Iria Flavia, Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Iria Flavia")

Coordenadas: 42°44′36″N 08°39′48″O / 42.74333, -8.66333

Iria Flavia
Facade of Saint Mary Church in Iria Flavia, Padrón, Galicia, Spain.jpg
Igrexa de Santa María de Iria Flavia.
Concello Padrón
Poboación 1.996 hab. (2013)
Entidades de poboación 30

Santa María de Iria Flavia é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 1.996 habitantes (947 homes e 1.049 mulleres) distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.356 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Iria Flavia foi dunha das dioceses galegas de maior poderío na Baixa Idade Media, ata que a sé foi trasladada a Santiago de Compostela, cambio motivado pola importancia que estaba a adquirir a cidade compostelá con motivo do descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago.

A igrexa, o adro e parte do contiguo cemiterio de Adina ocupan unha extensa necrópole datada a partir do século V. Nela está un dos órganos máis valiosos de Galicia. Amais de lápidas e sartegos contemporáneos (como o de Camilo José Cela e os seus antergos), á beira da igrexa de Santa María consérvase unha ampla colección de sartegos e laudas, en distinto estado de conservación. Son sartegos monolíticos, escavados con forma antropomorfa e tampa tamén monolítica lisa ou en dobre estola. Nalgunhas das laudas aprécianse signos gremiais como nas de Noia. Atopáronse tamén outros construídos con laxes, perpiaños ou ladrillos. Nalgúns casos consta que se trata de elementos construtivos de antigas obras romanas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Iria Flavia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Iria Flavia no concello de Padrón (A Coruña)

A Aduana | Anteportas | Arretén | O Barco | A Calzada | Cambelas | O Couto | A Horta | Iria Flavia | Lestido | Luáns | A Matanza | O Montiño | O Muelle | O Paraíso | Pazos de Iria | Pedreda | O Piñeiro | O Pombal de Abaixo | O Pombal de Arriba | A Ponte | A Porta dos Mariños | A Pousa | Quintáns | Romarís | O Roucón | A Rúa | O Rueiro | O Souto | Vista Alegre

Parroquias de Padrón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón

Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iria Flavia, Padrón

Outros artigos[editar | editar a fonte]