Václav Havel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Václav Havel
Václav Havel cut out.jpg
Nacemento5 de outubro de 1936
 Praga
Falecemento18 de decembro de 2011
 Hrádeček
CausaInsuficiencia respiratoria
SoterradoCemitério Vinohrady
NacionalidadeChecoslovaquia e República Checa
EtniaPobo checo
Relixióncatolicismo
Educado enUniversidade Técnica de Praga, Faculty of Theatre e Akademické gymnázium Štěpánská
Ocupaciónescritor, dramaturgo, político e realizador
PaiVáclav Maria Havel
NaiBožena Vavrečková
CónxuxeOlga Havlová e Dagmar Havlová
IrmánsIvan M. Havel
Coñecido/a porAntikódy, The Garden Party, Leaving, The Power of the Powerless, The Memorandum, Audience, Temptation e Largo desolato
PremiosPremio Carlomagno, Grand Cross of the Legion of Honour, Collar of the Order of the White Lion, Recipient of the Order of Tomáš Garrigue Masaryk, 1st class, Medalla Presidencial da Liberdade, Grand Cross of the Order of the White Double Cross‎, great-cross of the Order of Vytautas the Great, Collar of the Order of the Cross of Terra Mariana, Orde da Aguia Branca, Commandeur des Arts et des Lettres‎, Gottlieb Duttweiler Prize, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, sen etiquetar, Austrian State Prize for European Literature, Knight Grand Cross of the Order of the Bath, collar of the Order of Isabella the Catholic‎, Prix mondial Cino Del Duca, St. George's Order of Victory, Order of Prince Yaroslav the Wise, 3rd class, Order of Brilliant Star, Prêmio Gandhi da Paz, Knight Grand Cross of the Order of Merit of the Italian Republic, Grand Cross with Chain of the Order of Merit of the Republic of Hungary (civil), Order of State of Republic of Turkey, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Order of al-Hussein bin Ali, Ordem de Rio Branco, Order of the Liberator General San Martín, Order of the Republic, Order of Freedom, Ordem da Liberdade, Premio Erasmus, Premio Franz Kafka, Concordia Prize, Companion of the Order of Canada, Peace Prize of the German Book Trade, Prémio Olof Palme, Indira Gandhi Prize, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Geuzenpenning, Four Freedoms Award - Freedom Medal, Philadelphia Liberty Medal, Freedom Award, Giuseppe Motta Medal, Light of Truth Award, Monismanien Prize, Democracy Service Medal, Delta Prize for Global Understanding, Philadelphia Liberty Medal, Ambassador of Conscience Award, Order of the Three Stars, 1st Class, Bridge Prize of the City of Regensburg, Prêmio Internacional Catalunha, Lagun Onari, Fulbright Prize, Quadriga, International Simón Bolívar Prize, Order of the Star of Jordan, Prêmio Sonning, Honorary doctor of the Dresden University of Technology, honorary doctor of the Université libre de Bruxelles, Honorary doctor of the University of Liège, doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan, honorary doctor of the Hebrew University of Jerusalem, honorary doctor of the University of Warsaw, Jaroslav Seifert Prize, Karel Čapek Prize, honorary doctorate of Haifa University, sen etiquetar, Honorary citizen of Plzeň, Theodor Heuss award, cidadã honorária de Budapest e sen etiquetar
Vaclav Havel Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Václav Havel en 2006.

Václav Havel, pronunciado ['va:ʦlaf 'ɦavɛl], nado en Praga o 5 de outubro de 1936 e finado o 18 de decembro de 2011 na mesma cidade, foi un escritor, dramaturgo e político checo. Foi o último presidente de Checoslovaquia e o primeiro presidente da República Checa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia acomodada de Praga, propietaria dun estudio cinematográfico e doutras empresas. Trala instauración dun goberno comunista en Checoslovaquia en 1948, a posición da súa familia viuse cuestionada e Hável non puido seguir estudos universitarios. Traballou como asistente nun laboratorio de química e despois como tremoísta ata que logrou establecerse como dramaturgo a partir de 1960, tras estudar literatura por correspondencia. En 1967 licenciouse finalmente en Arte Dramática. Neses anos cadou sona como autor poético con obras como Zahradni slavnost (1963) e Vyrozumeni (1965) e pertenceu literariamente a un grupo de escritores nucleado ao redor da revista Tvar.

Durante a Primavera de Praga de 1968, Hável xa era ben coñecido como dramaturgo e apoiou dende debates públicos e emisións de radio o programa de reformas impulsado por Alexander Dubcek. Opúxose publicamente á invasión soviética de Checoslovaquia que seguiu a estes feitos, e como consecuencia converteuse nun dos obxectivos centrais da represión post-primavera praguense. En 1969 tivo que deixar Praga e instalarse en Trutnova. Durante os anos seguintes foi encarcerado en diversas ocasións polas súas publicacións en defensa dos dereitos humanos, contra a censura e en defensa da democracia. En 1977 foi un dos promotores do movemento Carta 77, polo que foi acusado de sedición e condenado a prisión en 1979. Esta experiencia fixo medrar a súa sona dentro e fóra de Checoslovaquia como disidente. Excarcelado en 1984, Hável continuou dedicado ás actividades políticas e en 1989 foi elixido como líder do grupo opositor Foro Cívico, en paralelo ao proceso de perestroika que se estaba desencadeando na Unión Soviética. En 1986 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

Václav Havel en 2010

Firme defensor da resistencia non-violenta, tornouse unha icona da Revolución de Veludo no seu país, en 1989. O 29 de decembro de 1989, na calidade de xefe do Fórum Cívico, foi elixido presidente de Checoslovaquia polo voto unánime da Asemblea Federal; mantívose no cargo despois das eleccións libres de 1990, as primeiras no país dende a Segunda Guerra Mundial.

A pesar das crecentes tensións, Havel apoiou a preservación da federación entre checos e eslovacos que finalmente conduciron á disolución da Checoslovaquia. O 3 de xullo de 1992, o parlamento federal non logrou elixilo único candidato a presidente debido á falta de apoio dos deputados eslovacos. Havel dimitiu oficialmente como presidente de Checoslovaquia o 20 de xullo de 1992. O 1 de xaneiro de 1993 fíxose efectiva a partición de Checoslovaquia. Cando se creou a República Checa, presentouse candidato ao cargo de presidente e venceu as eleccións o 26 de xaneiro de 1993.

Durante este primeiro mandato como presidente checo, apoiou a integración de Chequia na OTAN e iniciou o proceso para o futuro ingreso do país na Unión Europea. En 1996 a Havel diagnosticáronlle un cancro de pulmón e quedou viúvo. Malia iso, presentouse á reelección como presidente do país en 1998 e venceu as deleccións. Logo de agravarse o seu estado de saúde, deixou o posto de presidente o 2 de febreiro de 2003, e sucedeuno o seu grande adversario, Václav Klaus. Durante os últimos anos da súa vida dedicouse a dar conferencias e á escrita literaria.


Predecesor:
Gustav Husák
 Flag of the Czech Republic.svg
Presidente de Checoslovaquia
 
1989 - 1992
Sucesor:
Jan Stráský, en funcións
Predecesor:
non houbo
 Flag of the Czech Republic.svg
Presidente da República Checa
 
1993 - 2003
Sucesor:
Václav Klaus

Obra[editar | editar a fonte]

Textos teatrais[editar | editar a fonte]

  • Rodinný večer, 1960
  • Zahradní slavnost, 1963
  • Vyrozumění, 1965
  • Ztížená možnost soustředění, 1968
  • Anděl strážný, 1968
  • Motýl na anténě, 1968
  • Spiklenci, 1971
  • Žebrácká opera, 1972
  • Audience, 1975
  • Vernisáž, 1975
  • Horský hotel, 1976
  • Protest, 1978
  • Chyba, 1983
  • Largo desolato, 1984
  • Pokoušení, 1985
  • Asanace, 1987
  • Zítra to spustíme, 1988
  • Odcházení, 2007

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Dopis Gustávu Husákovi, 1975
  • Moc bezmocných, 1978
  • Politika a svědomí, 1984
  • Anatomie jedné zdrženlivosti, 1985
  • Děkovná řeč za Erasmovu cenu, 1986
  • O smyslu Charty 77, 1986
  • Příběh a totalita, 1987
  • Slovo o slovu, 1989

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Antikódy, 1964
  • Protokoly, 1966
  • Dopisy Olze, 1983
  • O lidskou identitu, 1984
  • Dálkový výslech, 1986
  • Do různých stran, 1989
  • Projevy, 1990
  • Letní přemítání, 1991
  • Pižďuchové, 2003
  • Prosím stručně, 2006

Vida privada[editar | editar a fonte]

Václav Havel casara con Olga Splichawba-Havlova, que faleceu en 1996. Ao ano seguinte casou coa actriz Dagmar Veskronova-Havlova.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]