Alba de Groria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

"Alba de Groria" é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 no Centro Gallego de Buenos Aires.

Significación[editar | editar a fonte]

Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e o talle histórico do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.

A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ás arelas do nacionalismo galego.

Os dous primeiros parágrafos xa foran escritos un ano antes e forman parte do cap. I do cuarto libro de Sempre en Galiza. Lembraba así Castelao o discurso que pronunciara Ramón Otero Pedrayo "nun teatro de Vigo, van alá dezaseis anos".

O Consello da Cultura Galega organiza unha exposición sobre el en 2018.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]