Xa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mohammad Reza Pahlavi, derradeiro xa de Irán

Xa,[1] do persa شاه, šāh, "rei", é o título dado aos monarcas de Irán, e procede do que tiñan os soberanos aqueménidas da antiga Persia.[2] Esta palabra foi adoptada por outras linguas, a miúdo transcrita como Shah ou Sha, e tamén aparece noutros títulos derivados, como nalgúns estados islámicos tales como o Imperio otomán (Şah e Şeh), ou os imperios Mogol de Tamerlán, o de Mughal na India, o sultanato de Bengala, o dos Gurkhas do Nepal, e no antigo Afganistán.[3]

Desde mediados do século VIII a.C., os monarcas iranianos levaron o título de shāhān shāh ("rei de reis"). O feminino é xabanu (en persa شهبانو, "raíña") e só foi empregado por tres emperatrices, Purandokht, Azarmidokht, contra o ano 630, e Farah Diba, esposa de Mohammad Reza Pahlavi, o último xa de Irán (destronado na Revolución iraniana de 1979).

Os fillos do xa ou da xabanu son os sahzada (termo derivado de shahzada, "fillo do xa" ou "príncipe"). Shahpur os varóns e Shahdojt as mulleres.[Cómpre referencia]

En Irán (e na rexión do Gran Irán) o título empregouse continuamente; en lugar de rei no sentido europeo, cada gobernante iraniano considerábase a si mesmo como o Shahan shah (en persa: شاهنشاه, romanizado: Šāhanšāh, "rei de reis") ou Padi shah (en persa: پادشاه, romanizado: Pādešāh, "rei mestre") do Imperio persa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xa, 2º artigo bo Dicionario da RAG.
  2. Yarshater, Ehsan Persia or Iran, Persian or Farsi Arquivado 24-10-2010 en Wayback Machine., Iranian Studies, vol. XXII no. 1 (1989)
  3. Siddiq, Mohammad Yusuf (Primavera–Verán 2015). "Titles and Islamic Culture as Reflected in the Islamic Architectural Inscriptions of Bengal (1205–1707)". Islamic Studies 54 (1/2): 50–51. JSTOR 44629923. Shāh ... [un] título persa, ... ás veces en diferentes formas compostas, como Bādshāh ou Pādshāh ... significa monarca, que se converteu en parte do vocabulario popular ao longo dos anos en varias linguas do sur de Asia, incluíndo o bengalí, o urdú e o hindi, ademais das linguas das rexións limítrofes. O último rei afgán Zāhīr Shāh, por exemplo, adoitaba ser chamado "Bādshāh" até o seu destronamento en 1973. Usado por todos os emperadores mogoles da India, o título tamén apareceu nalgunhas inscricións do sultanato de Bengala. (traducido) 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]