Araceli González Carballo
Araceli González Carballo | |
---|---|
Nome completo | Araceli González Carballo |
Nacemento | 6 de xullo de 1914 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 1990 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Causa | derramo cerrebral |
Nacionalidade | España |
Ocupación | espía |
Cónxuxe | Juan Pujol García |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Araceli González Carballo nada en Lugo o 6 de xullo de 1914 e finada en 1990, foi unha espía galega.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia acomodada nunha casa dentro da muralla de Lugo. Durante a Guerra Civil viaxou a Burgos, onde coñeceu a Joan Pujol García. Logo de casaren en Madrid, axiña comezan unha misión un tanto utópica, acabar con Hitler e interromper os plans expansionistas do III Reich. Conseguiron enganar os alemáns con información falsa sobre o Desembarco de Normandía, e tal foi o engano que o seu home foi condecorado polos dous bandos, especialmente no bando nazi coa concesión da Cruz de Ferro. Sen ela, Pujol non acadaría esta meta, pois era Araceli quen movía os fíos baixo a aparencia dunha nobre e indefensa dama.
No 2010 estreouse o documental Hitler, Garbo... y Araceli (Lugopress / José de Cora), centrado na vida de Araceli. No mes de setembro de 2016 apareceu a novela de José de Cora El estornudo de la mariposa, tamén baseada no matrimonio Pujol-González Carballo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Araceli, la mujer detrás del gran espía «Garbo»", artigo en La Opinión de Zamora, 17 de decembro de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "La mujer del espía Garbo: «Pueden matarme, pero lo contaré todo»", artigo en La Voz de Galicia, 30 de setembro de 2016.
- "La espía gallega que engañó a Hitler", artigo en Faro de Vigo, 10 de abril de 2013.
- "Una espía con mucho Garbo", artigo en El País, 11 de decembro de 2009.