Catarina Parr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCatarina Parr

Catarina Parr, raíña consorte de Inglaterra, esposa de Henrique VIII Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Katherine Parr Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Katharine Parr Editar o valor em Wikidata
1512 Editar o valor em Wikidata
Kendal Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 1548 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Castelo de Sudeley Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Trastorno puerperal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCastelo de Sudeley Editar o valor em Wikidata
Consorte de Inglaterra
12 de xullo de 1543 – 28 de xaneiro de 1547
Consorte de Irlanda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana e católico non practicante Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , dama de compañía , consorte Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua castelá, lingua italiana, lingua francesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRaíña consorte (1543–1547)
Raíña consorte de Inglaterra (1543–1547)
Baronesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Neville Editar o valor em Wikidata
CónxuxeTomás Seymour, 1.º Barão Seymour de Sudeley (1547–1548), morte da persoa
Henrique VIII de Inglaterra (1543–1547), morte do cónxuxe
John Neville, 3rd Baron Latimer (1534, 1533–1543), morte do cónxuxe
Sir Edward Burgh (1529–1533), morte do cónxuxe
FillosMaria Seymour (pt) Traducir
 () Tomás Seymour, 1.º Barão Seymour de Sudeley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSir Thomas Parr (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Maud Green, Lady Parr (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnne Herbert, Countess of Pembroke (en) Traducir e William Parr, 1st Marquess of Northampton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMaría I de Inglaterra (fillastra)
Isabel I de Inglaterra (fillastra)
Eduardo VI de Inglaterra (fillastro)
John Neville, 4th Baron Latimer (en) Traducir (fillastro)
Margaret Neville (en) Traducir (fillastra) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Parr-48 Find a Grave: 6942094 Editar o valor em Wikidata

Catarina Parr (ela asinaba as súas cartas coma "Kateryn"), nada en 1512 e falecida o 5 de setembro de 1548,[1][2]) foi raíña de Inglaterra e Irlanda coma a derradeira das seis esposas do rei Henrique VIII desde o seu matrimonio o 12 de xullo de 1543 até a morte de Henrique o 28 de xaneiro de 1547. Catarina foi a derradeira raíña consorte da Casa de Tudor, e sobreviviu a Henrique por un ano e oito meses. Con catro maridos, é a raíña inglesa máis casada. Foi a primeira muller en publicar unha obra orixinal so o seu propio nome, en inglés, en Inglaterra.

Catarina gozou dunha estreita relación cos tres fillos de Henrique, María, Isabel e Eduardo. Estivo involucrada persoalmente na educación de Isabel e máis de Eduardo. Ela influíu na aprobación de Henrique VIII coa Terceira Lei de Sucesión en 1543 que restaurou as súas fillas María e Isabel a liña de sucesión ao trono.[3] Catarina foi nomeada rexente de xullo a setembro de 1544 mentres Henrique estaba nunha campaña militar en Francia; no suposto de que perdese a vida, debía gobernar coma rexente até que Eduardo chegase á maioría de idade. Porén, non lle deu ningunha función no goberno no seu testamento. Tras a morte d'el-rei, asumiu o papel de gardiá de súa enteada, Isabel.

No 25 de abril de 1544, Catarina publicou o seu primeiro libro, Salmos ou Oracións, anonimamente.[4] O seu libro Prayers or Meditations tornouse no primeiro libro publicado por unha raíña inglesa o 2 de xuño de 1545. Ela publicou un terceiro libro, "A Lamentación de un Pecador", o 5 de novembro de 1547. Por conta das súas simpatías protestantes, ela provocou a inimizade de funcionarios anti-protestantes, que tentaron virar o rei contra ela; elaborouse un mandato de prisión, probabelmente na primavera de 1546.[5] No entanto, o rei e máis ela axiña se reconciliaron.

Após a morte de Henrique VIII en 1547, Catarina foi autorizada a manter as xoias e vestidos da raíña coma raíña viúva. Case seis meses logo da morte de Henrique VIII, ela casou con seu cuarto e derradeiro marido, Thomas Seymour, 1º Barón Seymour de Sudeley. Seymour era tío do rei Eduardo VI (enteado de Catarina) e irmán máis novo do lord protector de Inglaterra: Edward Seymour, 1º Duque de Somerset, e de Xoana Seymour, terceira esposa de Henrique. O cuarto e último casamento de Catarina foi de curta duración, pois ela morreu o 5 de setembro de 1548 debido a complicacións do parto.[1][6] O seu funeral realizouse o 7 de setembro de 1548[7] e foi o primeiro funeral protestante en Inglaterra, en Escocia ou en Irlanda a realizarse en inglés.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Catarina Parr era a filla máis vella de Sir Thomas Parr, señor do pazo de Kendal en Westmorland (agora en Cumbria), e Maud Green, filla e co-herdeira de Sir Thomas Green, señor de Greens Norton, Northamptonshire, e Joan Fogge. Como Ana Bolena, Catarina fora criada coma católica, mais nalgún momento converteuse para o protestantismo. Sir Thomas Parr era descendente do rei Eduardo III, e os Parrs eran unha familia sobranceira do norte que incluía moitos cabaleiros. Catarina tiña un irmán máis novo, Guillerme, que logo de moita lea foi criado coma primeiro marqués de Northampton, e unha irmá máis nova, Ana, máis tarde condesa de Pembroke. Sir Thomas era un compañeiro próximo do rei Henrique VIII, e recompensóuselle como tal con responsabilidades e/ ou rendimentos das súas posicións coma shériff de Northamptonshire, Mestre dos Gardiáns e Controlador do Rei, alén de ser o señor de Kendal. A nai de Catarina era unha amiga próxima e dama de compañía de Catarina de Aragón, e Catarina Parr probabelmente recibiu o nome da raíña Catarina, que era a súa madriña.[8]

Naceu en 1512, probabelmente en agosto.[9] Supúñase que Catarina Parr nacera no castelo de Kendal, en Westmorland. No entanto, no momento do seu nacemento, o castelo de Kendal xa estaba en moi mal estado.[10] Durante a gravidez, Maud Parr permaneceu na corte, atendendo a raíña, e por necesidade a familia Parr estaba a vivir na súa casa en Blackfriars. Os historiadores agora consideran improbábel que Sir Thomas levase á súa esposa grávida nunha ardua viaxe de dúas semanas ao norte por estradas en malas condicións para dar a luz nun castelo en ruínas no cal ningún deles parecía pasar moito tempo.[11][12] O pai de Catarina morreu cando ela era aínda nova, e ela estivo preto de súa nai mentres ela crecía.[13]

A educación inicial de Catarina foi semellante a outras mulleres nobres, mais ela desenvolveu unha paixón pola aprendizaxe que continuaría ao longo da súa vida. Tiña fluidez co francés, latín (lingua na que escribía),[14] e italiano, e comezou a aprender castelán despois de se tornar raíña.[15] De acordo coa biógrafa Linda Porter, a historia de que, cando era crianza, Catarina non podía tolerar a costura e moitas veces dixo á súa nai que "as miñas mans están chamadas a tocar coroas e cetros, non fusos e agullas" é moi probábel que sexa apócrifa.[16]

Primeiro matrimonio[editar | editar a fonte]

En 1529, cando ela tiña dezasete anos, Catarina casou con Sir Edward Burgh (pronunciado e ás veces escrito como Borough), un neto de Edward Burgh, segundo Barón Burgh.[17] As biografías anteriores tiñan erradamente relatado que Catarina casara co irmán Burgh máis vello.[18] Na secuencia da morte do 2º Barón Burgh en decembro de 1528, o sogro de Catarina, Sir Thomas Burgh, foi convocado para o Parlamento en 1529 coma Barón Burgh.[19]

O primeiro marido de Catarina tiña vinte e poucos anos e pode ter tido problemas de saúde. El serviu coma feudatario para Thomas Kiddell e coma un xuíz de paz. Seu pai tamén garantiu unha patente conxunta en supervivencia con seu fillo para o cargo de mordomo da mansión da xurisdición de Soke de Kirton en Lindsey. O novo Sir Edward Burgh morreu na primavera de 1533, non sobrevivindo para herdar o título de Barón Burgh.[12][20]

Lady Latimer (1534–1543)[editar | editar a fonte]

Após a morte do seu primeiro marido, Catherine Parr pode ter pasado algún tempo coa viúva Lady Strickland, Katherine Neville, que era a viúva do curmán de Catherine, Sir Walter Strickland, na residencia da familia Stricklands no Castelo Sizergh em Westmorland (agora en Cumbria). No verán de 1534, Catarina casou, en segundo lugar, con John Neville, 3º Barón Latimer, curmán de segundo grao de seu pai e parente de Lady Strickland. Con este voda, Catarina converteuse apenas na segunda muller da familia Parr a casar cun lord.[21]

Latimer dúas veces viúvo tiña o dobro da idade de Catarina. Do seu primeiro casamento con Dorothy de Vere, irmá de John de Vere, 14.º Conde de Oxford, el tivo dous fillos, John e Margaret. A pesar de Latimer estar en dificultades financeiras despois que el e os seus irmáns entraron cunha acción legal para reivindicaren o título de Conde de Warwick, Catarina agora tiña unha casa de seu, un título e un marido cunha posición e influencia no norte.[21]

Castelo de Snape en North Yorkshire.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 James 2009, p. 294.
  2. A tumba de Catarina Parr no castelo de Sudeley ten unha placa que di a data da súa morte é o 5 setembro de 1548. A inscrición provén dunha placa de chumbo que se atopa no seu ataúde.
  3. Jones 2010, p. 36.
  4. Mueller 2011, p. 197.
  5. Freeman, Thomas S. (2013). "One Survived: The Account of the Katherine Parr in Foxe's "Books of Martyrs"". En Betteridge, Thomas; Lipscomb, Suzannah. Henry VIII and the Court: Art, Politics and Performance. Farnham, UK: Ashgate. pp. 241–242. 
  6. 6,0 6,1 Campbell, Sophie. "Sudeley Castle: the curious life and death of Katherine Parr", The Daily Telegraph. 14 August 2012. [1]
  7. Mueller 2011, p. 182.
  8. Porter 2011, p. 25.
  9. James 2012, p. 18.
  10. Nicholson & Burn 1777, pp. 45–46, e os achados arqueolóxicos durante a escavación do castelo de Kendal por Barbara Harbottle segundo o publicado en Quarto, V(4). Xaneiro de 1968; Quarto, VI(4). Xaneiro de 1969; Quarto, VII(4). Xaneiro de 1970; Quarto, X(1). Agosto de 1972
  11. Farrer & Curwen 1923, p. 54.
  12. 12,0 12,1 James 2009, pp. 60–63.
  13. Robin, Larsen & Levin 2007, p. 289.
  14. "Páxina: A cyclopaedia of female biography.djvu/193" – vía Wikisource, the free online library. 
  15. Starkey 2004, p. 690.
  16. Porter 2011, p. 37.
  17. Porter 2011, p. 46.
  18. Mosley 1 2003, p. 587.
  19. Porter 2011, p. 52.
  20. Porter 2011, p. 56.
  21. 21,0 21,1 James 2009, pp. 61–73.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Catarina Howard
Raíña Consorte de Inglaterra
1543 - 1547
Sucesor:
Ana de Dinamarca