Henrique IV de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Henrique IV de Inglaterra
King Henry IV from NPG (2).jpg
Nacemento 15 de abril de 1367
  Lincolnshire
Falecemento 20 de marzo de 1413
  Westminster
Soterrado Catedral de Canterbury
Nacionalidade Reino de Inglaterra
Ocupación monarca
Cónxuxe Maria de Bohun e Joana de Navarra
Fillos Henrique V de Inglaterra, Tomás de Lencastre, Duque de Clarence, Xoán de Lancaster, Humphrey, Duque de Gloucester, Branca de Inglaterra e Filipa da Inglaterra
editar datos en Wikidata ]

Henrique IV de Inglaterra, coñecido tamén como Henrique Bolingbroke, nado o 3 de abril de 1367 e falecido o 20 de marzo de 1413, foi rei de Inglaterra entre 1399 e 1413, o primeiro da dinastía de Lancaster. Henrique era fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e neto do rei Eduardo III de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no castelo de Bolingbroke no Lincolnshire e, segundo o costume da época, era coñecido tamén como Henrique Bolingbroke.

A pesar de apoiar o seu primo Ricardo II de Inglaterra no inicio do reinado deste, axiña os dous homes entraron en conflito. Henrique acabou mesmo expulsado do país e desherdado en 1398. No ano seguinte, o seu pai morre na Aquitania e Ricardo II confisca os seus bens para a coroa. Pero o monarca non era popular nin considerado competente e Henrique valeuse diso para iniciar unha guerra aberta o 30 de setembro de 1399. O golpe é exitoso e Henrique é coroado rei de Inglaterra o 13 de outubro, na Abadía de Westminster, iniciando a dinastía de Lancaster. Ricardo II foi deposto e asasinado por precaución no ano seguinte.

En 1380, Henrique casou con María de Bohun, de quen tivo varios fillos e fillas. Xa rei, Henrique desposou a princesa Xoana de Navarra, filla do rei Carlos II, con quen non tivo descendencia.

O reinado de Henrique foi marcado por varias insurrecións populares, especialmente no País de Gales e en Inglaterra. O fracaso destas rebelións debeuse en parte á habilidade militar do seu herdeiro, o futuro Henrique V.

O fin da vida de Henrique IV foi marcado por problemas graves de saúde debidos a unha enfermidade de pel, posiblemente psoríase ou un síntoma de sífilis. Henrique morreu en 1413 e atópase sepultado na catedral de Canterbury.

A súa vida atópase retratada en Henrique IV, unha peza en dúas partes de William Shakespeare.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Ricardo II de Inglaterra
 Flag of England.svg
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
 
1399 - 1413
Sucesor:
Henrique V de Inglaterra