía disposto a aceptar as demandas dos baróns, cando Eduardo comezou a tomar o control da situación. Mentres que ata entón fora un pouco imprevisible nos seus actos, a partir deste momento alzouse como un dos principais defensores dos dereitos reais do seu pai.[30] Eduardo reuniuse con algúns dos homes aos que rexeitara o ano anterior –entre os que estaban o seu amigo da infancia, Henry de Almain, e John de Warenne – e reconquistou o Castelo de Windsord aos rebeldes.[31] A través da arbitraxe do rei Lois IX de Francia, as partes lograron chegar a un acordo, o chamado Axuste de Amiens, que resultou moi favorable ao bando realista, e supuxo a semente de futuros conflitos.[32]

Guerra civil e Cruzadas, 1264-1273[editar | editar a fonte]

Segunda guerra dos baróns[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Segunda guerra dos baróns.

Entre os anos 1264 e 1267 tivo lugar o conflito coñecido como a segunda guerra dos baróns, na cal as forzas dos baróns lideradas por Simon de Montfort loitaron contra aqueles que permaneceron leais ao rei. A primeira batalla do conflito tivo lugar na cidade de Gloucester, que Eduardo conseguiu recuperar de mans dos rebeldes. Cando Robert de Ferres, acudiu na axuda dos rebeldes, Eduardo negociou unha tregua con el, cuns termos que romperían máis adiante. Eduardo capturou Northampton de mans do fillo de Montfort, Simon, antes de embarcarse nunha vingativa campaña contra as terras de Derby.[33] Os baróns e os realistas enfrontáronse finalmente na batalla de Lewes, o 14 de maio de 1264. Eduardo, comandando o franco dereito, actuou ben, e axiña derrotou ao continxente de Londres das forzas de Montfort. Porén, marchou en persecución do exército que se retiraba e, ao seu regreso, o resto do seu exército xa fora derrotado.[34] Por medio dun acordo, coñecido como o Axuste de Lewes, Eduardo e o seu curmán Henry de Almain quedaron como reféns de Montfort.[35]

Manuscrito medieval que representa o corpo mutilado de Simon de Montfort no campo da batalla de Evesham.

Eduardo permaneceu retido ata marzo, e incluso despois da súa liberación permaneceu baixo estrita vixilancia.[36] O 28 de maio, logrou escapar dos seus gardiáns e reunirse co conde de Gloucester, quen se unira recentemente ao bando do rei.[d]

Os apoios de Montfort estaban diminuíndo e Eduardo reconquistou Worcester e Gloucester con relativa facilidade.[38] Mentres, Montfort acordou unha alianza co galés Llywelyn e comezou a marchar cara ao leste para unir as súas forzas ás do seu fillo Simon. Eduardo logrou atacar por sorpresa no castelo de Kenilworth, onde o fillo de Montfort estaba acuartelado, antes de pasar a cortar o avance do conde de Leicester.[39] Os dous exércitos reuníronse no segundo grande encontro da guerra, a batalla de Evesham, do 4 de agosto de 1265. Montfort tivo poucas oportunidades fronte ás superiores forzas realistas, e tras a súa derrota foi executado e mutilado no campo de batalla.[40]

Tras varios episodios como o engano de Derby en Gloucester, Eduardo adquirira a reputación de ser de pouca confianza. Durante a campaña do verán, porén, comezou a aprender dos seus erros, e actuou de xeito que gañou o respecto e admiración dos seus contemporáneos.[41] A guerra non rematou coa morte de Montfort, e Eduardo continuou participando nas seguintes batallas. No Nadal, chegou a un acordo co novo Simon de Montfort e os seus aliados na illa de Axholme en Lincolnshire e, en marzo levou a cabo o asalto a Cinque Ports.[42] Un continxente de rebeldes refuxiáronse no case inexpugnable castelo de Kenilworth e non se renderon ata a redacción do conciliatorio Dictum de Kenilworth.[43][e] En abril parecía que Gloucester ía cambiar de bando de novo aos reformistas e que a guerra civil continuaría, pero tras a negociación dos termos do Dictum de Kenilworth, as partes chegaron a un acordo.[44] Eduardo, porén, non tivo grande envolvemento nas negociacións, xa que nese momento estaba preparándose para partir nunha Cruzada.[f][45]

Cruzada e subida ao trono[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Oitava Cruzada e Novena Cruzada.
Operacións durante a Cruzada de Eduardo.

Eduardo tomou a cruz dos cruzados nunha elaborada cerimonia o 24 de xuño de 1268, xunto ao seu irmán Edmund e o seu curmán Henry de Almain. Entre outros, comprometéronse a participar na Novena Cruzada algúns dos antigos adversarios de Eduardo, como o conde de Gloucester.[46] Co país pacificado, o grande impedimento ao proxecto foi o financiamento.[47] O rei Lois IX de Francia, que lideraba a Cruzada, prestou 17 500 libras.[48] Isto, porén, non era suficiente e o resto tivo que ser recadado mediante unha subida dos impostos aos laicos, que non fora recadado desde 1237.[48] En maio de 1270, o Parlamento inglés garantiu unha taxa dunha vintena,[g] a cambio de que o rei confirmara a Carta Magna, e a imposición de restricións aos prestamistas xudeus.[49] O 20 de agosto, Eduardo partiu do porto de Dover ata Francia.[50] Os historiadores non puideron determinar o tamaño das súas forzas con certeza, pero probablemente Eduardo conseguiu reunir 225 cabaleiros e pouco menos de 1000 homes.[47]

Orixinalmente, os cruzados tiñan previsto axudar ás forzas cristiás baixo asedio en Acreo, pero Lois desviouse ata Tunisia. O rei francés e o seu irmán Carlos de Anjou, quen se fixo coroar como rei de Sicilia, decidiron atacar ao emirato para establecer un punto forte no norte de África.[51] O plan fracasou cando as forzas francesas quedaron reducidas por mor dunha epidemia que, o 25 de agosto, acabou coa vida do propio Lois.[52][h] Cando Eduardo chegou a Tunisia, Carlos xa asinara un tratado co emir, e non podían facer outra cousa que regresar a Sicilia. A Cruzada quedou aprazada ata a seguinte primavera, porén, unha tormenta devastadora arrasou as costas sicilianas e disuadiu a Carlos de Anjou e ao novo rei de Francia, Filipe III, de continuar coa campaña.[53] Eduardo decidiu continuar en solitario, e o 9 de maio de 1271 chegou finalmente a Acre.[54]

Para entón, a situación en Terra Santa era absolutamente precaria. Xerusalén caera en 1244 e Acre era agora o centro do reino cristián.[55] Os estados musulmáns atacaban baixo o liderado mameluco de Baibars, e ameazaban a propia cidade de Acre. Aínda que os homes de Eduardo supuxeron un importante complemento para a gornición da cidade, non tiveron moitas oportunidades contra a superioridade dos exércitos musulmáns e, unha incursión inicial preto de St Georges-de-Lebeyne en xuño resultou ser totalmente fútil.[56] A embaixada ao Ilkhan Abaqa[57] (1234–1282) dos mongois axudou ao ataque sobre a cidade de Alepo ao norte, que contribuíu á distracción das forzas de Baibars.[58] En novembro, Eduardo dirixiu o ataque sobre Qaqun, que puido servir coma ponte ata Xerusalén, pero tanto a invasión mongol coma o ataque de Eduardo fracasaron. A situación parecía desesperada e, en maio de 1272 Hugo III de Chipre, quen era o rei nominal de Xerusalén, asinara unha tregua de dez anos con Baibars.[59] Eduardo mostrouse inicialmente desafiante, pero un ataque dun asasino musulmán en xuño forzouno a abandonar a campaña. Aínda que logrou acabar co asasino, quedou ferido no brazo cunha daga que temía estivese envelenada, quedando severamente debilitado durante os seguintes meses.[60][i]

Non foi ata o 24 de setembro cando Eduardo deixou Acre. Na súa chegada a Sicilia coñeceu a noticia de que o seu pai morrera o 16 de novembro de 1272.[62] Eduardo quedou profundamente entristecido pola noticia, pero no canto de partir cara a Inglaterra, decidiu emprender unha viaxe de pracer cara ao norte. Isto debeuse parcialmente á súa pobre saúde, pero tamén a que non había présa polo seu regreso.[63] A situación política en Inglaterra era estable despois das turbulencias de principios de século, e Eduardo xa fora proclamado rei logo da morte do seu pai, no canto de durante a coroación como era o costume.[64][j] En ausencia do rei, o país quedou baixo o goberno dun consello real, liderado por Robert Burnell.[65] O xa rei Eduardo, emprendeu unha viaxe por Italia e Francia durante o cal, entre outras cousas, visitou o papa Gregorio X.[k] O 2 de agosto de 1274 o rei regresou finalmente a Inglaterra, onde foi coroado o 19 de agosto.[66]

Primeiros anos de reinado, 1274–96[editar | editar a fonte]

Guerras galesas[editar | editar a fonte]

Conquista[editar | editar a fonte]

Gales despois do Tratado de Montgomery de 1267      Gwynedd, principado de Llywelyn ap Gruffudd      Territorios conquistados por Llywelyn      Territorios dos vasalos de Llywelyn      Señoríos dos baróns das marcas      Señoríos do rei de Inglaterra

Llywelyn ap Gruffudd desfrutou dunha situación vantaxosa trala guerra dos baróns. A través do tratado de Montgomery de 1267, recibiu oficialmente as terras que conquistara nos Catro Cantrefs de Perfeddwlad e foi recoñecido como Príncipe de Gales.[67][68] Porén, os conflitos armados continuaron, en particular con certos señores das marcas galesas, coma Gilbert de Clare, conde de Gloucester, Roger Mortimer e Humphrey de Bohun, conde de Hereford.[69] Os problemas estaban exacerbando cando o irmán de Llywelyn, Dafydd e Gruffydd ap Gwenwynwyn do Powys, logo de intentar asasinalo, se pasaron ao bando inglés en 1274.[70] Debido ás hostilidades que estaban tendo lugar e as propias accións do rei apoiando aos seus inimigos, Llywelyn rexeitou render vasalaxe a Eduardo.[71] Para Eduardo, supuxo outra provocación os plans de Llywelyn de casar coa filla de Simon de Montfort, Leonor.[72]

En novembro de 1276 declarouse a guerra.[73] As primeiras operacións lanzáronse baixo o liderado de Mortimer, Edmund Lancaster (o irmán de Eduardo) e William de Beauchamp, conde de Warwick.[73][l] O apoio a Llywelyn era débil entre os seus propios homes.[74] En xullo de 1277 Eduardo atacou cun exército de 15 500 homes dos cales 9 000 eran galeses.[75] A campaña non tivo grandes batallas, e Llywelyn axiña se decatou de que non tiña máis opción que renderse.[75] En novembro de 1277 asinouse o Tratado de Aberconwy, polo cal o galés só mantiña as súas posesións en Gwynedd, aínda que se lle permitiu conservar o título de Príncipe de Gales.[76]

Cando se retomou a guerra en 1282, foi unha empresa totalmente diferente. Para os galeses, esta guerra baseábase na súa propia identidade nacional e tiveron un grande apoio provocado polos intentos de impoñer a lei inglesa aos súbditos galeses.[77] Para Eduardo, supuxo unha guerra de conquista máis ca unha simple campaña de castigo, como sucedera na anterior.[78] A guerra comezou cunha rebelión de Dafydd, quen estaba descontento coa recompensa recibida en 1277.[79] Llywelyn e outros terratenentes galeses axiña se uniron, obtendo varias vitorias militares para o seu bando. En xuño, Gloucester foi derrotado na batalla de Llandeilo Fawr.[80] O 6 de novembro, mentres John Peckham, arcebispo de Canterbury, estaba negociando as condicións da paz, o comandante de Anglesey, Luke de Tany, decidiu levar a cabo un ataque por sorpresa. Construíron unha ponte de barcas para cruzar ata terra firme, pero tan pronto como conseguiron cruzar, foron atacados polo exército galés e sufriron grandes perdas na batalla de Moel-y-don.[81] O avance dos galeses rematou o 11 de decembro, cando Llywelyn foi atraído a unha trampa e resultou morto na batalla de Orewin Bridge.[82] A conquista de Gwynedd completouse coa captura en xuño de 1283 de Dafydd, quen foi levado a Shrewsbury e executado por traizón no seguinte outono.[83]

Sucedéronse varias rebelións entre 1287 e 1288 e, máis seriamente, en 1294, baixo o liderado de Madog ap Llywelyn, un parente afastado de Llywelyn ap Gruffudd.[84] Este último conflito requiriu a atención do propio Eduardo, pero en ambos casos as rebelións foron esmagadas.

Colonización[editar | editar a fonte]

Polo Estatuto de Rhuddlan de 1284, o principado de Gales quedou incorporado a Inglaterra e recibiu un sistema administrativo como o inglés, con condados dirixidos por shériffs.[85] Introduciuse a lei inglesa para os casos criminais, aínda que os galeses puideron manter as súas propias normas locais para algúns casos de disputas nas propiedades.[86] Despois de 1277, e aínda máis despois de 1283, Eduardo embarcouse nun proxecto a grande escala para establecer asentamentos ingleses en Gales, creando novas cidades como Flint, Aberystwyth e Rhuddlan.[87] Os residentes destas cidades foron inmigrantes ingleses, xa que se prohibiu aos galeses vivir nelas. Moitas destas cidades quedaron protexidas por grandes murallas.[88]

Tamén se iniciou un proxecto de construción de castelos, baixo a dirección do mestre James of Saint George, un prestixioso arquitecto que Eduardo coñecera en Savoia durante o seu regreso da Cruzada.[89] Entre estes castelos, encóntranse os de Beaumaris, Caernarfon, Conwy e o de Harlech, deseñados para servir como fortalezas e palacios reais.[90][91] O seu programa de construción de castelos en Gales supuxo a introdución do estendido uso das seteiras nas murallas dos castelos arredor de Europa, influídos por deseños orientais.[92] Tamén foi consecuencia das Cruzadas a introdución dos castelos concéntricos, e catro dos oito castelos construídos por Eduardo en Gales tiveron este deseño.[93][94] Os castelos supoñían unha clara e imperial declaración das intencións do rei de gobernar no norte de Gales de xeito permanente e, decorounos con imaxes asociadas aos bizantinos, romanos e ao rei Artur, nun intento de lexitimar o seu novo réxime.[95][96]

No ano 1284 naceu o príncipe Eduardo no castelo de Caernarfon. Probablemente o nacemento tivo lugar alí nunha deliberada declaración sobre a nova orde política en Gales.[97][98] David Powel, un crego do século XVI, suxeriu que o bebé foi ofrecido aos galeses como un príncipe "que naceu en Gales e podía non dicir nunca unha palabra en inglés", pero non hai probas que apoien este relato.[99][100] En 1301, en Lincoln, o príncipe Eduardo pasou a ser o primeiro príncipe inglés en recibir o título de Príncipe de Gales, cando o rei Eduardo lle garantiu o condado de Chester e as terras do norte de Gales.[101][102] Semella que o rei esperaba que este acto serviría para pacificar a rexión e tamén que o seu fillo tería maior independencia económica.[101][m]

Diplomacia e guerra no continente[editar | editar a fonte]

Eduardo I (dereita) rendendo vasalaxe a Filipe IV (esquerda). Como Duque de Aquitania, Eduardo era vasalo do rei francés.

Eduardo non volveu marchar de Cruzada tras o seu regreso a Inglaterra en 1274, aínda que mantivo a intención de facelo, e tomou a cruz de novo en 1287.[104] Esta intención influíu na súa política exterior, ata polo menos 1291. Para comezar unha Cruzada a escala europea, era esencial previr os conflitos entre os grandes príncipes do continente. Un grande obstáculo para isto foi o conflito entre a casa francesa de Anjou, que gobernaba no sur de Italia, e o Reino de Aragón. En 1282, os cidadáns de Palermo levantáronse en armas contra Carlos I de Nápoles, no que se coñece como as Vésperas sicilianas. No conflito posterior, Carlos de Salerno foi feito prisioneiro polos aragoneses.[105] Os franceses pensaron en atacar Aragón, incrementando o perigo dunha guerra a grande escala en Europa. Para Eduardo era de vital importancia evitar semellante guerra e, en 1286 en París, conseguiu unha tregua entre os franceses e aragoneses que supuxo a liberación do príncipe Carlos.[106] En canto ás Cruzadas, os esforzos de Eduardo resultaron en balde, posto que os seus plans quedaron desbaratados cando os mamelucos capturaron Acre, o último reduto cristián na Terra Santa.[107]

Tras a caída de Acre, o papel internacional de Eduardo cambiou de diplomático a todo o contrario. Involucrouse profundamente nos asuntos do seu ducado de Gascuña. En 1278 formou unha comisión composta polos seus socios de confianza, Otto de Grandson e co chanceler Robert Burnell, que provocou a substitución do senescal Luke de Tany.[108] En 1286, o rei visitou a rexión en persoa e permaneceu alí polo menos tres anos.[109] O problema, porén, era o status de Gascuña co reino de Francia e o papel de Eduardo como vasalo do rei francés. Na misión diplomática de 1286, Eduardo rendeulle vasalaxe ao novo rei Filipe IV. Porén, en 1294 Filipe declarou a confiscación do ducado cando Eduardo rexeitou comparecer ante el en París para discutir sobre un conflito entre mariñeiros ingleses, gascóns e franceses, que resultou na captura de varios barcos franceses, xunto co saco do porto francés de La Rochelle.[110]

Leonor de Castela morreu o 28 de novembro de 1290. Igual que o seu pai, Eduardo mostrouse durante o seu matrimonio devoto da súa esposa e permaneceulle fiel durante a súa vida xuntos –o que non era moi habitual entre os monarcas da época–, e quedou profundamente afectado pola súa perda. Erixiu na súa honra doce Cruces de Leonor, unha en cada punto no que o cortexo fúnebre acampou pola noite.[111] Como parte do acordo de paz entre Inglaterra e Francia en 1294, acordouse que Eduardo debía casar coa medio irmá de Filipe IV, Margarida de Francia, pero a voda tivo que pospoñerse polo comezo da guerra.[112]

Eduardo aliouse co rei xermano, os condes de Flandres e Güeldres, e cos borgoñóns, que atacarían Francia dende o norte.[113] Estas alianzas resultaron ser efémeras e Eduardo tivo que afrontar tamén os problemas en Gales e Escocia. Non foi ata agosto de 1297 cando por fin puido marchar a Flandres, nun momento no que os seus aliados xa foran derrotados.[114] O apoio dos alemáns non se chegou a materializar e Eduardo tivo que asinar a paz. O seu matrimonio con Margarida en 1299 puxo fin a unha guerra que resultou custosa e inútil para os ingleses.[115][n]

A Gran Causa[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Crise sucesoria en Escocia.
Cadeira de San Eduardo, na abadía de Westminster. Orixinalmente, a Pedra do Destino gardábase no espazo que hai baixo o asento; na actualidade consérvase no castelo de Edimburgo.

A relación entre Inglaterra e Escocia na década de 1280 foi de relativa coexistencia harmoniosa.[116] O asunto da vasalaxe non acadou o mesmo nivel de controversia que en Gales. En 1278 o rei Alexandre III de Escocia rendeu vasalaxe a Eduardo, pero segundo parece só o fixo polas terras que posuía en Inglaterra.[117] Os problemas xurdiron cando estoupou a crise sucesoria escocesa a comezos da década seguinte. Entre 1281 e 1284, os dous fillos varóns e a única filla de Alexandre morreron. En 1286 morreu o propio Alexandre, deixando como herdeiro ao trono escocés á súa neta de tres anos, Margarida.[118] Segundo o tratado de Birgham, acordouse que Margarida debía casar co fillo de seis anos de Eduardo, Eduardo de Carnarvon, aínda que Escocia permanecería independente do señorío inglés.[119][120]

Margarida, que xa tiña sete anos, viaxou desde Noruega ata Escocia en outono de 1290, pero caeu enferma na viaxe e morreu nas Orcadas.[121][122] A morte da nena deixou ao país sen un herdeiro evidente, e deu lugar á disputa histórica coñecida como a Gran Causa.[123][o]

Aínda que xurdiron ata catorce pretendentes ao trono, os principais contendentes foron John Balliol e Robert de Brus.[124] Os magnates escoceses fixeron unha petición a Eduardo para que levara a cabo os procedementos e administrara o resultado, pero que non arbitrara na disputa. A decisión de quen herdaría o trono debían facela un comité especial de 104 auditores –40 nomeados por Balliol, 40 por Bruce e os 24 restantes seleccionados por Eduardo entre os membros de maior antigüidade da comunidade política escocesa–.[125] En Birgham, coa perspectiva dunha unión persoal entre os dous reinos, a cuestión de soberanía non tivo grande importancia para Eduardo. Agora insistía en que, se había que facer un concurso, el tiña que ser recoñecido como señor feudal de Escocia.[126] Os escoceses mostráronse contrarios a facer semellante concesión, e responderon dicindo que posto que o reino non tiña rei, ninguén tiña a autoridade para tomar semellante decisión.[127] O problema quedou solucionado cando os contendentes acordaron que o reino quedaría baixo o poder de Eduardo ata que atoparan a un herdeiro de pleno dereito.[128] Finalmente, tomouse a decisión en favor de John Balliol o 17 de novembro de 1292.[129][p]

Incluso despois de que Balliol subira ao trono, Eduardo continuou exercendo a súa autoridade sobre Escocia. En contra das obxeccións dos escoceses, acordou atender as peticións nos casos dirixidos polo tribunal dos gardiáns que gobernou Escocia durante o interregnum.[130] Outra provocación chegou nun caso presentado por Macduff, fillo de Malcolm, conde de Fife, no cal Eduardo demandaba que Balliol aparecera en persoa antes que o parlamento inglés para responder dos cargos.[131] O rei escocés accedeu, pero a situación torceuse cando Eduardo exixiu aos magnates escoceses que lle proporcionaran apoio militar na guerra contra Francia.[132] Isto resultaba inaceptable, e os escoceses formaron unha alianza con Francia e lanzaron un fracasado ataque sobre Carlisle.[133] Eduardo respondeu invadindo Escocia en 1296 e conquistando a cidade de Berwick nunha batalla particularmente sanguenta.[134] Na batalla de Dunbar, a resistencia escocesa quedou esmagada.[135] Eduardo confiscou a Pedra do Destino – a pedra de coroación escocesa e a levou ata Westminster para colocala na que hoxe se coñece como Cadeira do Rei Eduardo. Depuxo a Balliol, encerrouno na Torre de Londres e colocou a varios ingleses á fronte do goberno escocés.[136] A campaña resultou un auténtico éxito, pero o triunfo inglés resultou ser temporal.[137]

Goberno e lei[editar | editar a fonte]

Carácter como rei[editar | editar a fonte]

Mesa redonda feita por Eduardo, colgada nas paredes do castelo de Winchester. O deseño inclúe os nomes de varios dos cabaleiros do rei Artur.

Eduardo tiña reputación dun severo temperamento que podía chegar a ser intimidatorio. Unha historia conta como o decano de San Paulo, nun intento de confrontar a Eduardo polo alto nivel de impostos en 1295, caeu e morreu cando estivo na presenza do rei.[12] Cando Edward de Caernarfon exixiulle un condado ao rei para o seu favorito Gaveston, o monarca estoupou de rabia e arrancou varios cabelos da cabeza do seu fillo.[138] Algúns dos seus contemporáneos consideraban a Eduardo aterrador, particularmente durante os seus primeiros anos. A Canción de Lewes de 1264 describíao coma un leopardo, un animal considerado xeralmente como poderoso e imprevisible.[139]

A pesar do seu carácter aterrador, os contemporáneos de Eduardo considerárono como un home capaz e incluso o rei ideal.[140] Aínda que non tivo o amor dos seus súbditos, foi temido e respectado.[141] Cumpriu coas expectativas do seu tempo para o seu reinado no seu papel de soldado capaz e determinado e na personificación dos ideais cabaleirescos.[142] Na observancia relixiosa tamén cumpriu co esperado para o seu tempo: asistía con regularidade á unha capela e daba xenerosas esmolas.[143]

Eduardo estaba interesado polas historias do rei Artur, que gozaban de gran popularidade na Europa do seu tempo.[144][145] En 1278 visitou a abadía de Glastonbury para abrir o que se pensaba era o sepulcro de Artur e Xenevra, recuperando "a coroa de Artur" de Llywelyn despois da conquista do norte de Gales, mentres que, os seus castelos inspiráronse nos mitos artúricos no seu deseño e localización.[146][147] Celebrou encontros de "mesa redonda" en 1284 e 1302, nos que houbo torneos e festexos, que os cronistas chegaron a comparar cos da corte do rei Artur.[147][148] Nalgúns casos, Eduardo semellou utilizar o seu interese nos mitos artúricos para os seus propios intereses, incluíndo a lexitimidade do seu mandato en Gales e para dar descrédito á crenza galesa de que Artur regresaría como o seu salvador político.[149][150]

Administración e lei[editar | editar a fonte]

Groat de Eduardo I (4 peniques)

Pouco despois de subir ao trono, Eduardo tratou de restaurar a orde e restablecer a autoridade real tralo desastroso reinado do seu pai.[151] Para logralo, ordenou o cambio inmediato do persoal administrativo. O nomeamento máis importante foi o de Robert Burnell como chanceler, quen permanecería no posto ata 1292 e foi un dos principais asociados do rei.[152] Eduardo tamén substituíu os oficiais locais, como os recadadores e os shériffs.[153] Esta medida realizouna en preparación para unha grande investigación en todo o país pola que coñeceu as queixas polo abuso de poder dos oficiais reais. A investigación produciu os chamados "hundred rolls".[q]

O segundo propósito da investigación foi establecer que terras e dereitos da coroa se perderan durante o reinado de Henrique III.[154]

Os Hundred Rolls formaron a base dos posteriores procesos legais coñecidos como procedementos Quo warranto. O propósito destes procedementos foi o de establecer segundo que orde xudicial (en latín: Quo warranto) se acollían varias liberdades.[155] Se o demandado non obtiña unha licenza real para probar a súa liberdade, entón era a opinión da coroa –baseada nos escritos do experto legal do século XIII, Bracton– que a liberdade debía reverter ao rei. Tanto o estatuto de Westminster de 1275 como o de 1285 codificaron as leis existentes na Inglaterra da época.

Coa aprobación do estatuto de Gloucester en 1278 o rei puxo en cuestión os dereitos dos baróns a través do sistema de circuítos legais xerais –os xuíces ían en circuíto a través do país– e a través dun incremento significativo no número de peticións de quo warranto atendidas neses circuítos.

Penique coa efixie do rei Eduardo.
Penique de prata de Eduardo I.

Isto causou unha gran consternación entre a aristocracia, que insistía no uso das súas antigas licenzas.[156] En 1290 chegouse a un compromiso, segundo o cal considerábanse lexítimas as liberdades que foran exercidas desde a coroación de Ricardo I de Inglaterra en 1189.[157] As ganancias dos procesos Quo warranto para a coroa resultaron insignificantes e moi poucas liberdades regresaron ao rei.[158] Eduardo, pola súa banda, obtivera unha vitoria significativa, establecendo o principio de que todas as liberdades emanaban da coroa.[159]

O estatuto de Quo warranto de 1290 foi tan só parte dun esforzo lexislativo máis amplo, que foi unha das máis importantes contribucións do reinado de Eduardo.[160] Esta etapa de acción lexislativa, xa comezara cos movementos de reforma dos baróns: o estatuto de Marlborough de 1267 contiña elementos tanto das Provisións de Oxford como do Dictum de Kenilworth.[161] Á compilación dos Hundred Rolls seguiulle pouco despois a publicación do estatuto Westminster I, que confirmaba as prerrogativas reais e marcaba as restricións nas liberdades.[162] No Mortmain de 1279, tratáronse os subsidios de terra á igrexa.[163] A primeira cláusula do estatuto Westminster II, coñecida como De donis conditionalibus, trataba sobre o asentamento familiar da terra e as súas implicacións.[164]

O Estatuto dos Mercadores de 1285 establecía unha serie de ríxidas normas para a recuperación das débedas,[165] mentres que o de Winchester de 1285 trataba sobre como manter a paz a nivel local.[166]

O Quia emptores (1290) –publicado xunto o Quo warranto– establecía a forma de solucionar as disputas señoriais pola posesión das terras a través da alienación da propiedade mediante a subenfeudación.[167] Esta época dos grandes estatutos chegou ao seu fin coa morte de Robert Burnell en 1292.[168]

Finanzas, Parlamento e expulsión dos xudeus[editar | editar a fonte]

Ilustración do século XVI representando a Eduardo presidindo o Parlamento. A escena mostra a Alexandre III de Escocia e Llywelyn ap Gruffudd de Gales a ambos lados de Eduardo, o que nunca chegou a suceder.[169]

As frecuentes campañas militares de Eduardo supuxeron un duro golpe para as finanzas do país.[170] Había varias formas polas cales o rei podía recadar cartos para as súas guerras, incluíndo aranceis, préstamos e impostos aos laicos. En 1275 o rei negociou un acordo cunha comunidade de mercadores locais que aseguraba un imposto permanente sobre a la. En 1303, produciuse un acordo similar cos mercadores estranxeiros, a cambio de certos dereitos e privilexios.[171] Os ingresos destes aranceis foron xestionados polos Riccardi, un grupo de banqueiros de Lucca en Italia,[172] como agradecemento polos seus servizos como prestamistas á coroa, que axudou a financiar as guerras galesas. Cando estoupou a guerra con Francia, o rei francés confiscou os bens dos Riccardi, provocando a súa bancarrota.[173] Tras isto, os Frescobaldi de Florencia ocuparon o seu lugar como prestamistas á coroa inglesa.[174]

Outra fonte de ingresos para a coroa estaba representada polos xudeus de Inglaterra. Este grupo era unha propiedade persoal do rei quen, podía poñerlles impostos á súa vontade.[175] Para 1280, os xudeus foran explotados ata o nivel de que deixaron de ter utilidade económica para a coroa, pero aínda podían ser utilizados para as negociacións políticas.[176] Os seus negocios de usura –unha práctica prohibida para os cristiáns– provocaron que moita xente tivera débedas con eles e provocou un resentimento xeral na súa contra.[177] En 1275, Eduardo emitiu o Estatuto da Xudería, que prohibía a usura e animaba aos xudeus a ocupar outras profesións.[178] En 1279, nun contexto de represión sobre os cortadores de moedas, arrestou a todos os líderes das familias xudías e case 300 foron executados.[179] En 1280, ordenou a todos os xudeus atender a sermóns especiais, predicados por freires dominicos, coa esperanza de convencelos para que adoptaran o cristianismo, pero o seu intento fracasou.[180] O ataque final contra os xudeus de Inglaterra tivo lugar co Edicto de Expulsión de 1290, polo cal Eduardo expulsou formalmente a todos os xudeus de Inglaterra.[181] Isto non só provocou un aumento nos ingresos da coroa ao expropiar as propiedades xudías e os seus préstamos, senón que tamén aumentou o poder de Eduardo para negociar os impostos aos laicos no parlamento.[182][183] A expulsión, que non foi revocada ata 1656,[184] seguía un precedente estendido entre os demais monarcas europeos: Filipe II de Francia expulsara ao xudeus das súas terras en 1182, Xoán I da Bretaña, fixera o mesmo en 1239 e a finais da década de 1240, Lois IX de Francia, expulsou os xudeus das herdades reais antes da súa primeira viaxe ao leste.[181]

Eduardo convocou ao Parlamento con regularidade durante o seu reinado.[185] En 1295, porén, sucedeu un cambio significativo. Para este Parlamento, ademais dos señores seculares e eclesiásticos, uníronse dous cabaleiros de cada condado e dous representantes de cada municipio.[186] A representación dos comúns no Parlamento non era nova, o que resultaba unha novidade era a nova autoridade da que gozaron desde ese momento. Mentres que con anterioridade só se esperaba dos comúns que aceptasen as decisións previamente tomadas polos magnates, agora proclamouse que eles posuían a plena autoridade (plena potestas) das súas comunidades, para tomar decisións no Parlamento.[187] O rei agora contaba co apoio completo para recadar os subsidios aos laicos entre toda a poboación.[188][189][190]

Últimos anos, 1297–1307[editar | editar a fonte]

Crise constitucional[editar | editar a fonte]

As constantes guerras da década de 1290 supuxo unha gran carga financeira para súbditos de Eduardo. Mentres que ata 1294 só se impuxeron tres impostos aos laicos, entre 1294 e 1297 recadouse o imposto ata en catro ocasións, reunindo case 200 000 libras.[191] A isto houbo que sumar o aumento de confiscacións de bens, o embargamento de la e coiro, así como o impopular imposto da la.[192] As demandas fiscais do rei provocaron resentimento entre os súbditos que, acabou transformándose nunha seria oposición política. A resistencia inicial non foi consecuencia dos impostos aos laicos, senón aos subsidios clericais. En 1294, Eduardo exixiu unha subvención de case a metade dos ingresos do clero, provocando certa resistencia. O rei respondeu ameazando con declaralos proscritos e, finalmente logrou a subvención.[193] Nese tempo, o arcebispado de Canterbury estaba vacante, xa que Robert Winchelsey estaba en Italia para recibir a consagración.[194][r] Winchelsey regresou en xaneiro de 1295 e tivo que conceder outra subvención en novembro dese ano. Porén, en 1296 a súa posición cambiou cando recibiu a bula papal Clericis laicos. Esta bula prohibía ao clero pagar impostos ás autoridades laicas sen consentimento explícito do papa.[195] Cando o clero, coa escusa da bula, rexeitou pagar, Edudardo declarounos proscritos.[196] Winchelsey encontrábase co dilema entre a lealdade ao rei e a protección da bula papal, polo que decidiu dar liberdade ao clero de pagar se o vían necesario.[197] Para finais dese ano, o papa publicou unha nova bula, Etsi de statu, que permitía os impostos ao clero en caso de extrema necesidade.[198]

Eduardo
Por Deus, Señor conde, marche ou afórquese
Roger Bigod
Polo mesmo xuramento, oh rei, non marcharei nin me aforcarei

A oposición dos laicos tardou máis tempo en emerxer e baseouse en dous feitos: o dereito do rei de exixir o servizo militar, e o seu dereito de recadar impostos. No parlamento de Salisbury de 1297, Roger Bigod, conde de Norfolk, na súa capacidade como Mariscal de Inglaterra, obxectou os chamamentos reais para cumprir co servizo militar. Bigod afirmou que a obrigación militar só implicaba entrar en servizo xunto ao rei, e que se este tiña a intención de viaxar a Flandres non podía enviar aos seus súbditos a Gascuña.[200] En xullo, Bigod e Humphrey de Bohun, conde de Hereford e o Condestable de Inglaterra, anunciaron unha serie de queixas coñecidas como as Remonstrances, nas cales se deu voz ás obxeccións ao elevado nivel de impostos que había no momento.[201] Sen inmutarse, Eduardo exixiu outro subsidio aos laicos, que resultou ser especialmente provocativo, posto que o rei tan só tiña o consentimento dun pequeno grupo de magnates, en lugar dos representantes das comunidades no parlamento.[202] Mentres que o rei estaba en Winchelsea, preparándose para a campaña de Flandres, Bigod e Bohun acudiron ante o Exchequer para evitar a recadación do imposto.[203] Mentres o rei deixaba o país, o reino semellaba estar ao bordo dunha nova guerra civil.[204][205] A situación acabou resolvéndose trala derrota dos ingleses a mans dos escoceses na batalla da ponte de Stirling. A nova ameaza ao país deu ao rei e os magnates unha causa común.[206] Eduardo asinou a Confirmatio cartarum –unha confirmación da Carta Magna e a súa acompañante Carta do Bosque– e a nobreza accedeu, a cambio, a axudalo na campaña de Escocia.[207]

Reconstrución das estancias privadas de Eduardo I na Torre de Londres.
Imaxe de comezos do século XIV representando a Eduardo I (esquerda) proclamando ao seu fillo Eduardo (dereita) Príncipe de Gales.

Os problemas de Eduardo coa oposición non remataron coa campaña de Falkirk. Durante os seguintes anos estivo atado polas promesas que fixera, en particular pola Carta do Bosque.[s] No parlamento de 1301, o rei foi obrigado a ordenar unha valoración dos bosques reais, pero en 1305 obtivo unha bula papal que o liberaba desta concesión.[208] En última instancia, foi a falta de persoal o que provocou a fin da oposición a Eduardo. Bohun morreu en 1298, despois de regresar da campaña de Falkirk.[209] Mentres que Bigod, en 1301 chegou a un acordo co rei que resultou beneficioso para ambos: Bigod, que non tiña fillos, nomeou a Eduardo o seu herdeiro a cambio dun subsidio anual.[210] Finalmente Eduardo tivo a súa vinganza sobre Winchelsey en 1305, cando Clemente V foi elixido papa. Clemente era un gascón favorable ao rei e, a instancias do rei, expulsou a Winchelsey do seu posto como arcebispo de Canterbury.[211]

Regreso a Escocia[editar | editar a fonte]

A situación en Escocia parecía resolta cando Eduardo deixou o país en 1296, pero a resistencia emerxeu axiña baixo o liderado de William Wallace. O 1 de setembro de 1297, un grande exército inglés liderado por John de Warenne, conde de Surrey, e Hugh de Cressingham foi derrotado por unha pequena forza escocesa dirixida por Wallace e Andrew Moray na ponte de Stirling.[212] A derrota tivo un efecto inmediato en Inglaterra, onde se comezou a preparar a campaña de represalia inmediatamente. Eduardo dirixiuse ao norte tan pronto como regresou de Flandres.[213] O 22 de xullo de 1298, na única gran batalla na que participou dende a de Evesham en 1265, Eduardo derrotou as forzas de Wallace na batalla de Falkirk.[214] Porén, a pesar da vitoria, Eduardo non puido tomar vantaxe da súa vitoria, e ao ano seguinte os escoceses conseguiron conquistar o castelo de Stirling.[215] Aínda que Eduardo loitou en Escocia tanto en 1300, durante o asedio do castelo de Caerlaverock e en 1301, os escoceses rexeitaron volver a enfrontarse en campo aberto, preferindo atacar aos ingleses en grupos máis pequenos.[216]

Os escoceses apelaron ao papa Bonifacio VIII para que reclamase o señorío sobre Escocia en lugar dos ingleses. A bula papal dirixida a Eduardo cos termos foi rexeitada en nome do rei pola Carta dos Baróns de 1301. Os ingleses conseguiron someter ao país doutra forma. En 1303, asinouse o tratado de paz entre Inglaterra e Francia, rompendo así a alianza franco-escocesa.[217] Robert Bruce, cambiou ao bando inglés no inverno de 1301.[218] Para 1304, moitos dos demais nobres escoceses tamén se situaron no bando de Eduardo e, nese mesmo ano os ingleses conseguiron recuperar o castelo de Stirling.[219] En 1305, Wallace foi derrotado por parte de John de Menteith quen o levou ata Londres onde foi executado publicamente.[220] Con Escocia de novo baixo o control inglés, Eduardo colocou a ingleses e varios escoceses de confianza no goberno do país.[221]

A situación mudou de novo o 10 de febreiro de 1306, cando Robert Bruce asasinou o seu rival John Comyn e unhas poucas semanas despois, o 25 de marzo, coroouse Rei de Escocia con Isobel, a irmá do conde de Buchan.[222] Bruce lanzou nunha campaña para restaurar a independencia escocesa que tomou aos ingleses por sorpresa.[223] Eduardo non se encontraba ben de saúde nese momento e, no canto de comandar a expedición el mesmo, encomendou o mando a Aymer de Valence e Henry Percy, mentres que o exército real estivo dirixido polo Príncipe de Gales.[224] Os ingleses tiveron éxito ao comezo da campaña e o 19 de xuño Aymer de Valence derrotou a Bruce na batalla de Methven.[225] Bruce tivo que agocharse trala derrota, mentres que as forzas inglesas capturaron os territorios perdidos e os castelos.[226]

Eduardo respondeu con severidade contra os aliados e seguidores de Bruce. A irmá do escocés, Mary, foi colgada no interior dunha gaiola no castelo de Roxburgh durante catro anos. Isabella MacDuff, condesa de Buchan, quen coroou a Bruce, tivo a mesma sorte no castelo de Berwick. O irmán máis novo de Bruce, Neil foi executado polo método do aforcado, azorrado e desmembrado.[227][228]

Estaba claro que Eduardo percibiu a revolta non como unha guerra entre as dúas nacións, senón como unha supresión dunha rebelión de súbditos desleais.[229] Esta brutalidade coa que respondeu, no canto de axudar en conter aos escoceses, tivo o efecto contrario e supuxo un aumento no apoio a Bruce.[230]

Morte e legado[editar | editar a fonte]

Os restos de Eduardo I nunha ilustración realizada en 1774 cando se abriu a súa tumba.
Memorial do século XIX ao rei Eduardo en Burgh Marsh. Esta estrutura substituíu a unha anterior e segundo se cre, indica o punto exacto no que morreu.

En febreiro de 1307, Bruce reapareceu, comezou a reunir homes e, en maio, derrotou a Aymer de Valence na batalla de Loudoun Hill.[231] Eduardo, quen se unira un pouco, marchou cara ao norte. No camiño, porén, contraeu a disentería e a súa condición empeorou. O 6 de xullo acampou en Burgh by Sands, xusto ao sur da fronteira con Escocia. Cando os seus serventes acudiron á mañá seguinte para levantalo e darlle de comer, o rei morreu nos seus brazos.[232]

Xurdiron entón varias historias sobre os últimos desexos do rei. Segundo unha tradición, pediu que o seu corazón fose enterrado na Terra Santa, xunto a un exército para combater aos infieis. Outra historia, máis dubidosa, suxire que pediu que os seus ósos fosen levados en futuras expedicións contra os escoceses. A máis crible é, segundo os cronistas, a escena de Eduardo rodeado polos condes de Lincoln, Warwick, Aymer de Valence e Robert Clifford, aos que lles pediu que coidaran do seu fillo Eduardo. En particular, debían asegurarse de que Piers Gaveston non regresara ao país.[233] O seu desexo, porén, foi ignorado polo seu fillo quen axiña mandou chamar ao seu favorito de regreso do exilio.[234] O novo rei, permaneceu no norte ata agosto, cando abandonou a campaña e se dirixiu ao sur.[235] Eduardo II foi coroado rei o 25 de febreiro de 1308.[236]

O corpo do defunto rei foi levado ao sur e deixado na abadía de Waltham, antes de ser enterrado na abadía de Westminster o 27 de outubro.[237] Non hai moitos rexistros do funeral, que tivo un custo de 473 libras.[237] A tumba de Eduardo foi un sarcófago infrecuentemente liso de mármore de Purbeck, sen a habitual efixie real, posiblemente como consecuencia dos recortes nos fondos reais trala súa morte.[238] A Sociedade de Anticuarios de Londres abriu a tumba en 1774, encontrando o corpo ben preservado pese aos 467 anos transcorridos, e tiveron a oportunidade de determinar a altura real do monarca.[239][t] Aínda poden lerse os restos da inscrición en latín Edwardus Primus Scottorum Malleus hic est, 1308. Pactum Serva ("Aquí está Edward I, Martelo dos Escoceses, 1308. Mantén o Xuramento"), referíndose ao seu xuramento de vingar a rebelión de Robert Bruce.[240][241] Isto resultou en que Eduardo recibise o epíteto de Martelo dos Escoceses por parte dos historiadores, aínda que a súa orixe non é contemporánea xa que foi engadido polo abade John Feckenham durante o século XVI.[242][241]

Historiografía[editar | editar a fonte]

O bispo William Stubbs, na súa obra Constitutional History (1873–78), resaltou a contribución de Eduardo I á constitución inglesa.

As primeiras historias sobre Eduardo nos séculos XVI e XVII baseáronse principalmente no traballo dos cronistas e apenas fixeron uso dos rexistros oficias da época.[243] Estas historias limitáronse a facer comentarios xerais sobre a importancia de Eduardo como monarca e facíanse eco das alabanzas dos cronistas sobre os seus logros.[243][244] Durante o século XVII, o xurista Edward Coke escribiu longo sobre a lexislación de Eduardo, alcumando ao rei como o Xustiniano inglés, en honra ao emperador bizantino.[245] A finais dese século, os historiadores comezaron a usar os rexistros existentes para describir o papel do parlamento e o reinado sobre Eduardo, establecendo comparacións entre o seu goberno e a situación política do seu propio século.[246] Os historiadores do século XVIII describiron a Eduardo como un home capaz, rudo e condicionado polas circunstancias da época.[247]

O historiador William Stubbs pola súa banda, suxeriu que Eduardo lle deu forma a historia nacional, lexislando as leis inglesas e as súas institucións, así como axudando a establecer o sistema parlamentario e a monarquía constitucional.[248][249] As súas fortalezas e debilidades como gobernante eran consideradas emblemáticas polo pobo inglés en xeral.[250] Thomas Tout —discípulo de Stubbs— inicialmente adoptou a mesma perspectiva, pero despois dunha ampla investigación sobre a casa real de Eduardo, co apoio dos traballos dos seus contemporáneos sobre os primeiros parlamentos da época, cambiou de parecer.[251] Tout chegou a ver a Eduardo como un líder conservador interesado en si mesmo, que usou o sistema parlamentario como «o astuto enxeño dun autócrata, ansioso por usar á masa do pobo coma un freo aos seus inimigos hereditarios entre os grandes baróns».[252][253]

Os historiadores nos séculos XX e XXI levaron a cabo unha extensa investigación sobre Eduardo e o seu reinado.[254] A maioría concluíu que este foi un período altamente significativo na historia medieval inglesa. Algúns foron máis aló e describiron a Eduardo como un dos grandes reis medievais, aínda que maioría tamén coincide en que os seus últimos anos tiveron menor éxito cas súas primeiras décadas no poder.[255][256][257][258][259][260][261][u] Producíronse tres importantes narracións académicas de Eduardo durante este período.[265][254][266] Os volumes de Frederick Powicke —publicados en 1947 e 1953— influíron nas obras sobre Eduardo durante varias décadas e foron, en gran medida, positivas ao eloxiar os logros do seu reinado, en particular o seu enfoque na xustiza e na lei.[267][250][259] En 1988, Michael Prestwich produciu unha biografía autorizada do rei inglés, centrándose na súa carreira política, aínda que retratándoo en termos comprensivos, pero destacando algunhas das consecuencias das súas políticas fracasadas.[268][269][270][271] A biografía de 2008 por Marc Morris presentou máis detalles da personalidade de Eduardo, tomando unha visión máis seria das debilidades do rei inglés e as características menos agradables.[272][254][273]

Familia e descendentes[editar | editar a fonte]

Primeiro matrimonio[editar | editar a fonte]

Xunto a súa primeira muller, Leonor de Castela, Eduardo tivo polo menos catorce fillos, incluso pode que ata dezaseis. De todos eles, tan só 5 fillas sobreviron ata a idade adulta, e un só un fillo sobreviviu ao seu pai, Eduardo.[274] Deste matrimonio naceron:

  • Xoán (13 de xullo de 1266 – 3 de agosto de 1271), morreu Wallingford mentres estaba baixo a custodia do seu tio avó Ricardo, conde de Cornualla.
  • Henrique (6 de maio de 1268 – 14 de outubro de 1274).
  • Afonso (24 de novembro de 1273 – 19 de agosto de 1284)
  • Fillo sen nome (1280/81 – 1280/81), hai poucas probas da súa existencia.
  • Eduardo II (25 de abril de 1284 – 21 de setembro de 1327), sucesor do seu pai no trono de inglés. Casou en 1308 con Isabel de Francia, con quen tivo catro fillos.

Eduardo e Leonor tiveron as seguintes fillas:

  • Filla sen nome (maio 1255 – 29 de maio de 1255), naceu morta ou morreu pouco despois.
  • Catarina (antes do 17 de xuño de 1264 – 5 de setembro de 1264).
  • Xoana (1265 – antes do 7 de setembro de 1265).
  • Leonor (c. 18 de xuño de 1269 – 19 de agosto de 1298), en 1293 casou con Henrique III, conde de Bar, con quen tivo dous fillos.
  • Xuliana (despois de maio de 1271 – 5 de setembro de 1271), morreu mentres os seus pais estaban en Acre.
  • Xoana de Acre (1272 – 23 de abril de 1307), casou (1) en 1290 con Gilbert de Clare, quen morreu en 1295, e (2) en 1297 con Ralph de Monthermer. Tivo catro fillos con Clare, e tres ou catro con Monthermer.
  • Margarida (c.15 de marzo de 1275 – despois do 11 de marzo de 1333), casou con Xoán II de Brabante en 1290, con quen tivo un fillo.
  • Berengaria (maio 1276 – entre 7 de xuño de 1277 e 1278).
  • Filla sen nome (decembro de 1277 – xaneiro de 1278).
  • Mary de Woodstock (11/12 de marzo de 1279 – 29 de maio de 1332), monxa beneditina.
  • Isabel de Rhuddlan (c. 7 de agosto de 1282 – 5 de maio de 1316), casou (1) en 1297 con Xoán I, conde de Holanda, (2) en 1302 Humphrey de Bohun, Conde de Hereford. Tivo dez fillos con Bohun.

Segundo matrimonio[editar | editar a fonte]

Con Margarida de Francia Eduardo tivo dous fillos que viviron ata a idade adulta e unha filla que morreu durante a infancia:

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As fontes tan só indican que naceu a noite entre o 17 e o 18 de xuño polo que se descoñece a data exacta do seu nacemento.[6]
  2. Os números regnais non adoitaban utilizarse en tempos de Eduardo; como foi o primeiro rei posterior á conquista en levar o nome,[8] a xente referíase a el simplemente como o "Rei Eduardo" ou o "Rei Eduardo, fillo do Rei Henrique". Tan só despois da sucesión do seu primeiro fillo e despois o seu neto, ambos chamados tamén Eduardo, cando se comezou a engadir o numeral para diferencialos.[7]
  3. A nai de Henrique III, Isabel de Angulema casou con Hugo X de Lusignan tras a morte de Xoán.[21]
  4. Este era Gilbert de Clare, fillo do xa mencionado Richard de Clare.[37]
  5. O Dictum restaurou a terra dos rebeldes desherdados, a cambio dunha multa polo seu envolvemento nas guerras.[43]
  6. A Oitava Cruzada foi a campaña de Lois IX en Tunisia, mentres que a Novena Cruzada foi a expedición de Eduardo á Terra Santa. Ás veces considéranse como a mesma Cruzada
  7. Isto significaba a concesión dun 1/20 de todos os bens mobles.
  8. A enfermidade en cuestión pode tratarse de disentería ou o tifo.[52]
  9. A anécdota da raíña Leonor salvando a vida de Eduardo succionando o veleno da súa ferida é unha invención posterior.[61] Outras fontes da escena suxiren que a raíña foi vista chorando xunto a John de Vescy, e suxiren que foi un dos amigos máis próximos de Eduardo, Otto de Grandson, quen tratou de succionar o veleno da ferida.[60]
  10. Aínda quen non existen probas escritas, suxeriuse que esta medida foi acordada antes de que marchara á Cruzada.[64]
  11. Como Teobaldo Visconti, arquidiácono de Liexa, Gregorio X acompañara a Eduardo na Novena Cruzada. O 25 de xuño de 1273, o rei Eduardo visitou Saint-Georges-d'Esperanche para que o seu sobriño-neto Filipe I de Savoia lle rendera homenaxe en cumprimento dun acordo previo. Foi aquí onde coñeceu ao home que construiría os seus castelos en Gales e Escocia, James of Saint George.
  12. O posto de Lancaster foi ocupado por Payne de Chaworth ata abril.[73]
  13. O título de Príncipe de Gales pasou a ser o tradicional do herdeiro ao trono inglés. O príncipe Eduardo non foi o herdeiro aparente ao trono no momento de nacer, porén pasou a selo trala morte do seu irmán Alfonso en 1284.[103]
  14. Prestwich estima que o custo total da guerra foi de 400 000 libras.[115]
  15. O nome é unha invención do século XVIII.[123]
  16. Aínda que o principio de primoxenitura non era necesario para os descendentes a través da liña feminina, hai algunhas dúbidas sobre se as reclamacións de Balliol eran as máis fortes.[129]
  17. Os poucos documentos que sobreviviron dos "hundred rolls" mostran a grandeza do proxecto. Foron amplamente estudados en:Helen Cam (1963). The Hundred and the Hundred Rolls: An Outline of Local Government in Medieval England (New ed.). London: Merlin Press. .
  18. A consagración de Winchelsey foi posposta debido ao prolongado conclave para elixir ao novo papa.[194]
  19. O texto completo da Carta, xunto con información adicional, pode atoparse en:Jones, Graham. "The Charter of the Forest of King Henry III". St John's College, Oxford. Consultado o 17 de xuño de 2018 2018. .
  20. O rexistro orixinal pode atoparse en Ayloffe, J. (1786). "An Account of the Body of King Edward the First, as it appeared on opening his Tomb in the year 1774". Archaeologia iii: 386, 398–412. .
  21. G. Templeman argumentou no seu ensaio historiográfico de 1950 que «polo xeral se recoñece que Eduardo I merece un lugar destacado na historia medieval de Inglaterra».[262] Máis recentemente, Michael Prestwich opinou que «Eduardo foi un rei formidable, o seu reinado, cos seus éxitos e decepcións, algo grande» e foi «sen dúbida un dos máis grandes gobernantes do seu tempo»,[256][263] mentres que John Gillingham suxeríu que «ningún rei de Inglaterra tivo un maior impacto sobre os pobos da Gran Bretaña que Eduardo I» e que «os historiadores modernos do Estado inglés [...] sempre recoñeceron o reinado de Eduardo I como fundamental».[258] Fred Cazel tamén comentou que «ninguén pode dubidar da grandeza do reinado».[259] Andrew Spencer coincidiu con Prestwich en que o reinado de Eduardo «foi de feito [...] un excelente»;[264] Caroline Burt afirmou que «Eduardo foi sen dúbida un dos mellores reis que gobernou Inglaterra».[250]
Referencias
  1. Burt 2013, p. 75.
  2. 2,0 2,1 Carpenter 1985.
  3. Lloyd 1986.
  4. Powicke 1947.
  5. Morris 2009, p. 22.
  6. 6,0 6,1 Morris 2009, p. 2.
  7. 7,0 7,1 Carpenter, David (2007). "King Henry III and Saint Edward the Confessor: the origins of the cult". English Historical Review. cxxii (498): 865–91. doi:10.1093/ehr/cem214. 
  8. Morris 2009, pp. xv–xvi.
  9. Prestwich 1997, p. 6.
  10. Prestwich 1997, pp. 46, 69.
  11. 11,0 11,1 Prestwich 1997, pp. 5–6.
  12. 12,0 12,1 Prestwich 2007, p. 177.
  13. Morris 2009, pp. 14–18.
  14. Morris 2009, p. 20.
  15. Prestwich 1997, p. 10.
  16. Prestwich 1997, pp. 7–8.
  17. Prestwich 1997, pp. 11–14.
  18. Prestwich 2007, p. 96.
  19. Morris 2009, p. 7.
  20. Prestwich 1997, pp. 22–23.
  21. Prestwich 1997, p. 21.
  22. Prestwich 2007, p. 95.
  23. Prestwich 1997, pp. 15–16.
  24. Prestwich 1997, pp. 31–32.
  25. Prestwich 1997, pp. 32–33.
  26. Morris 2009, pp. 44–45.
  27. Prestwich 1997, p. 34.
  28. Powicke 1962, pp. 171–172.
  29. Maddicott 1994, p. 225.
  30. Powicke 1962, pp. 178.
  31. Prestwich 1997, p. 41.
  32. Prestwich 2007, p. 113.
  33. Prestwich 1997, pp. 42–43.
  34. Sadler 2008, pp. 55–69.
  35. Maddicott 1983, pp. 592–599.
  36. Prestwich 1997, pp. 47–48.
  37. Prestwich 1997, pp. 48–49.
  38. Prestwich 1997, pp. 49–50.
  39. Powicke 1962, pp. 201–202.
  40. Sadler 2008, pp. 105–109.
  41. Morris 2009, pp. 75–76.
  42. Prestwich 1997, p. 55.
  43. 43,0 43,1 Prestwich 2007, p. 117.
  44. Prestwich 2007, p. 121.
  45. Prestwich 1997, p. 63.
  46. Morris 2009, pp. 83, 90–92.
  47. 47,0 47,1 Prestwich 1997, p. 71.
  48. 48,0 48,1 Prestwich 1997, p. 72.
  49. Maddicott 1989, pp. 107–110.
  50. Morris 2009, p. 92.
  51. Riley-Smith 2005, p. 210.
  52. 52,0 52,1 Riley-Smith 2005, pp. 210–211.
  53. Riley-Smith 2005, p. 211.
  54. Prestwich 1997, p. 75.
  55. Morris 2009, p. 95.
  56. Prestwich 1997, p. 76.
  57. Avner Falk, Franks and Saracens: Reality and Fantasy in the Crusades, Jul 2010, p. 192
  58. Morris 2009, pp. 97–98.
  59. Prestwich 1997, p. 77.
  60. 60,0 60,1 Morris 2009, p. 101.
  61. Prestwich 1997, p. 78.
  62. Prestwich 1997, pp. 78, 82.
  63. Prestwich 1997, p. 82.
  64. 64,0 64,1 Morris 2009, p. 104.
  65. Carpenter 2004, p. 466.
  66. Powicke 1962, p. 226.
  67. Carpenter 2004, p. 386.
  68. Morris 2009, p. 132.
  69. Davies 2000, pp. 322–323.
  70. Prestwich 1997, p. 175.
  71. Prestwich 1997, pp. 174–175.
  72. Davies 2000, p. 327.
  73. 73,0 73,1 73,2 Powicke 1962, p. 409.
  74. Prestwich 2007, p. 150.
  75. 75,0 75,1 Prestwich 2007, p. 151.
  76. Powicke 1962, p. 413.
  77. Davies, Rees (1984). "Law and national identity in thirteenth century Wales". Welsh Society and Nationhood. Cardiff: University of Wales Press. pp. 51–69. ISBN 0-7083-0890-2. 
  78. Prestwich 1997, p. 188.
  79. Davies 2000, p. 348.
  80. Morris 2009, p. 180.
  81. Prestwich 1997, pp. 191–192.
  82. Davies 2000, p. 353.
  83. Carpenter 2004, p. 510.
  84. Prestwich 1997, pp. 218–220.
  85. Carpenter 2004, p. 511.
  86. Davies 2000, p. 368.
  87. Prestwich 1997, p. 216.
  88. Lilley 2010, pp. 104–106.
  89. Coldstream 2010, pp. 39–40.
  90. Prestwich 1997, p. 160.
  91. Brears 2010, p. 86.
  92. Cathcart King 1988, p. 84.
  93. Cathcart King 1988, p. 83.
  94. Friar 2003, p. 77.
  95. Prestwich 2010, p. 6.
  96. Wheatley 2010, pp. 129, 136.
  97. Phillips 2011, pp. 35–36.
  98. Haines 2003, p. 3.
  99. Phillips 2011, p. 36.
  100. Haines 2003, pp. 3–4.
  101. 101,0 101,1 Phillips 2011, pp. 85–87.
  102. Phillips, J. R. S. (2008). "Edward II (Edward of Caernarfon) (1284–1327), king of England and lord of Ireland, and duke of Aquitaine". Oxford Dictionary of National Biography, online edition. Oxford, UK: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/8518. 
  103. Prestwich 1997, pp. 126–127.
  104. Prestwich 1997, pp. 326–328.
  105. Powicke 1962, pp. 252–253.
  106. Prestwich 1997, pp. 323–325.
  107. Prestwich 1997, p. 329.
  108. Prestwich 1997, p. 304.
  109. Morris 2009, pp. 204–217.
  110. Morris 2009, pp. 265–270.
  111. Morris 2009, pp. 230–231.
  112. Prestwich 1997, pp. 395–396.
  113. Prestwich 1997, pp. 387–390.
  114. Prestwich 1997, p. 392.
  115. 115,0 115,1 Prestwich 1972, p. 172.
  116. Carpenter 2004, p. 518.
  117. Prestwich 1997, p. 357.
  118. Barrow 1965, pp. 3–4.
  119. Prestwich 1997, p. 361.
  120. Morris 2009, p. 235.
  121. Barrow 1965, p. 42.
  122. Morris 2009, p. 237.
  123. 123,0 123,1 Morris 2009, p. 253.
  124. Prestwich 2007, p. 231.
  125. Powicke 1962, p. 601.
  126. Prestwich 1997, pp. 361–363.
  127. Barrow 1965, p. 45.
  128. Prestwich 1997, p. 365.
  129. 129,0 129,1 Prestwich 1997, pp. 358, 367.
  130. Prestwich 1997, p. 370.
  131. Prestwich 1997, p. 371.
  132. Barrow 1965, pp. 86–8.
  133. Barrow 1965, pp. 88–91, 99.
  134. Barrow 1965, pp. 99–100.
  135. Prestwich 1997, pp. 471–473.
  136. Prestwich 1997, pp. 473–474.
  137. Prestwich 1997, p. 376.
  138. Prestwich 1997, p. 552.
  139. Prestwich 1997, p. 24.
  140. Prestwich 1997, p. 559.
  141. Prestwich 2003, pp. 37–38.
  142. Prestwich 2003, pp. 33–34.
  143. Prestwich 1997, pp. 112–113.
  144. Raban 2000, p. 140.
  145. Prestwich 2003, p. 34.
  146. Morris 2009, p. 192.
  147. 147,0 147,1 Prestwich 1997, pp. 120–121.
  148. Loomis 1953, pp. 125–127.
  149. Morris 2009, pp. 164–166.
  150. Prestwich 1997, pp. 121–122.
  151. Morris 2009, pp. 116–117.
  152. Prestwich 1997, p. 92.
  153. Prestwich 1997, p. 93.
  154. Morris 2009, p. 115.
  155. Sutherland 1963, pp. 146–147.
  156. Sutherland 1963, p. 14.
  157. Powicke 1962, pp. 378–379.
  158. Sutherland 1963, p. 188.
  159. Sutherland 1963, p. 149.
  160. Prestwich 1997, p. 267.
  161. Brand, Paul (2003). Kings, Barons and Justices: The Making and Enforcement of Legislation in Thirteenth-Century England. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-37246-1. 
  162. Plucknett 1949, pp. 29–30.
  163. Plucknett 1949, pp. 94–98.
  164. Prestwich 1997, p. 273.
  165. Plucknett 1949, pp. 140–144.
  166. Prestwich 1997, pp. 280–1.
  167. Plucknett 1949, pp. 45, 102–104.
  168. Prestwich 1997, p. 293.
  169. Prestwich 1997, p. plate 14.
  170. Harriss 1975, p. 49.
  171. Brown 1989, pp. 65–66.
  172. Prestwich 1997, pp. 99–100.
  173. Brown 1989, pp. 80–81.
  174. Prestwich 1997, p. 403.
  175. Prestwich 1997, p. 344.
  176. Prestwich 1997, pp. 344–345.
  177. Morris 2009, p. 86.
  178. Powicke 1962, p. 322.
  179. Morris 2009, pp. 170–171.
  180. Morris 2009, p. 226.
  181. 181,0 181,1 Morris 2009, pp. 226–228.
  182. Prestwich 1997, p. 345.
  183. Powicke 1962, p. 513.
  184. Prestwich 1997, p. 346.
  185. Powicke 1962, p. 342.
  186. Brown 1989, p. 185.
  187. Harriss 1975, pp. 41–42.
  188. Brown 1989, pp. 70–71.
  189. Brown 1989, p. 71.
  190. Morris 2009, pp. 283–284.
  191. Prestwich 1972, p. 179.
  192. Harriss 1975, p. 57.
  193. Prestwich 1997, pp. 403–404.
  194. 194,0 194,1 Powicke 1962, p. 671.
  195. Powicke 1962, p. 674.
  196. Powicke 1962, p. 675.
  197. Prestwich 1997, p. 417.
  198. Prestwich 1997, p. 430.
  199. Harry Rothwell, ed. (1957). The chronicle of Walter of Guisborough 89. London: Camden Society. pp. 289–90.  Citado en Prestwich 1997, p. 416
  200. Prestwich 1972, p. 251.
  201. Harriss 1975, p. 61.
  202. Prestwich 1997, p. 422.
  203. Powicke 1962, p. 682.
  204. Prestwich 1997, p. 425.
  205. Powicke 1962, p. 683.
  206. Prestwich 1997, p. 427.
  207. Prestwich 2007, p. 170.
  208. Prestwich 1997, pp. 525–526, 547–548.
  209. Powicke 1962, p. 697.
  210. Prestwich 1997, pp. 537–538.
  211. Prestwich 2007, p. 175.
  212. Barrow 1965, pp. 123–126.
  213. Powicke 1962, pp. 688–689.
  214. Prestwich 1997, p. 479.
  215. Watson 1998, pp. 92–93.
  216. Prestwich 2007, p. 233.
  217. Prestwich 2007, p. 497.
  218. Prestwich 2007, p. 496.
  219. Powicke 1962, pp. 709–711.
  220. Watson 1998, p. 211.
  221. Powicke 1962, pp. 711–713.
  222. Barrow 1965, pp. 206–207, 212–213.
  223. Prestwich 2007, p. 506.
  224. Prestwich 1997, pp. 506–507.
  225. Barrow 1965, p. 216.
  226. Prestwich 1997, pp. 507–508.
  227. Education Scotland, "Elizabeth de Burgh and Marjorie Bruce" Arquivado 11 de xullo de 2015 en Wayback Machine., Education Scotland (a Scottish government agency, "the national body in Scotland for supporting quality and improvement in learning and teaching"). Consultado o 11 de xullo de 2015.
  228. David Cornell, "Bannockburn: The Triumph of Robert the Bruce", Yale University Press,, 2009. Consultado o 11 de xullo de 2015.
  229. Prestwich 1997, pp. 508–509.
  230. Prestwich 2007, p. 239.
  231. Barrow 1965, p. 244.
  232. Prestwich 1997, pp. 556–557.
  233. Prestwich 1997, p. 557.
  234. Morris 2009, p. 377.
  235. Barrow 1965, p. 246.
  236. Prestwich 2007, p. 179.
  237. 237,0 237,1 Duffy 2003, p. 96.
  238. Duffy 2003, pp. 96–98.
  239. Prestwich 1997, pp. 566–567.
  240. Morris 2009, p. 378.
  241. 241,0 241,1 Duffy 2003, p. 97.
  242. Prestwich 1997, p. 566.
  243. 243,0 243,1 Templeman 1950, pp. 16–18.
  244. Morris 2009, pp. 364–365.
  245. Templeman 1950, p. 17.
  246. Templeman 1950, p. 18.
  247. Templeman 1950, pp. 21–22.
  248. Stubbs 1880.
  249. Templeman 1950, p. 22.
  250. 250,0 250,1 250,2 Burt 2013, p. 2.
  251. Templeman 1950, p. 25-26.
  252. Templeman 1950, p. 25.
  253. Tout 1920, p. 190.
  254. 254,0 254,1 254,2 Burt 2013, p. 1.
  255. Templeman 1950, p. 16.
  256. 256,0 256,1 Prestwich 1997, p. 567.
  257. Prestwich 2003, p. 38.
  258. 258,0 258,1 Gillingham, John (11 de xullo de 2008). "Hard on Wales". Times Literary Supplement (en inglés). Londres: Galegroup. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  259. 259,0 259,1 259,2 Cazel, Fred A, Jr (1991). Edward I, by Michael Prestwich. Speculum (en inglés) 66 (Chicago: Medieval Academy of America/University of Chicago Press). pp. 225–227. ISSN 0038-7134. JSTOR 2864011. OCLC 5552832747. doi:10.2307/2864011. 
  260. Spencer 2014, p. 265.
  261. Burt 2013, p. 1-3.
  262. Templeman 1950, p. 16-17.
  263. Prestwich 2003, p. 38-39.
  264. Spencer 2014, p. 264.
  265. Morris 2009, p. viii.
  266. Spencer 2014, p. 4.
  267. Powicke 1962, p. 2.
  268. Prestwich 1997.
  269. Denton 1989, p. 982.
  270. Cazel 1991, p. 225.
  271. Carpenter 2004, p. 566.
  272. Morris 2009, p. 9.
  273. Goldsmith, Jeremy (xaneiro de 2009). A great and terrible king: Edward I and the forging of Britain. Reviews in History (en inglés) (Londres: Institute of Historical Research, University of London). ISSN 1749-8155. OCLC 221195103. 
  274. Powicke 1962, p. 719.
  275. Waugh, Scott L. (2004). "Thomas, 1st Earl of Norfolk (1300–1338)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford, UK: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/27196. 
  276. Waugh, Scott L. (2004). "Edmund, first earl of Kent (1301–1330)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford, UK: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/8506. 
  277. Parsons, John Carmi (2008). "Margaret (1279?–1318)". Oxford Dictionary of National Biography, online edition. Oxford, UK: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/18046. 
  278. "King Edward I of England". gw.geneanet.org. Consultado o 15 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Eduardo I de Inglaterra
Nacemento: 17 de xuño de 1239 Falecemento: 7 de xullo de 1307


Títulos Reais
Precedido por
Henrique III


Rei de Inglaterra
Duque de Aquitania
Señor de Irlanda

1272–1307
Sucedido  por
Eduardo II
Duque de Gascuña
1249–1307
Precedido por
Xoana


Condado de Ponthieu
1279–1290
xunto con Leonor