Disneyland Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Disneylandia»)
Logo de Disneyland
Vista do Castelo da Bela Dormente en Disneyland.

Disneyland Park, orixinalmente Disneyland (en galego:Disneylandia), é un dos parques temáticos localizados dentro do Disneyland Resort, nos Estados Unidos. Inaugurado o 17 de xullo de 1955, foi o primeiro parque idealizado por Walt Disney. O seu slogan é "O mundo de onte, de mañá e da fantasía" (The World of Yesterday, Tomorrow, and Fantasy)

O parque temático custou, orixinalmente, 17 millóns de dólares e foi construído nun laranxal de aproximadamente 650 mil metros cadrados no distrito de Anaheim, no condado de Orange, unha cidade a 40 quilómetros ao sueste dos Ánxeles, en California.[1] Logo de ser inaugurado, o parque trouxo un lucro extraordinario. Disneylandia recibe actualmente (2010) máis de 14 millóns de visitantes por ano, que gastan un total de arredor de tres billóns de dólares.

Varios anos despois da inauguración de Disneyland, a The Walt Disney Company construíu grandes parques temáticos na Florida, Francia, Xapón e Hong Kong. Desde a súa inauguración, o parque de Anaheim xa recibiu máis de 515 millóns de visitantes, incluíndo xefes de estado e membros da realeza europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Disneyland's history". Consultado o 01/05/2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]