Henrique VIII de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Henrique VIII de Inglaterra
Hans Holbein, the Younger, Around 1497-1543 - Portrait of Henry VIII of England - Google Art Project.jpg
Henrique VIII
Rei de Inglaterra e Irlanda
por Hans Holbein o Novo
Nacemento 28 de xuño de 1491
  Palácio de Placentia
Falecemento 28 de xaneiro de 1547
  Palácio de Whitehall
Causa Escorbuto
Soterrado Capela de São Jorge
Nacionalidade Reino de Inglaterra
Relixión Igrexa Anglicana e Católico não praticante
Ocupación monarca
Pai Henrique VII de Inglaterra
Nai Isabel de Iorque
Cónxuxe Catarina de Aragón, Ana Bolena, Xoana Seymour, Ana de Cleves, Catarina Howard e Catarina Parr
Fillos María I de Inglaterra, Henrique Fitzroy, Duque de Richmond e Somerset, Isabel I de Inglaterra, Eduardo VI de Inglaterra e Henrique, Duque da Cornualha
Irmáns Isabel Tudor, Margarida Tudor, Maria Tudor, rainha de França, Katherine Tudor, Edward Tudor, Artur Tudor e Edmundo Tudor, Duque de Somerset
Premios Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Rosa de Ouro
HenryVIIISig.svg
editar datos en Wikidata ]

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord da Irlanda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique naceu no Palacio Real en Greenwich, Londres, segundo fillo do rei Henrique VII e Isabel de York, séndolle concedido o título de Duque de York. Foi designado Príncipe de Gales e herdeiro do trono despois da morte do seu irmán máis vello Artur en 1502.

Unha dispensa do Papa Xulio II era necesaria para autorizalo a casar coa viúva do seu irmán, Catarina de Aragón, e isto foi obtido coa base da non-consumación. O casamento foi celebrado a 11 de xuño de 1509 e resultou apenas nunha filla, a futura María I de Inglaterra. Henrique VIII chegou a escribir un pequeno libro titulado "Defensa dos Sete Sacramentos" que fixo para que León X lle outorgase o título de "Defensor da Fe"; no entanto, o desexo de lograr un herdeiro home, ben como a súa relación amorosa con Ana Bolena, levarano a procurar a disolución do casamento con Catarina xunto do Vaticano. As súas tentativas non terán éxito porque o Papa Clemente VII estaba baixo presión do sobriño de Catarina, o emperador Carlos V.

Frustrado coa ruptura das negociacións, Henrique VIII ignorou a lei canónica que lle impedía unirse a outra muller por estar xa casado, e casou con Ana Bolena a 25 de xaneiro de 1533. Esta actitude de afronta sen precedentes á Igrexa católica valeulle a excomuñón, declarada por Clemente VII o 11 de xullo de 1533. No seguimento da excomuñón, Henrique decidiu a ruptura coa Igrexa católica, declarou a disolución dos mosteiros, tomando así moitas das pertenzas da Igrexa, e formou a Igrexa de Inglaterra, da cal se declarou líder. Esta decisión fíxose oficial co decreto da supremacía (Act of Supremacy) de 1534. A recusa en xurar obediencia a este decreto levouno a condenar ao humanista Thomas More, o seu antigo Lord Chanceler, a morte.

Durante o ano de 1513, Thomas Howard, terceiro Duque de Norfolk, derrotou a tentativa de invasión de James IV de Escocia en Flodden durante a ausencia de Henrique VIII na guerra con Francia. A longa rivalidade de Henrique co rei Francisco I de Francia tornouse aínda máis seria pola cooperación entre Francia e Escocia, ambos países católicos nesta altura. Henrique e Francisco tíñanse encontrado na guerra 1520. A paz con Francia foi finalmente restablecida en 1546.

Henrique VIII incrementou moito o poderío marítimo inglés, estabelecendo portos en Woolwich e Deptford no río Támese no sueste de Londres, e instituíndo unha mariña eficiente. O seu barco capitán (flagship), Mary Rose, afundiuse no Solent (no canal inglés) durante a batalla e a súa recuperación nos anos 80 do século XX, foi un marco na investigación arqueolóxica desta época. O navío encóntrase hoxe en exposición no molle de Portsmouth.

Descendencia e casamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]