Srebrenica (en serbio cirílico: Сребреница) é unha cidade e un concello da parte oriental da República Serbia de Bosnia e Hercegovina. Srebrenica áchase nunha zona montañosa. Actualmente a súa poboación é de arredor de 4.000 habitantes (36.666 en 1991).
Antes de 1992 funcionaba na cidade unha fábrica metalúrxica, un balneario termal que atraía turistas de toda a antiga Iugoslavia. Nos seus arredores estaban en actividade minas de cinc, chumbo e ouro. Hoxe a principal actividade económica é a extracción de sal xema e mais os establecementos termais.
O 24 de marzo de 2007, a asemblea municipal de Srebrenica aprobou unha resolución que demandaba a independencia da Republika Srpska. Os membros serbios da asemblea non votaron a resolución.[1]