Saltar ao contido

Nadia Comăneci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nadia Comaneci»)
Modelo:BiografíaNadia Comăneci

Nadia Comăneci en setembro de 2010.
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Onești, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura163 cm Editar o valor en Wikidata
Peso60 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosMarrón claro Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelos castaños claros Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta artística Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata - 1981 Editar o valor en Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor en Wikidata
Adestrado porBéla Károlyi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1980gymnastics at the 1980 Summer Olympics – women's balance beam (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980gymnastics at the 1980 Summer Olympics – women's artistic individual all-around (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1980gymnastics at the 1980 Summer Olympics – women's floor (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - Solo feminino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1976Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - Individual geral feminino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976gymnastics at the 1976 Summer Olympics – women's balance beam (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1976gymnastics at the 1976 Summer Olympics – women's uneven bars (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBart Conner (1996–) Editar o valor en Wikidata
ParellaBart Conner Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Great Women Athletes of the 20th Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webbartandnadia.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0173536 Twitter: nadiacomaneci10 Instagram: comaneci10 BNE: XX1230050 Olympic.org: nadia-comaneci WikiTree: Comăneci-2 Editar o valor en Wikidata

Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti[1] o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística. Segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo e unha das grandes atletas de todos os tempos.

Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi. Na súa carreira gañou 9 medallas olímpicas, 5 delas de ouro, e foi a primeira ximnasta en conseguir un 10 (execución perfecta) en ximnasia artística nuns Xogos Olímpicos. Amais, conseguiu 4 medallas mundiais e 12 europeas. Xunto coa rusa Svetlana Khorkina, Nadia é posuidora do tricampionato do individual xeral continental, amais de ser bicampioa olímpica na barra de equilibrio. No que respecta aos campionatos nacionais, aínda posúe o pentacampionato do concurso xeral.

Dende que deixou a vida de atleta profesional, Comăneci continuou involucrada no deporte. É membro dalgunhas asociacións e federacións, fundadora dunha institución filantrópica e colaboradora noutras tanto en Romanía como nos Estados Unidos. Colabora coa revista International Gymnast, unha das publicacións máis importantes da ximnasia, xunto co seu marido, o tamén ximnasta retirado Bart Conner. Polas súas notas e conquistas, é considerada unha das maiores ximnastas da modalidade de todos os tempos. Fuxida do réxime comunista de Romanía, afincouse nos Estados Unidos e tornouse cidadá do país. Alí tivo o seu único fillo, Dylan, e abriu un ximnasio e unha empresa de equipamentos ximnásticos que produce unha liña de roupa.

Entre os recoñecementos persoais conta coa dobre Orde Olímpica. Cando lle foi entregada a primeira era a atleta máis nova en conseguir tal distinción. Foi elixida como unha das cen mulleres máis importantes do século XX. Desde 1993 figura no International Gymnastics Hall of Fame, no cal foi a segunda inserida dende a súa inauguración. Foi elixida polo líder comunista romanés Nicolae Ceauşescu como unha "heroína do traballo socialista", a máis nova en conseguilo. Tamén foi elixida en Romanía a atleta máis importante do país nunha votación realizada en 2006. En 2007 foi escollida polo público como a celebridade máis confiable da nación. Foi elixida a mellor atleta do século XX polo xornal portugués Mundo Desportivo e recibiu da World Records Academy o título de recordista mundial na súa modalidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nadia naceu en Onești, unha pequena cidade nos Cárpatos romaneses, o 12 de novembro de 1961, filla de Gheorghe Comăneci, mecánico de coches, e Ştefania Alexandrina, ama de casa.[2] Os pais separáronse nos anos 1970 e o pai trasladouse posteriormente a Bucarest.[3] Comăneci creceu na República Socialista de Romanía, cando o país se encontraba baixo un réxime gobernamental unipartidista de ideoloxía marxista-leninista.[4] Aínda que era un aliado soviético durante a guerra fría (entre 1947 e 1989), non formaba parte da Unión Soviética.[5] Ela e seu irmán máis novo, Adrina, criáronse na fe da Igrexa ortodoxa romanesa.[6] O seu nome procede do diminutivo ruso de Nadiejda e significa esperanza. Segundo a súa nai, durante o embarazo viu un filme no que a protagonista se chamaba Nadia e decidiu que a súa filla tamén se chamaría así.[7] Nadia viviu coa súa familia nun pequeno apartamento de Onești. Moi activa durante a súa infancia, gustáballe tanto saltar que rompeu os resortes de catro sofás da casa.[7][8]

Comăneci comezou a practicar ximnasia nunha escola local cun equipo chamado Flacăra ("A Chama"), cos adestradores Duncan e Munteanu.[9] Unha vez, xogando á ximnasia cunha amiga no patio da escola, foi vista por Béla Károlyi mentres facía rodas. Ao achegarse a falar coas nenas escoitou tocar o sinal e estas entraron no colexio. Insatisfeito, entrou na escola, e foi clase por clase buscando as dúas rapazas. Na terceira clase na que entrou, encontrounas e convenceunas para que fixeran a proba para adestrar. Nadia camiñou pola barra de equilibrio, un aparello ao cal as nenas tiñan medo, saltou e cumpriu os requisitos para iniciar os seus adestramentos aos 6 anos de idade.[10][11] Nunha ocasión, o adestrador declarou que Nadia era a pupila perfecta:[7]

Ela non coñece o medo.

Nunha entrevista en 2011, a nai de Nadia, Ştefania, dixo que inscribira á súa filla en clases de ximnasia porque era unha nena activa e chea de enerxía, difícil de manexar.[12]

Romanía júnior

[editar | editar a fonte]
Teodora Ungureanu, Béla Károlyi e Nadia Comăneci nos anos 1970.

Comăneci comezou a adestrar con Károlyi cando tiña 7 anos, en 1968. Foi unha das primeiras alumnas da escola de ximnasia que Béla e a súa muller Márta, daquela considerados os preparadores máis célebres do país e responsables do equipo nacional romanés, fundaron en Onești.[13][14] Ao contrario do que ocorría con moitas outras alumnas da escola, Comăneci podía ir a diario á súa casa durante moitos anos, xa que vivía na cidade.[14] Durante este período, pasou a adestrar seis días á semana, catro horas ao día. A nena era a primeira en chegar, quecer, practicar e mellorar intensamente os mesmos movementos. Xa apta para competir, en 1969 participou no seu primeiro campionato nacional en categoría júnior, onde finalizou na 13ª posición, sendo a ximnasta máis nova en conseguir ese posto.[8][15] Con todo, ao ano seguinte xa conseguira gañar a competición.[16] Tan só un ano despois, en 1971, chegou o primeiro triunfo internacional da ximnasta romanesa, na Copa da Amizade disputada en Bulgaria, aínda que non sería ata o ano seguinte cando os técnicos de todo o mundo fixáronse nela logo de conseguir, con tan só once anos, dúas medallas de ouro na Copa das Esperanzas Olímpicas disputada na capital búlgara.[13] Previamente ese ano, debutara nunha competición internacional, un encontro júnior dobre entre Romanía e Iugoslavia, gañando o título xeral e axudou ao seu equipo a gañar o ouro. Durante os anos seguintes competiu como júnior en numerosos campionatos nacionais no seu país e encontros dobres con países como Hungría, Italia, e Polonia.[17] En 1973, con 11 anos, gañou o ouro no concurso xeral, así como o poldro, e as barras asimétricas, no Torneo da Amizade Júnior disputado en Druzhba, unha importante reunión internacional para ximnastas de categoría júnior.[17][18]

O maior éxito internacional de Comăneci chegou en 1975, cando tiña 13 anos, cando estivo a piques de arrasar no Campionato de Europa celebrado en Skien (Noruega). Alí gañou o concurso xeral logo de superar á multimedallista Ludmilla Tourischeva,[7] así como as medallas de todos os aparellos coa excepción do solo, no que finalizou segunda, sendo superada pola soviética Nellie Kim.[19] Cómpre lembrar que logo da segunda guerra mundial, Romanía convertérase nun país satélite da Unión Soviética e non estaba ben visto en Moscova que atletas non soviéticos destacaran tanto e con tanta diferenza respecto das ximnastas "oficiais" do réxime, feito que provocou máis dun problema con Nadia e o seu equipo durante a súa carreira.[13]

Ese mesmo ano, a ximnasta tamén competiu no Champions All e conquistou unha medalla de ouro no concurso xeral. Xa no Campionato Nacional Romanés, conquistou as medallas de ouro no individual xeral, no salto, na barra e nas barras asimétricas.[15] No solo, de novo finalizou na segunda posición. 1975 tamén foi ano de disputa do preolímpico en Montreal. Nel, Comăneci conquistou o individual xeral e as barras asimétricas. No salto e no solo, conseguiu a medalla de prata, e na barra finalizou na terceira posición. No Campionato Romanés, conquistou a medalla de ouro no concurso xeral, por equipos, no salto, nas barras asimétricas e na barra. No solo finalizou unha vez máis en segundo lugar.[15] O ano 1975 finalizaría coa elección de Nadia como atleta do ano pola Associated Press.[13]

En cinco anos na categoría júnior, a atleta conquistou 55 medallas, entre as cales destacan catorce vitorias no concurso xeral, en vinte eventos nacionais e internacionais disputados.[15]

Romanía sénior

[editar | editar a fonte]

A entrada de Nadia na categoría sénior do seu país produciuse a tempo de permitirlle participar nos Xogos Olímpicos de verán de 1976 disputados en Montreal (Canadá). A principios do ano, a ximnasta participou na primeira edición da Copa América,[20] que tivo lugar no Madison Square Garden de Nova York. Na competición, Nadia conseguiu as súas primeiras notas de 10 nas probas de salto, tanto na cualificación como na final do aparello. Para finalizar, a ximnasta conseguiu a vitoria no concurso xeral individual e converteuse na primeira ximnasta en realizar un dobre mortal invertido como saída das barras asimétricas.[21][22] Foi precisamente durante a Copa América cando coñeceu ao atleta internacional estadounidense Bart Conner que, como lembra Comăneci nas súas memorias, celebraba o seu 18º aniversario.[23] Ambos gañaron unha copa de prata e foron fotografados xuntos. Uns meses despois ambos participaron nos Xogos Olímpicos de 1976, no que Comăneci dominou mentres Conner foi unha figura marxinal. O ximnasta lembrou posteriormente que "ninguén me coñecía, e [Comăneci] certamente non me prestou atención".[24]

Ao longo dese ano, disputou cinco duelos entre o Canadá, Alemaña Occidental, Gran Bretaña, os Estados Unidos e os Países Baixos, dos cales saíu vitoriosa nas probas por equipos e no concurso xeral. No campionato nacional do seu país, Nadia conquistou o seu bicampionato logo de conseguir a primeira vitoria da categoría sénior nesta competición. No verán, con 14 anos Nadia converteuse na estrela indiscutible dos Xogos Olímpicos de 1976 celebrados en Montreal, Canadá,[25] conseguiu sete veces dos xuíces a puntuación perfecta (10 de todos os xuíces), e á súa volta a Romanía déuselle a distinción de Heroe Socialista do Traballo.[9] A finais do ano, Comăneci competiu na Copa Chunichi, no Xapón, na cal conquistou as medallas de ouro no salto e nas asimétricas, amais de conseguir un dez en ambos aparellos.[15]

Nadia Comăneci nos Xogos Olímpicos de Moscova en 1980.

En 1977, Nadia converteuse en octocampioa por equipos e no concurso xeral logo se gañar en tres duelos contra España, Francia, e novamente os Estados Unidos. A ximnasta romanesa mantivo o seu título no concurso individual xeral do Campionato de Europa dese ano celebrado en Praga, e no cal conquistou tamén a medalla de ouro nas asimétricas, empatada coa soviética Elena Mukhina, e a prata no salto. Con todo, unha orde do gobernante romanés Ceaușescu fixo que todo o equipo volvese da competición, abandonando así os concursos finais da barra de equilibrio e o solo. De volta en Romanía, as ximnastas descubriron que deberían deixar aos seus técnicos para adestrar no complexo deportivo escollido polo comunista. Este feito prexudicou a participación de Comăneci no Campionato do Mundo que se celebrou ao ano seguinte, así como as outras competicións, aínda que tiña gañado nun novo duelo contra Italia, tanto no concurso colectivo como no individual.[20] Para finalizar o ano, as romanesas partiron a unha xira entre México e os Estados Unidos, na cal a ximnasta presentouse con máis altura e corpo, aínda que seguiu atraendo bastante a atención do público.[15][26]

Afastada da competición durante o ano, finalmente participou no Mundial de 1978 e conseguiu o ouro na barra de equilibrios, Nadia puido volver adestrar cos Károlyi e, ao ano seguinte gañou o seu terceiro concurso xeral individual de xeito consecutivo no Campionato de Europa celebrado en Copenhague, ao superar á súa compatriota Emilia Eberle, que fora campioa nacional o ano anterior, converténdose deste xeito na primeira ximnasta, entre mulleres e homes, tricampioa europea.[20] Na final da Copa do Mundo de Ximnasia Artística celebrada ese mesmo ano en Toquio, conseguiu a vitoria en tres aparellos, mais non conseguiu unha puntuación o suficientemente alta como para subir ao podio no concurso xeral.[26]

En 1980 participou nos Xogos Olímpicos que se celebraron en Moscova e no duelo entre Romanía e Italia, do cal saíu novamente vitoriosa nas probas individual xeral e por equipos. Ao ano seguinte participou nunha xira de exhibición ximnástica polos Estados Unidos, así como na Universiada celebrada na capital do seu país, Bucarest, e na que gañou cinco das seis probas disputadas, a única excepción foi a barra. Logo disto, Comăneci retirouse da competición aos vinte anos de idade. Con todo, a súa cerimonia oficial de retiro tivo lugar en Bucarest en 1984 a petición do Comité Olímpico Internacional.[26]

Nadia '81

[editar | editar a fonte]

En 1981, The Gymnastics Federation contactou con Nadia e informouna de que podía formar parte dunha xira oficial nos Estados Unidos chamada "Nadia '81" e os seus adestradores Béla e Márta Károlyi liderarían o grupo.[27] Foi durante esta xira cando o equipo de Comăneci compartiu viaxes en autobús con ximnastas dos Estados Unidos, o que permitiu que se encontrara con Bart Conner por segunda vez—ambos coñecéranse nos Xogos Olímpicos de Montreal en 1976. Posteriormente lembraba ter pensado que "Conner era guapo. El saltou arredor do autobús falando con todo o mundo – el era incriblemente amigable e divertido".[28] Con todo, os seus adestradores, Béla e Márta Károlyi desertaron o último día da xira, xunto co coreógrafo do equipo romanés Géza Pozsár. Antes de desertar, Károlyi insinuou unhas cantas veces a Nadia que podía tentar facelo e indirectamente preguntoulle se quería unirse a el. Nesa época, ela non tiña interese en desertar e dixo que quería ir a casa a Romanía.[29][30] Con todo, logo da deserción dos Károlyi, a vida cambiou de xeito drástico para Nadia dun xeito que non podía predicir. Os funcionarios temían que ela tamén desertara, e as súas accións foron estritamente vixiadas; xa non lle estaba permitido viaxar fóra de Romanía.[31]

Así, na súa traxectoria como atleta, Comăneci realizou logros ata o momento inéditos e fíxose coñecida en internacionalmente por difundir unha nova era na categoría feminina mundial, liderada anteriormente polas norteamericanas Cathy Rigby e a soviética Olga Korbut, na cal ximnastas adolescentes presentaban novos movementos, máis técnicos e dinámicos, mais coa graza e a lixeireza vistas na época de ximnastas como Larissa Latynina e Ágnes Keleti.[20][32]

Vida despois da ximnasia

[editar | editar a fonte]
Ao fondo, o Palacio do Parlamento Romanés, lugar onde casaron Nadia e Bart Conner o 27 de abril de 1996.

En 1984, logo de rematar oficialmente a súa carreira deportiva, tivo un filme estreado na súa honra titulado Nadia, no que a ximnasta estadounidense e campioa do mundo en barras asimétricas, Marcia Frederick, interprétaa.[33] No mesmo período graduouse polo Instituto de Educación Física e Deporte en Bucarest. Na época da súa formación, foi convidada a formar parte do equipo da Federación Romanesa de Ximnasia como adestradora do equipo júnior do país. Nadia exerceu esa función ata o ano 1989, quedando interrompida pola chegada da Revolución, que pretendía derrubar o líder comunista. En decembro, a súa solicitude de asilo nos Estados Unidos foi atendido e trasladouse ao país norteamericano. Debido a problemas causados por Panait, mudouse ao Canadá ao ano seguinte, onde viviu ata 1991 promovendo equipamentos de ximnasica e presentándose nalgunhas exhibicións da modalidade. Logo da morte accidental de Stefu, que a acolleu, Bart Conner convidouna a traballar no seu ximnasio da cidade de Norman, Oklahoma. En decembro de 2000 deu inicio ao Día Internacional do Voluntario e converteuse na primeira atleta en falar como portavoz nas Nacións Unidas.[26][34]

Logo de abandonar Montreal e trasladarse a Oklahoma, Comăneci quedou nunha habitación do adestrador de Conner, Paul Ziert. Finalmente, Ziert converteuse no seu representante. Ademais, ela e Conner eran amigos dende antes de que se desenvolvera unha relación, e estiveron xuntos durante catro anos antes de comprometerse.[35] O 27 de abril de 1996 Conner e Comăneci casaron nunha cerimonia en Bucarest que foi televisada en directo en toda Romanía. A recepción da súa voda tivo lugar no antigo palacio presidencial.[36][37] Anos despois, nunha entrevista, Comăneci lembrou que a experiencia:[38]

foi moi emotiva, non só vendo á miña nai senón vendo un país enteiro que deixara. Cando casei en Bucarest había 10.000 persoas na rúa. A xente non foi traballar ese día. Foi emocionante ver como a xente preocúpase por ti.

O 29 de xuño de 2001, Comăneci converteuse en cidadá naturalizada dos Estados Unidos, aínda que mantivo a súa cidadanía romanesa.[9] Unha década despois realizou o discurso na 50ª cerimonia anual de naturalización do Día da Independencia o 4 de xullo de 2012 en Monticello (Virxinia), sendo a primeira atleta que falou na historia da cerimonia.[39]

En 2003 publicou a súa autobiografía titulada Letters to a Young Gymnast. No libro, de 192 páxinas, Nadia conta a súa traxectoria de vida e trazos da personalidade da xove que rompeu récords, concistou a millóns ao redor do mundo, desencadeou unha nova etapa para o deporte feminino na cal as adolescentes e preadolescentes comezaban a entrar e aínda é recoñecida logo de máis de trinta anos dos seus feitos inéditos. Na publicación a ex atleta mostra tamén o que é preciso para acadar a perfección atlética e converteuse na mellor. Describe historias de inspiración e drama da súa propia experiencia, como aquela nena atopada por Béla Károlyi, que tornouse unha das atletas máis coñecidas do mundo e de como pasou a vivir logo de ter realizado o soño de competir nos Xogos Olímpicos. Para as e os ximnastas máis novos, partes do libro son consideradas un consello e un estímulo, non só das prácticas deportivas, senón tamén da vida.[40][41]

Nos Estados Unidos, Bart e Nadia traballan xuntos no ximnasio da familia, o Bart Conner Gymnastics Academy, e na Perfect 10. Inc., unha produtora de televisión.[42] Nadia é tamén colaboradora da revista de ximnasia International Gymnast, e socia nas empresas de material e vestiario para ximnasia GymDivas e GripsETC, así como fundadora da Escola de Ximnasia Nadia Comăneci, en Onești.[15][42][43]> Amais diso, é a cónsul honoraria xeral entre Romanía e os Estados Unidos nas relacións entre os dous países. No eido deportivo, é a presidenta honoraria da Federación de Ximnasia de Romanía e o Comité Olímpico Romanés, é a embaixadora dos Deportes de Romanía e membro da Fundación Internacional de Ximnasia. Comăneci foi tamén comentarista no mundial de Ximnasia Artística de Melbourne en 2005 e dos Xogos Olímpicos de Pequín en 2008.[34] Outro traballo realizado pola ex ximnasta e o seu home, é o de xurado motivador para ximnastas. Tal función deu como froito un capítulo no libro Awaken the Olympian de John Naber, no cal os dous contan as súas traxectorias e ensinan aos novos a localizar o seu foco na vida.[44] En 2005, lanzou unha canción como parte do CD infanto-xuvenil Music Box nr.6, na cidade de Bucarest: rodeada por nenas, nenos e adolescentes, a festa de lanzamento foi realizada no Día do Neno e contou coa presenza da ex atleta e doutras celebridades nacionais, como a tamén ximnasta Andreea Raducan.[45] Un ano despois Conner e Comăneci tiveron un fillo, Dylan Paul Conner, que naceu o 3 de xuño de 2006 en Oklahoma City (Oklahoma).[46][47]

Comăneci no BRD Năstase Țiriac Trophy de 2012 (22 de abril de 2012).

En 2007, durante un evento internacional, declarou que non ten máis tempo para adestrar, debido ao seu traballo como unha especie de embaixadora do deporte, promovendo diversas empresas e institucións do medio.[48] Entre os días 20 e 22 de febreiro de 2009, en Oklahoma, realizouse o primeiro Torneo Internacional Nadia Comăneci, outra homenaxe dada á ex atleta: o evento, que non conta con competición de ximnasia artística masculina, foi colectivamente conquistado polo equipo romanés e tivo como campioa do concurso xeral á tamén romanesa Sandra Izbasa.[49] Aínda no mesmo ano, xunto con outros trece campións olímpicos, entre os que se encontraba o velocista Michael Johnson, e dous paralímpicos, Nadia integrou a comitiva da candidatura de Chicago aos Xogos Olímpicos de 2016 en Copenhague, (Dinamarca), durante a cerimonia de escolla, que contou coa presenza a favor dos Estados Unidos, de Barack Obama e Oprah Winfrey.[50] Amais dos traballos e das campañas realizadas en eventos, sexan estes deportivos ou non, como a súa presenza en campionatos internacionais e Xogos Olímpicos, Comăneci apareceu en numerosos programas de televisión, entre os que encóntranse as súas participacións nos reality shows The Apprentice de 2008, en dous episodios antes de ser despedida por Donald Trump,[51] e Dancing with the Stars, de 2009, nun episodio, no cal non participou como competidora.[52] A mediados do ano fundou en Bucarest a Clínica Infantil Nadia Comăneci, que presta axuda médica e social a nenas e nenos romaneses orfos. O proxecto pode realizarse grazas ao investimento dunha parte dos seus contratos publicitarios.[53] A finais de 2009, o día 6 de decembro, agora para axudar a ximnastas, lanzou unha boneca chamada Nadia, para reverter os beneficios á institución que administra. Na festa de lanzamento, realizada en Bucarest, declarou ser unha honra lanzar a súa boneca para aqueles que aman a ximnasia romanesa.[54]

Campionato do Mundo de Ximnasia Artística

[editar | editar a fonte]

Foron dúas as participacións de Nadia Comăneci nos Campionatos do Mundo. Entre os anos de 1978 e 1979, a ximnasta obtivo catro medallas.

Estrasburgo 1978

[editar | editar a fonte]

O Mundial de Francia tivo lugar no mes de novembro. No seu debut en competicións deste nivel, aos dezasete anos, Nadia clasificouse para catro finais.

A primeira das finais foi veu por medio do concurso por equipos: xunto con Emilia Eberle, Marilena Neacşu, Teodora Ungureanu, Anca Grigoraş e Marilena Vladarau, a ximnasta conseguiu a medalla de prata por equipos, por detrás tan só das atletas da Unión Soviética. Considerada a principal potencia deste deporte e lideradas por Nellie Kim e Maria Filatova, as ximnastas soviéticas finalizaron campioas do concurso cunha vantaxe sobre as romanesas de 16,895 puntos. Alemaña Oriental completou o podio desta edición.[20][55] Clasificada para o individual xeral, durante as rotacións, clasificouse en segundo lugar logo da presentación nas barras asimétricas. Visibelmente máis alta e máis pesada, en parte a causa da puberdade, o seu punto de equilibrio modificouse e Nadia caeu durante os exercicios de solo e non conseguiu suficiente nota para subir ao podio, nunha proba dominada polas soviéticas Elena Mukhina, Nellie Kim e Natalia Shaposhnikova.[56]

Nas finais por aparellos, a atleta estivo presente en dúas: na de salto, por 0,025 non superou á soviética Nellie Kim e terminou a disputa coa medalla de prata, ao recibir a nota 19,600 fronte a 19,625; xa na barra de equilibrio, ao totalizar 19,625, terminou coa primeira posición, por diante da soviética Elena Mukhina, tamén por 0,025, e da súa compatriota Emilia Eberle, medallista de bronce.[20]

Ft. Worth 1979

[editar | editar a fonte]

Na súa segunda e última participación en Mundiais, desta volta celebrado en decembro, Nadia, xa de novo adestrada por Béla e Marta Károlyi en Deva, permaneceu motivada para a competición. Con todo, unha contaminación sanguínea, causada pola exposición a metais nas mans, e unha inflamación no pulso prexudicaron a súa estancia no evento.[57]

Contrariando ordes médicas, a ximnasta competiu co equipo, formado tamén por Rodica Dunca, Emilia Eberle, Melita Ruhn, Dumitriţa Turner e Marilena Vladarau, para conquistar súa segunda medalla de ouro nos Mundiais, a primeira da historia de Romanía en eventos colectivos nesta competición: Ao final das rotacións, sumaron 389,550 puntos e mantivéronse á fronte da daquela campioas do mundo por 0,825, despois de dar o resultado final das adversarias, que conseguiran 388,725 puntos, 0,650 por diante das terceiras a clasificación - Alemaña Oriental, que repetiu a mesma posición do Mundial anterior e novamente completou o podio desta edición. Deste xeito, Nadia finalizou a súa participación en Campionatos do Mundo coa conquista de catro medallas - dúas de ouro e dúas de prata.[20][55] Logo da disputa, Nadia permaneceu internada por algúns días no All Saints Hospital, localizado no Condado de Oldham, tamén no estado do Texas, para recuperarse do esforzo exixido na competición e da pequena cirurxía realizada para reducir os efectos da contaminación.[57][58]

Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]

Foron dúas as participacións de Comăneci nos Xogos Olímpicos: Montreal 1976 e Moscova 1980.

Montreal 1976

[editar | editar a fonte]
Comăneci en 1976.

Comăneci debutou nuns Xogos Olímpicos aos catorce anos, na edición de 1976 celebrada no mes de xullo en Montreal, Canadá. Na súa primeira participación olímpica, a ximnasta estivo presente nas seis finais posibles.

Na cualificación, realizada o día 18 de xullo, a ximnasta romanesa realizou nas barras asimétricas unha rutina arriscada que agradou ao público. Ao final da execución, logo da análise dos xuíces, o marcador amosou unha nota de 1.00. Nun primeiro momento, o ximnasio ficou en silencio, sen comprender como aquel exercicio técnico podía ter recibido unha nota tan baixa. Con todo, non pasou moito tempo ata que percibiu a fraxilidade dos marcadores: como nunca antes se conseguira un dez perfecto, os marcadores non foran programados para rexistrar esta marca. Así, por primeira vez na historia olímpica, unha ximnasta recibía o chamado dez perfecto.[19][59] Ao día seguinte, durante a final por equipos, Nadia conseguiu as súas segunda e terceira notas de dez ao executar o seu exercicio na barra de equilibrio e, de novo, nas asimétricas. Ao final, malia as notas alcanzadas, Romanía finalizou na segunda posición. Xunto coas compañeiras de equipo Teodora Ungureanu, Mariana Constantin, Anca Grigoraş, Gabriela Truşca e Georgeta Gabor, Comăneci conquistou a medalla de prata, ao ser superadas pola Unión Soviética de Ludmilla Tourischeva.[1][60] O 21 de xullo, na final do concurso individual, conseguiu o seu terceiro dez nas asimétricas, e o seu segundo na barra, para conquistar a medalla de ouro na competición, logo de sumar 79,275, 0,600 a por riba da segunda clasificada, Nellie Kim, nunha proba que reuniu a un total de 36 ximnastas, de entre as cales tres das primeiras quince clasificadas eran romanesas.[61]

Nas finais por aparellos que se disputaron o 23 de xullo de 1976, a ximnasta conseguiu os seus sexto e sétimo deces, un nas asimétricas e o outro na barra. Como resultado, Nadia conseguiu dúas medallas de ouro. Na barra finalizou por diante da ximnasta soviética Olga Korbut, mentres que nas asimétricas superou á súa compatriota Ungureanu; no solo, finalizou na terceira posición, por detrás das soviéticas que superara dous días antes, no individual xeral; finalmente, no salto, finalizou na cuarta posición na final vencida por Kim.[26]

Así, a ximnasta finalizou a súa primeira participación olímpica como a primeira romanesa que conquistou un all around nuns Xogos Olímpicos e como a atleta máis nova en gañar tal evento. Hoxe, este feito, mediante as novas regras estabelecidas pola Federación Internacional de Ximnasia, tornouse imposible de alcanzar, xa que a idade mínima - antes sendo de catorce anos - subiu a dezaseis e o dez perfecto foi dividido en notas A (de partida, chamada nota D de dificultade) e B (de execución, chamada nota E).[32][40][62]

En Montreal [Comăneci] recibiu catro dos seus sete 10 nas barras asimétricas. O aparello demanda unha explosión tan espectacular de enerxía en tan pouco tempo—só 23 segundos—que atrae a maior fanfarria. Mis é no barra de equilibrio onde o seu traballo parece máis representativo da súa incrible habilidade. Ela conseguiu tres dos seus sete 10 na barra de equilibrio. As súas mans falan case máis que o seu corpo. O seu ritmo aumenta o seu equilibrio. A súa orde e distancia silencian á multitude.

Sports Illustrated, 1976[11]

Moscova 1980

[editar | editar a fonte]

En 1980, Comăneci despediuse dos Xogos Olímpicos coa participación na edición celebrada en Moscova, Unión Soviética. Neses Xogos, a ximnasta conquistou o dereito a disputar cinco das seis finais posibles durante a fase cualificatoria.

Así, aos dezaoito anos, conquistou a súa segunda medalla de prata na competición por equipos, ao ser novamente superadas as romanesas polas soviéticas. Sumando 196,80, o equipo romanés, formado por Nadia, Emilia Eberle, Rodica Dunca, Melita Rühn, Dumitriţa Turner e Cristina Grigoraş, finalizou na segunda posición por 0,350 puntos de diferenza respecto das vencedoras.[63] No individual xeral, 36 atletas disputaron as rotacións que compuñan o evento. Logo do seu peche, Comăneci sumou 79,075 puntos, o que valeulle para empatar na segunda posición coa alemá oriental Maxi Gnauck. No entanto, foron 0,075 puntos por detrás da medallista de ouro, Yelena Davydova. Co mellor desempeño, as tres romanesas que disputaron a proba o día 24 de xullo, finalizaron entre as dez primeiras.[19][64]

Nas finais por aparellos, a ximnasta disputou tres dos catro. Tan só nas barras asimétricas, aparello que outorgáralle o primeiro dez olímpico, non disputou a medalla ao ter finalizado na vixésia posición.[65] No salto, disciplina na que Natalia Shaposhnikova conseguiu a vitoria, Comăneci finalizou na quinta posición, cun total de 19,350 puntos.[66] O 25 de xullo, na final de barra de equilibrio, sumou 19,800 puntos, 0,050 de diferenza respecto da segunda clasificada, e conquistou o seu bicampionato no aparello. Na final de solo, disputada o mesmo día, conquistou a súa segunda medalla de ouro desta edición, a quinta medalla olímpica da súa carreira, logo de sumar 19,875 puntos e empatar con Nellie Kim.[19][67]

Así, Comăneci puxo fin ás súas participacións olímpicas cun total de cinco medallas de ouro, tres de prata e unha de bronce.

Principais resultados

[editar | editar a fonte]
Comăneci en 1976.
Comăneci coas medallas conseguidas nos Xogos Olímpicos de 1980.
Ano Evento Ind. xeral Equipo Salto. Barra. Barras asimétricas. Solo.
1971 Campionato da República (categoría III)
Copa Romanesa de Ximnasia (categoría IV)
1972 Campionato da República (júnior)
Torneo da Amizade Júnior
1973 Campionato Internacional de Romanía
Campionato das Escolas
1975 Champions All
Campionato de Europa
Preolímpico
Campionato Nacional Romanés
1976 American Cup
Copa Chunichi
Xogos Olímpicos
Campionato Nacional Romanés
1977 Campionato de Europa
Romanía vs Estados Unidos
1978 Campionato do Mundo de Xinasia Artística
1979 Campionato de Europa
Campionato do Mundo de Xinasia Artística
Copa do Mundo
1980 Xogos Olímpicos
1981 Xogos Universitarios

Distincións e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa vida Nadia Comăneci recibiu numerosas distincións e recoñecementos pola súa traxectoria, algúns deles estando aínda en activo e moitos logo do seu retiro da ximnasia. Entre os recoñecementos que recibiu destacan:

[editar | editar a fonte]

A figura de Nadia Comăneci foi obxecto de numerosa bibliografía, entre a que destaca o seu libro de memorias de 2004, Letters to a Young Gymnast, que formou parte da serie de libros xuvenís de Basic Books Art of Mentoring.[83][84] En 2014 publicouse a novela de Lola Lafon La Petite Communiste qui ne souriait jamais, na que narra a vida da ximnasta romanesa.[85]

En 1984 a ximnasta romanesa foi obxecto dun filme biográfico para televisión non autorizado titulado Nadia, un filme que se desenvolveu sen a súa participación nin permiso (aínda que o contido fóralle descrito por outras persoas), e do que máis tarde declararía publicamente que os produtores "nunca contactaron comigo ... sinceiramente nin sequera quero velo, síntome moi mal con el. Distorsiona a miña vida por completo".[86] En 2015, Katie Holmes dirixiu un documental curto para ESPN sobre Nadia Comăneci titulado Eternal Princess, que se estreou no Festival de Cinema de Tribeca.[87][88]

Numerosos países teñen emitido selos conmemorativos coa imaxe da ximnasta. En 2016, Romanía emitiu unha serie de selos conmemorativos co gallo do 40º aniversario do primeiro 10 olímpico da historia da ximnasia.[89] Entre os países que emitiron selos coa imaxe de Nadia Comăneci encóntranse Romanía, Acerbaixán ou Paraguai.

  1. 1,0 1,1 Espinosa, Cristina. "Atletas do século - Nadia Comaneci" (en portugués). TerraAtletas. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  2. Comăneci, p. 4
  3. Săvescu, Ionela (12 de xaneiro de 2012). "Nadia Comăneci despre moartea tatălui său: „Este un moment deosebit de greu”". evz.ro (en romanés). Consultado o 8 de maio de 2017. 
  4. Lafon, Lola. "The Little Communist Who Never Smiled" (en inglés). Serpent's Tail/Profile Books. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  5. "Gymnastics legend Nadia Comaneci wants to remind everyone she’s from Romania". New York Daily News. 6 de agosto de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  6. Comăneci, p. 5
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 "Nadia Comaneci" (en inglés). PH. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2008. Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  8. 8,0 8,1 "Olympic Champion Nadia Comaneci" (en inglés). GYMN. 24 de outubro de 2004. Consultado o 6 de outubro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Fisher, Barbara; Isbister, Jennifer (2003). "Whatever Happened to Nadia Comăneci". Gymnastics Greats.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 05 de outubro de 2016. 
  10. Comăneci, pp. 17–19
  11. 11,0 11,1 Deford, Frank (2 de agosto de 1976). "Nadia Awed Ya" (en inglés). Sports Illustrated. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  12. "Ştefania Comăneci, mama Nadiei: „Sunt mândră de ea!”". Libertatea (en romanés). 11 de novembro de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2024. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Salvador, David (13 de marzo de 2013). "Nadia Comaneci, el hada de Montreal". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2016. 
  14. 14,0 14,1 Comăneci, p. 19
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 "Nadia Comaneci (ROM)" (en inglés). GymForum. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  16. "Nadia Comaneci". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-04-06. 
  17. 17,0 17,1 "Nadia Comaneci (ROM). Competition Results" (en inglés). Gymn-Forum. Consultado o 8 de novembro de 2016. 
  18. Comăneci, pp. 27–28
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 "Nadia Comaneci" (en francés). COI. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 "Nadia Comăneci. Romania" (en inglés). International Gymnastics Hall of Fame. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  21. "Nadia Comaneci" (en castelán). Biografías y Vidas. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  22. Herman, Robin (28 de marzo de 1976). "Gymnast Posts Perfect Mark". New York Times (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2017. 
  23. Comăneci, p. 53
  24. "The Adorable Way This Olympic Couple First Met" (en inglés). Oprah: Where Are They Now?. 2016. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  25. Iríbar, Amaya (19 de xullo de 2016). "“Nadia era una máquina de hacer gimnasia”". El País (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 "Nadia Comaneci - Biography" (en inglés). NadiaComaneci.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  27. Berkow, Ira (8 de marzo de 1981). "Miss Comaneci, 19, Makes Fresh Start". New York Times (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  28. Comăneci 2004, pp. 111–112.
  29. Ryan, Joan (1995). Little Girls in Pretty Boxes (en inglés). Doubleday. p. 201. ISBN 0-385-47790-2. 
  30. Comăneci 2004, pp. 113–120.
  31. Comăneci 2004, pp. 120–125.
  32. 32,0 32,1 Morrison, Mike. "Romanian gymnast Nadia Comaneci achieves perfection in 1976" (en inglés). Infoplease. Consultado o 3 de abril de 2010. 
  33. "“Nadia” – The Movie" (en inglés). gymnasticszone.com. 26 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  34. 34,0 34,1 "Nadia Comaneci" (en inglés). IMDb. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  35. Comăneci, pp. 162–164
  36. Legends: Nadia Comăneci International Gymnast magazine
  37. "Nadia Tumbles over Wedding". Cincinnati Post (en inglés). 6 de abril de 1996. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  38. Hardy, Rebecca (1 de agosto de 2014). "The terrifying day I defected: She was the golden girl of gymnastics at just 14 – before fleeing Romania for the States. Now, Nadia Comăneci tells her full harrowing story". DailyMail (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  39. "Olympic champion Nadia Comăneci to be featured July 4 speaker at Monticello" (en inglés). monticello.org. 11 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  40. 40,0 40,1 COMANECI, Nadia. Letters to a Young Gymnast. Editorial: Basic Books, Estados Unidos 2003. ISBN 0-465-01276-0
  41. "Letters to a Young Gymnast" (en inglés). B&N. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 9 de febreiro de 2017. 
  42. 42,0 42,1 "About Nadia Comaneci" (en inglés). Bart Conner Gymnastics Academy. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  43. Van Deusen, Amy. "Nadia Comaneci". Gymnastics About (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2010. 
  44. "Awaken the Olympian" (en inglés). Bart and Nadia.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2011. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  45. "Former Romanian gymnast Nadia Comaneci launched musical album" (en inglés). Romanian Gymnastics.com. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  46. Silverman, Stephen M. (6 de xuño de 2006). "Nadia Comăneci, Bart Conner Have a Boy". People (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  47. Iancu,, Catalina (28 de agosto de 2006). "Former Gymnasts Nadia Comăneci and Bart Conner Baptized Their First Child, Dylan Paul". Jurnalul National (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  48. "Comaneci diz que seu orgulho é saber que é lembrada pela torcida". UOL Esportes. Consultado o 28 de febreiro de 2010. 
  49. "Nadia Comaneci International Invitational" (en inglés). Gymnastics Results. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  50. "Campeões olímpicos integram delegação de Chicago em votação" (en portugués). UOL Esportes - Últimas Notícias. 23 de setembro de 2009. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  51. "Nadia Comaneci the second 'Celebrity Apprentice' candidate fired" (en inglés). realitytvworld.com. 1 de novembro de 2008. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  52. "Nadia Comaneci" (en inglés). IMDb. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  53. "Roménia: Nadia Comaneci abre clínica para órfãos". VoxEurop.eu (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2017. Consultado o 2020-04-06. 
  54. "Nadia Comaneci lança boneca para ajudar ginastas" (en portugués). I Informação. 7 de decembro de 2009. Archived from the original on 03 de agosto de 2012. Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  55. 55,0 55,1 "PROFILES > NADIA COMANECI" (en inglés). COI. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2008. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  56. "World Championships: Women" (en inglés). Sports 123. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 11 de marzo de 2016. 
  57. 57,0 57,1 "Nadia" (en inglés). GYMN. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  58. RYAN, Joan. Little Girls in Pretty Boxes. Editora: Doubleday, Estados Unidos 2000. ISBN 0-446-67682-9
  59. Deford, Frank. "Everybody flipped over the 14-year-old Comaneci, as she made gymnastics look like child's play and scored seven 10s" (en inglés). Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2008. Consultado o 8 de maio de 2017. 
  60. "Nadia Comaneci". Beijing site oficial (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2008. Consultado o 14 de decembro de 2008. 
  61. "Games of the 21st Olympiad 1976 Artistic Gymnastics - All-Around Final Women". Gymnastics Results (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2010. 
  62. "Kim defends scrapping "perfect 10"". TvNz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 19 de xaneiro de 2009. 
  63. "Gymnastics at the 1980 Moskva Summer Games: Women's Team All-Around" (en inglés). Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  64. "Gymnastics at the 1980 Moskva Summer Games: Women's Individual All-Around" (en inglés). Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  65. "Gymnastics at the 1980 Moskva Summer Games: Women's Uneven Bars" (en inglés). Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  66. "Gymnastics at the 1980 Moskva Summer Games: Women's Horse Vault" (en inglés). Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  67. "Gymnastics at the 1980 Moskva Summer Games: Women's Floor" (en inglés). Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2016. 
  68. "The Top 100 Olympic Athletes" (en inglés). NBC Sports. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  69. Greatest female athletes of all time
  70. "2016 Great Immigrants Honorees: The Pride of America" (en inglés). Carnegie Corporation of New York. 30 de xuño de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  71. "Ten best female athletes of all time" (en inglés). 247Sports.com. 6 de xullo de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  72. "40 greatest female athletes" (en inglés). ESPN. 22 de xuño de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  73. "Nadia Comăneci". CNN (en inglés). 7 de xullo de 2008. 
  74. "Marca Leyenda" (en castelán). Marca. 3 de abril de 2017. 
  75. Leibowitz, Elissa (6 de febreiro de 1998). "Comaneci Vaults Back Into the Spotlight; Olympic Gymnast Receives Women's Sports Foundation Award". The Washington Post (en inglés). p. C2. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  76. "Master list" (en inglés). International Gymnastics Hall of Fame. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  77. "International Women's Sports Hall of Fame" (en inglés). Women's Sports Foundation. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  78. "Olympic Awards presented at the 87th IOC Session" (PDF) (en inglés). La84foundation.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  79. "1976: First Gymnast to Score a Perfect 10 at an Olympics Games" (en inglés). Guinness World Records. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  80. "Top Five: Teenage Sensations" (en inglés). Metro. 31 de xullo de 2008. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  81. "Associated Press Athlete of the Year (female)" (en inglés). nndb.com. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  82. "United Press International Female Athlete of the Year" (en inglés). www.topendsports.com. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  83. Comăneci
  84. "Letters to a Young Gymnast" (en inglés). basicbooks.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  85. Lafon, Lola. "La petite communiste qui ne souriait jamais" (en francés). Actes Sud. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2017. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  86. Lindsey, Robert (29 de xullo de 1984). "NADIA COMANECI STILL GLOWS AS IMAGES OF 1976 RECEDE". New York Times (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2017. 
  87. "Eternal Princess" (en inglés). uxentertainment.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  88. "Short Film Eternal Princess, Directed by Katie Holmes, Debuts on espnW" (en inglés). ESPN. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016. Consultado o 3 de abril de 2017. 
  89. "THE ROMANIAN STAMP HONOURS EXCELLENCE NADIA COMANECI, FOUR DECADES SINCE THE FIRST OLYMPIC 10 OF GYMNASTICS" (en inglés). romfilatelia.ro. Consultado o 3 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]