Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Día dos Avós |
|---|
|
|
Instancia de
| |
Epónimo
| |
Conmemora
|
|
|
|
Fundación / creación
1978 | |
Día periódico
|
|
|
| Wikidata |
Unha avoa e a súa neta preparando biscoitos.
O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo,[1] por ser o día en que a liturxia católica conmemora a san Xaquín e santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús. A historia dos avós de Xesús baséase no Protoevanxeo de Santiago, segundo o cal Santa Ana naceu en Belén e os seus pais eran Matan e Emerenciana, mentres que a familia de Xosé descendía do rei David e de Leví.[2]
A ONU promove a celebración internacional dun día que recorde as persoas maiores, o Día Internacional das Persoas Maiores, o 1 de outubro.