Alfred Dreyfus
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de outubro de 1859 Mulhouse, Francia |
| Morte | 12 de xullo de 1935 París, Francia |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
| Relixión | Xudaísmo |
| Educación | Escola Superior de Guerra (1890–) Lycée Chaptal (pt) Escola Politécnica Collège Sainte-Barbe |
| Actividade | |
| Ocupación | militar, oficial do exército |
| Período de actividade | 1880 |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Terceira República Francesa |
| Rama militar | Artilharia (pt) |
| Rango militar | xeneral de brigada |
| Conflito | Primeira Guerra Mundial |
| Familia | |
| Cónxuxe | Lucie Dreyfus |
| Fillos | Jeanne Lévy, Pierre Dreyfus |
| Irmáns | Mathieu Dreyfus Jacques Dreyfus |
| Parentes | Jérôme Salomon, great-great-grandson Henri Jacques Dreyfus, sobriño |
| Cronoloxía | |
| 1894-1906 | Caso Dreyfus |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Alfred Dreyfus, nado en Mulhouse o 9 de outubro de 1859 e finado en París o 12 de xullo de 1935, foi un militar francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha adiñeirada familia de orixe xudía dedicada á fabricación de téxtiles, que abandonou Alsacia cando esta rexión foi anexionada por Alemaña tras a guerra franco-prusiana (1871). En 1872 opta pola cidadanía francesa e decide dedicarse á carreira militar, co desexo de ver reintegrada Alsacia a Francia. En 1882 entra na École polytechnique, decidido a emprender a carreira militar, alcanzado o grao de oficial de artillaría.
Consegue o grao de capitán en 1889, en 1890 entra na Escola de Guerra e en 1893 no Estado Maior do Exército no Ministerio da Guerra francés, momento no que xorden falsas acusacións (o famoso Caso Dreyfus), que o manteñen apartado do exército e recluído na Illa do Diaño, até que en 1906 é exonerado e reintegrado no exército con todas as honras, retirándose co grao de comandante.
En 1914, xa tenente coronel, toma o mando dunha unidade de reaprovisionamiento no curso da primeira guerra mundial. Tras a paz, regresou ao seu retiro até a súa morte en 1935, aos 75 anos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfred Dreyfus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Textos sobre Alfred Dreyfus, na páxina web da Assemblee Nationale. (en francés)