Chanceler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chanceler (do latín cancellarius) é un cargo con distinto significado segundo o estado.

Ministro de Asuntos Exteriores[editar | editar a fonte]

Nalgúns países de hispanoamérica, acostúmase a denominar "Chanceler" ó Ministro ou Secretario de Asuntos Exteriores ou de Relacións Exteriores.

Xefe de goberno[editar | editar a fonte]

Chanceler é tamén o título que se lle outorga ó Xefe de Goberno, elixido pola cámara baixa (Bundestag) por maioría dos seus membros nun réxime parlamentario, como en Alemaña, Austria e Suíza.


Outros usos[editar | editar a fonte]

  • Nalgúns países europeos, como Portugal, España e Italia, chanceler é un cargo administrativo de primeiro nível en representacións diplomático-consulares.
  • Tamén se usaba este título en España para o maxistrado encargado do selo real.