Greenpeace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Greenpeace
Greenpeace logo.svg
Greenpeace Climate March 2015 Madrid.jpg
Greenpeace protesta contra as compañías petroleiras
Presentación
Data fundación 1971
Fundador Irving Stowe
Dorothy Stowe
Orixes en Flag of Canada.svg Canadá Vancouver, Columbia Británica, Canadá
Area servida Internacional
Método Ecoloxía
Ingresos 236,9 millones (2011)
Voluntarios 3,2 millones (2017)[1]
Slogan Coidando o medio ambiente
Secretario Ana Toni
Páxina web http://www.greenpeace.org/

Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada en Canadá en 1971, de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos[Cómpre referencia]), así como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era de tres millóns. No mesmo ano, en España eran 85.000.

Acción de Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso, dona nesa altura do Exxon Valdez, naufragado nas costas de Alasca.

O obxectivo da organización é protexer e defender o medio ambiente, intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra a natureza. Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade, en contra dos transxénicos, contra a contaminación, para acabar co uso da enerxía nuclear e das armas e fomentar a paz.

Cunha oficina principal en Ámsterdan, traballa en estreita colaboración coas 44 seccións nacionais,[1] ademais de cos diferentes barcos que posúe, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior. A toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais non acordes coa maioría dos membros representativos.

Salvando as baleas[editar | editar a fonte]

Quizais as accións e imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas, e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e os cetáceos que estes querían capturar. Quizais por iso sexa un paradoxo que tras 14 anos de moratoria na caza de baleas, en setembro de 2003 o Rainbow Warrior se atopase de novo en augas de Islandia para impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar coa industria baleeira.

A finais do 2005 dous barcos da frota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi interceptar a frota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente o Santuario Baleeiro da Antártida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 (en inglés) «The campaign group: Greenpeace» BBC News. Consultado el 1 de marzo de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ecoloxía

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]