Automóbil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Automóbil a vapor (Serpollet), 1888

O automóbil[1] é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do automóbil.

En 1769, en Francia, Nicolas Cugnot foi o primeiro en usar un motor a vapor para desprazar un vehículo. era un triciclo dunhas 4,5 toneladas, con rodas de madeira e lamias de ferro, o motor estaba montado sobre os cegoñais das rodas dun carro para transportar canóns. O seu prototipo estrelouse e unha segunda máquina quedou destruída en 1771, pero a idea sería retomada e desenvolvida en Inglaterra nos anos seguintes.

O automóbil con motor de combustión interna foi inventado en Alemaña, en 1885, por Karl Benz e Gottlieb Daimler. Foi o americano Henry Ford quen fabricou os primeiros automóbiles en serie. Os primeiros foron os modelos T, fabricados de 1908 a 1927. Venderon máis de 15 millóns de unidades.

Órganos principais en vehículos automóbiles[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

1500 en Santiago no 2007. 
Automóbil vello en Polonia
1200 Bocanegra en Salceda
MG MGB Roadster en Vigo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para automóbil.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]