Martin Frobisher
Martin Frobisher | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1535 |
Lugar de nacemento | Altofts |
Falecemento | 15 de novembro de 1594 |
Lugar de falecemento | Plymouth |
Soterrado | St Giles-without-Cripplegate |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Ocupación | mariño e militar |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Martin Frobisher, nado en Wakefield contra 1535 e finado en Plymouth o 22 de novembro de 1594, foi un mariño e militar inglés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Organizou tres expedicións (1576, 1577 e 1578) a Groenlandia, no curso da cales explorou as costas da terra da illa Baffin, o estreito de Hudson e a baía que leva o seu nome, intentando en balde descubrir o Paso do Noroeste cara a China. En 1576 volvería a casa co que el cría que era ouro pero resultou ser pirita, o que hoxe se coñece como «o ouro dos parvos».
Participou na expedición de piratería de Francis Drake a América (1585) e estivo no enfrontamento contra a Armada Invencible (1588). Morreu en Plymouth, días despois de ser ferido en Brest apoiando a Henrique IV de Francia contra a Liga Católica e os españois.