Marlon Brando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarlon Brando

(1961) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Marlon Brando Junior Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1924 Editar o valor em Wikidata
Omaha, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xullo de 2004 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia respiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaTahití
Death Valley Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLibertyville (pt) Traducir
Evanston, Illinois Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónActors Studio (pt) Traducir
Stella Adler Studio of Acting (en) Traducir
The New School (pt) Traducir
Shattuck-Saint Mary's (en) Traducir
Libertyville High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor de televisión , actor de teatro , director de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor em Wikidata - 2001 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
ProfesoresErwin Piscator, Stella Adler e Lee Strasberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeTarita (1962–1972)
Movita Castaneda (1960–1962)
Anna Kashfi (1957–1959)
ParellaIrene Papas Editar o valor em Wikidata
FillosStephen Blackehart (pt) Traducir
 ()
Simon Teihotu Brando (en) Traducir
 () Tarita (pt) Traducir
Rebecca Brando (en) Traducir
 () Movita Castaneda
Christian Brando (pt) Traducir
 () Anna Kashfi (pt) Traducir
Cheyenne Brando (pt) Traducir
 () Tarita (pt) Traducir
Miko Castaneda Brando (en) Traducir
 () Movita Castaneda Editar o valor em Wikidata
PaisMarlon Brando, Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Dodie Brando (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJocelyn Brando (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarlonbrando.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000008 Allocine: 375 Rottentomatoes: celebrity/marlon_brando Allmovie: p8070 TCM: 21204 TV.com: people/marlon-brando IBDB: 32868
Facebook: marlonbrandoestate Twitter: MarlonBrando Musicbrainz: 2d2429e7-de99-465f-b5e6-3d1431795f91 Songkick: 894546 WikiTree: Brando-1 Find a Grave: 9026023 Editar o valor em Wikidata

Marlon Brando, nado en Omaha (Nebrasca) o 3 de abril de 1924 e finado nos Ánxeles (California) o 1 de xullo de 2004, foi un actor estadounidense. Está considerado o máximo expoñente do Method Acting e conspicuo discípulo do Actor's Studio e o seu ideólogo Le Strasberg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sinatura.
Marlon Brando.

A súa nai era unha muller moi cordial que actuaba no teatro local, e que espertou o interese do neno pola interpretación. Brando tivo desde pequeno o don de observar á xente e imitar os seus xestos, o cal facía levándoos ao extremo. Foi un adolescente rebelde, e foi expulsado de varios colexios. O seu pai reprimíao por iso, pero animouno a buscar o seu propio camiño. Brando marchou a Nova York, onde estudou interpretación primeiro na New School e despois no famoso Actor's Studio.

Rematada a súa formación, Brando comezou a traballar en varios teatros de tempada, ata que en 1944 conseguiu un papel en Broadway. Poucos anos despois, converteuse nunha estrela do teatro cando interpretou a obra de Tennessee Williams Un tranvía chamado desexo, dirixida por Elia Kazan. Brando sabía que Williams estaba realizando entrevistas para elixilos actores para a súa obra onde foi probar sorte, co resultado de que obtivo o papel protagonista.

Carreira cinematográfica[editar | editar a fonte]

A súa primeira aparición no cine tívoa en 1950 na película The Men, unha historia sobre veteranos de guerra convertidos en discapacitados. Fiel ao seu método de analizar as personaxes que interpretaba para actuar en consonancia con eles, Brando pasou un mes nun hospital militar para preparar o seu papel. Nos primeiros anos no cine, Brando manifestou unha falta de interese total polas convencións da industria cinematográfica, actuando segundo o seu propio criterio. Con iso influíu a outros actores como James Dean, Paul Newman, e máis tarde tamén Robert De Niro.

Brando tivo un éxito moito maior cando actuou na película de 1951 Un tranvía chamado desexo, baseada na obra teatral que xa interpretara. Foi nomeado ao Óscar como mellor actor principal por esta película, e os tres anos seguintes recibiu outras tantos nomeamentos pola súa actuación en Viva Zapata, Xulio César e A lei do silencio. Por esta última película Brando gañou o Oscar.

En base a estes éxitos, a carreira de Brando seguiu en ascenso. Nos anos seguintes interveu en varias películas de xéneros diversos, incluída a comedia, como en A casa de té da lúa de agosto, na que dá vida a un xaponés que fai de intérprete para as forzas de ocupación americanas. Con todo, ao final dos anos cincuenta as súas interpretacións comezaron a decaer. Brando parecía perder a súa forza expresiva e as pautas que el mesmo establecera para o seu traballo e que lle deron tan bo resultado.

Nos anos sesenta a carreira de Brando decaeu aínda máis. As súas actuacións careceron de toda inspiración, como en O motín da Bounty e outras películas nas que interveu. A pesar de que conservaba o seu prestixio das primeiras películas, a súa popularidade alcanzara un punto mínimo. Tampouco os produtores e os directores confiaban nel, debido ás súas interpretacións mediocres e á súa condición de actor difícil.

As cousas cambiaron para Brando cando se lle presentou a oportunidade de interpretar o xefe dunha familia mafiosa en O padriño (The Godfather). Foi Brando quen insistiu en que se fixese unha proba filmada do personaxe interpretado por el, e ocupouse persoalmente da maquillaxe. O director Francis Ford Coppola quedou impresionado por Brando caracterizado como Vito Corleone e tivo que loitar por convencer aos produtores para que aceptasen a Brando para este papel.

Por esa interpretación Brando conseguiu o seu segundo Óscar. Nesta ocasión Brando rexeitou o Óscar, o cal ocorreu por segunda vez na historia de Hollywood (a primeira vez rexeitouna o actor George C. Scott). No canto de recoller o premio, Brando enviou á cerimonia a unha actriz estadounidense de orixe india, que se manifestou en contra do tratamento que recibía o seu pobo nas películas de Hollywood.

Desde entón a traxectoria de Brando foi moi irregular. Apareceu nalgunhas boas películas, e tamén noutras de pouca relevancia. Interesante foi o seu caracterización como Tomás de Torquemada en Cristovo Colón, o Descubrimento. Seguiu sendo considerado acomo un grande actor, polo que interveu tamén en películas nas que apareceu só uns poucos minutos.

En 2001 apareceu na curta para o sinxelo "You rock my world" de Michael Jackson.

En 2006, grazas á tecnoloxía, reaparece como Jor-O, o pai de Superman, na película Superman Returns.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Brando estivo casado en tres ocasións. O seu primeiro matrimonio durou dous anos e o segundo oito. A súa terceira esposa foi Tarita, a muller tahitiana que interpretou a súa compañeira en O motín do Bounty. Por mor desa película Brando namorouse tamén de Tahití e adquiriu unha pequena illa no arquipélago, onde vivía cando as súas obrigacións profesionais permitíanllo. Dos seus tres matrimonios tivo tres fillos. Faleceu nos Ánxeles, endebedado e sumido nunha profunda depresión. Con todo Brando será sempre considerado unha lenda da sétima arte.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Marlon Brando en An streetcar named desire.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]