Antonio Vivaldi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Antonio Vivaldi
Vivaldi.jpg
Antonio Vivaldi nun retrato de 1723.
Nome completo Antonio Lucio Vivaldi
Data de nacemento 4 de marzo de 1678
Lugar de nacemento Venecia
Flag of Most Serene Republic of Venice.svg República de Venecia
Data de falecemento 5 de decembro de 1791
Lugar de falecemento Viena
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Instrumento(s) violín
Alcume/s Il Prete Rosso (O Padre Rubio)
Composicións máis destacadas L'Estro Armonico
Stabat Mater
Le quattro stagioni
Sinatura Antonio Vivaldi signature.svg

Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741, foi un sacerdote e compositor veneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Rubio) por causa da súa cor de pelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Antonio Vivaldi, o violinista Giovanni Battista , alcumado Rossi (o roxo), foi membro fundador do "Sovvegno de’ musicisti di Santa Cecilia", organización profesional de músicos venecianos; así mesmo foi violinista na orquestra da basílica de San Marcos e na do teatro de S. Giovanni Grisostomo. Foi o primeiro mestre do seu fillo, que tamén, probablemente, discípulo de Giovanni Legrenzi.

O 18 de setembro de 1693, Antonio ingresou nun seminario e recibiu as súas primeiras ordes relixiosas. En 1699 foi ordenado subdiácono (4 de abril), logo diácono (18 de setembro de 1700) e finalmente unxido sacerdote o 23 de marzo de 1703. Máis inclinado cara á música ca cara ás obrigacións relixiosas, logrou ser dispensado de dicir misa por razóns de saúde.

A carreira do veneciano estivo marcada por catro grandes etapas.

A primeira foi a da adquisición dunha fama europea no terreo da música instrumental coa publicación, polo editor veneciano Sala e despois polo prestixioso impresor holandés Roger, de dous opus de sonatas para violín e dúas coleccións revolucionarias de concertos para o mesmo instrumento: L'estro armonico en 1711, seguido de A Stravaganza en 1714. Estas obras novas superaron as innovacións de Torelli e Albinoni, e garantíronlle un éxito fenomenal que se traduciu, en particular, na reimpresión inmediata das súas opus en Londres e París.

Caricatura de Vivaldi Il prete rosso de Pier Leone Ghezzi (1723)

A segunda etapa foi a do seu contrato na Ospedale della Pietà, un orfanato para nenas da súa cidade. Para elas foron creadas moitas das súas composicións; nalgunhas transcricións modernas das súas obras poden lerse aínda os nomes das mozas para quen ía adicada cada aria. O 1 de setembro de 1703, recentemente ordenado sacerdote e con 25 anos, Vivaldi foi nomeado mestre de violín da orquestra da Pietà e encargado logo do ensino de viola all´ inglese. A súa función era a docencia e adquisición de certos instrumentos para as súas alumnas e a dirección da orquestra daquela institución que albergaba un famoso coro que reunía ao conxunto de internas intérpretes. O nomeamento dun músico tan novo para aquel posto envexado é testemuño dos importantes apoios dos que gozaba, e da fama de compositor, fundada sen dúbida na difusión manuscrita das súas obras antes de seren publicadas, pero, por riba de todo, na súa formidable celebridade como prodixio do violín, que durante moito tempo suplantaría o seu renome como compositor en Venecia e Italia. Vivaldi realizou na Pietà ao longo da súa vida unha carreira tumultuosa, consecuencia da súa personalidade histriónica e enfermizamente independente. Pero as súas caóticas relacións con aquela institución, sementadas de rupturas e reconciliacións, non lle impediron facer daquel posto prestixioso o seu laboratorio e o seu santuario, ao mesmo tempo.

A terceira etapa foi a do seu oficio como compositor e empresario de ópera, obtendo grandes éxitos, foi cando coñeceu a Anna Giraud, unha moza cantante, que a partir de entón estaría sempre con el. Foi entón cando compuxo en Vicenza, en maio de 1713, Ottone in vila, a súa primeira ópera coñecida, seguida dunha auténtica conquista da Venecia teatral que se baseou no control dos pequenos teatros de Sant´ Angelo e San Moise. As partituras das óperas datadas neste primeiro período veneciano móstrannos unhas obras suntuosas, exuberantes, testemuño dun temperamento dramático excepcional. Aquelas composicións innovadoras e inquietantes, que impuñan o stile nuovo atacando frontalmente ao stile àntico eloxiado polos conservadores, valéronlle a hostilidade dunha gran parte da aristocracia veneciana, cuxos teatros pecháronlle hermeticamente as súas portas. Por aquelas datas, Vivaldi confirmouse igualmente como un formidable descubridor da voz: el é, en efecto, quen deu a coñecer a cantantes famosos como Fabri, Merighi ou Strada, moito antes de que Händel os contratase en Londres. Nesa mesma época, o compositor veneciano impúxose tamén e sobre todo como "impresario" no sentido etimolóxico da palabra, é dicir, como empresario de espectáculos que produce tanto óperas propias como doutros compositores, revisándoas ou uníndoas ás súas propias producións.

Os cadernos de viaxe dun rico arquitecto de Francfort, Johann Friedrich Armand von Uffenbach, que asistiu á tempada de entroido en Sant´ Angelo en 1715, ofrécennos un vívido testemuño deste período de frenética actividade. Aquel afeccionado ilustrado critica nas súas notas os decorados e o vestiario, e admira os cantantes dicindo que "foron incomparables e non desmereceron en nada dos do gran teatro", é dicir, o de S. Giovanni Grisostomo. Pero sobre todo móstrase estupefacto por Vivaldi, que lle fascina coas súas prodixiosas intervencións ao violín. Uffenbach escribe o seguinte no seu caderno: "Cara ao final, Vivaldi interpretou un magnífico só seguido dunha cadencia improvisada que me deixou verdadeiramente estupefacto, pois non é posible que alguén toque ou chegue nunca a tocar así. Colocaba os dedos a un pelo da ponte, ata o punto de non deixar sitio para o arco, e facíao ademais sobre as catro cordas, realizando imitacións e tocando cunha rapidez incrible". A carreira lírica de Vivaldi remontou así o seu voo guiada por dúas consignas: reformar e sorprender, nunha coincidencia rechamante e premonitoria de arte e estratexia comercial.

A cuarta etapa dese despegamento foi a do desenvolvemento dunha actividade estruturada como compositor particular, que multiplicaba os seus compromisos puntuais e lucrativos cunha rede de clientes e mecenas. Esta actividade tivo como obxecto tanto a música instrumental, coa venda de concertos escritos ou adaptados especificamente en función dos encargos; a música vocal profana, coa venda de arias de óperas, cantatas ou serenatas; e a música relixiosa, mediante a composición de motetes, himnos, salmos e concertos sacros para diferentes institucións. Así é como Vivaldi escribiu o seu Stabat Mater en 1712 para unha igrexa de Brescia. E así compuxo tamén o seu primeiro oratorio, A vittoria navale, interpretado en Vicenza en xuño de 1713.

Unha das súas obras máis coñecidas son os primeiros 4 dos 12 concertos para violín do seu Opus 8 denominados por Vivaldi como Il Cimento dell'Armonia e dell'invenzione (O Cimento da Harmonía e a Invención), concertos que foron coñecidos logo como As catro estacións.

Vivaldi está considerado como un dos precursores da música romántica. Con todo, non todos os músicos semostraron tan entusiasmados coas obras do compositor italiano. Ígor Stravinski dixo de forma provocativa que Vivaldi "non escribira centos de concertos, senón un único concerto repetido centos de veces". Pero é precisamente, debido ao establecemento da estrutura do concerto con solista por parte de Vivialdi, que o seu desenvolvemento culminou cos Concertos de Brandeburgo de Johann Sebastian Bach.

Ao morrer en Viena cae no esquecemento, e é tanta a ingratitude que Italia tivo con el, que non aparece nos libros de música da época.

No século XX volveu aparecer o interese pola obra de Vivaldi. Mencionemos a Antonio Fanna, Gian Francesco Malipiero, Angelo Ephrikian, e en especial Alfred Einstein quen difundiron, editado e gravado en disco as obras de Vivaldi, moitas veces partindo de manuscritos orixinais do compositor.


Formas musicais[editar | editar a fonte]

Desde os exóticos concerti da camera, compostos para a corte de Mantua ata os inquietantes concertos para violín da súa última época, ademais doutras decenas de pezas concertantes, a música barroca italiana de Vivaldi, ofrece contrastes sutís e emocións refinadas. Complementa a diversidade de estilos que conforman o barroco musical, o alemán, o francés, inglés e obviamente o poderoso centro italiano. A importancia do achegue de Vivaldi, radica en consolidar a estrutura do concerto como xénero.

Concerto Grosso e Concerto Solli[editar | editar a fonte]

Mentres Torelli e Corelli entre outros expuxeran o diálogo entre solista e orquestra, nun "balance de forzas" entre o grupo de solistas e o acompañamento ou "ripieno" no que se denominou Concerto Grosso, foi Vivaldi quen estableceu unha estrutura compacta e orgánica do diálogo solista-orquestra, consolidando o concerto con solista ou Concerto Solli.

O núcleo desta organización no concerto con solista radica no desenvolvemento da forma ternaria. A este tipo forma ternaria (A-B-A), consiste en A: Exposición do Tema, B: Desenvolvemento e A: Reexposición do Tema. Na parte A o tema é o material musical que vai ser tratado na parte central ou desenvolvemento (B)onde se presenta o diálogo propiamente dito entre solista (s) e orquestra, alternando coa aparición de elementos do tema e intervencións da parte do só.

Esta forma musical, perfeccionada do "ritornello" onde o tema reaparece entre partes solistas, utilizouse para os dous movementos rápidos do concerto con solista (I e III), mentres o segundo, de carácter lento, podía estar en forma binaria, ou ternaria, sendo o solista o que prevalece. Esta forma difundiuse entre os compositores de diversos países, onde se foi aplicando progresivamente en concertos para diversos instrumentos. Esta forma musical é privativa dos concertos con solista, non importa o número de solistas, senón o uso desta forma musical como o mostran numerosas composicións de Vivaldi, onde a forma ternaria "ritornello" é común ás obras para un, dúas ou catro solistas. Por este motivo, no sentido estrito da forma, cabe establecer que o que coñece como concertos grossos non utilizan este esquema formal. exemplo: "O estro armonico" op. 3 n.11 de Vivaldi e todo o opus 6 de Corelli) Deste xeito a maior achega do músico veneciano foi o desenvolvemento do Concerto para Solista, estruturado polo Solli, Ripieno e Baixo continuo (Tutti) que a diferenza do seu antecesor o concerto grosso logra un desenvolvemento contrapuntístico e armónico máis fluído, así como partes solistas máis complexas nas que se concentra o desenvolvemento interpretativo e técnico.

Polo exposto, a reputación de Vivaldi, impúxose así mesmo en Alemaña, onde Johann Sebastian Bach analizou e transcribiu numerosos concertos de violín adaptándoos para o clave. Neste proceso, J.S. Bach desenvolveu aínda máis a forma establecida por Vivaldi, aplicando novos principios como a polifonía, e o uso de dúas seccións na exposición do tema. (Forma Ternaria Composta).

Vivaldi compuxo desde concertos para un solista ata para máis dunha ducia. Esta forma musical barroca é unha redistribución das forzas orquestrais do tutti e do ripieno en dous bloques fundamentalmente desiguais, que opón un tutti masivo a un solista indomable, solli e orquestra atópanse, expondo con claridade o diálogo entre estas dúas forzas complementarias, ao contrario de Bach, onde as ideas do tema e a parte solista mestúranse ou chocan en todas as súas obras concertantes.

Para Vivaldi, o só e o tutti son contraposición, diálogo, en Bach son dúas forzas antagónicas. Mentres que nos concertos de Vivaldi o tema é claramente presentado pola orquestra, o rol do solista é transformalo harmónica, rítmica ou melódicamente. O solista é o primeiro plano, a orquestra un fondo, non un relevo.

Nos concertos de Bach, a orquestra cumpre precisamente a función de relevo, non é só un fondo, xa que ata toma o papel de desenvolver o tema, feito que en Vivaldi é un papel exclusivamente aplicado ao solista. Escóitese por exemplo o concerto en la menor BWV 1041 o 1er movemento de J.S.Bach, e compárese co concerto en sol menor op 12 n.1., ou o conciero para 2 violíns en la menor op 3 n.8 de Vivaldi e o concerto para dous violíns en re menor BWV 1043.

Se ben o progreso do xénero concerto débese ao impulso dado por Vivaldi, non menos importantes son as súas obras de cámara, as súas sonatas a tres instrumentos, oberturas ou "sinfonías" que son máis ben un tipo de "concerto sen solistas", e a non dubidalo os seus pouco coñecidas óperas e arias, así como a súa música relixiosa, nas que o lirismo, a poesía das melodías son a mostra máis clara do talento do misterioso "cura vermello".

As súas obras[editar | editar a fonte]

O Ryom-Verzeichnis ou catálogo Ryom é un importante catálogo das obras de Vivaldi. Outros catálogos son os de Fanna, Pincherle e Ricordi.

Unha lista completa das súas composicións encóntranse en Klassika.info(en alemán).


A súa saída foi moi numerosas. Escribiu 46 óperas, 70 sonatas, 195 composicións vocais, entre os que 45 teñen 554 cantatas e composicións instrumentais de cámara, a maioría dos concertos. Os máis coñecidos son os doce que compoñen o 'Armona e Dell' Cemento Dell invenzione (1725). Os catro primeiros concertos, incluíndo o famoso Four Seasons: N º 1 en Mi maior, primavera, n º 2 en Sol Menor, de verán, N º 3 en Fa Maior, do outono e N º 4 en Fa menor de inverno. A música relixiosa como o oratorio Triumphans Judith (1716), o Gloria in D (1708), misas e motetos. Súas sonatas instrumentais son máis conservadores do que os seus concertos e música relixiosa, moitas veces reflicte o estilo operatividade do tempo ea alternancia da orquestra e solistas, que axudou a introducir os concertos. Johann Sebastian Bach, o seu contemporáneo, aínda que un pouco máis nova, el estudou as obras de Vivaldi, nos seus anos de formación e algúns dos concertos para violín e transcricións de sonatas de Vivaldi só existen (sobre todo para cravo) Bach algunhas das súas obras son:

Óperas[editar | editar a fonte]

Música instrumental[editar | editar a fonte]

Concertos[editar | editar a fonte]

Antonio Vivaldi compuxo:

  • 25 dobres concertos para dous violines
  • 4 dobres concertos para violín e violoncello
  • 3 dobres concertos para dous óboes
  • 2 dobres concertos para dúas trompas
  • 1 dobre concerto para dúas trompetas
  • 1 dobre concerto para dous violoncellos
  • 1 dobre concerto para viola d'amore e laúd
  • 1 dobre concerto para dúas mandolinas
  • 1 dobre concerto para dúas frautas
  • 1 dobre concerto para óboe e fagot
  • 47 conertos para tres ou máis instrumentos
  • así como concertos de cámara, onde todos os instrumentos teñen carácter solista.
  • Opus 1, 12 Sonatas para 2 violins e baixo continuo (1705)
  • Opus 2, 12 Sonatas para violín e baixo continuo 1709)
  • Opus 3, L'estro armonico, 12 concertos para diversas combinacións. Os máis coñecidos son o No. 6 para violín en La menor, o No. 8 para 2 violins en La menor, e o No. 10 para 4 violins en Si menor (1711)
  • Opus 4, La stravaganza, 12 concertos para violín (c. 1714)

Música vocal[editar | editar a fonte]

Cantatas[editar | editar a fonte]

Serenatas[editar | editar a fonte]

Motetes[editar | editar a fonte]

Música sacra[editar | editar a fonte]

Oratorios[editar | editar a fonte]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O personaxe de Vivaldi aparece no filme Rouge Venise, realizado por Étienne Périer en 1989, unha pelicula que narra un episodio da vida de Carlo Goldoni.

O fimle Antonio Vivaldi, un Prince à Venise, unha coprodución italofrancesa de 2005 baixo a dirección de Jean-Louis Guillermou, coa participación de Stefano Dionisi no papel de Vivaldi, e Michel Serrault no do patriarca de Venecia.

En 2005, ABC Radio National realizou unha obra de teatro radiofónico sobre Vivaldi, que foi escrita por Sean Riley. Baixo o título The Angel and the Red Priest, a obra foi posteriormente adaptada para os escenarios e representada no Adelaide Festival of the Arts.[1]

Estase a preparar outro filme sobre a súa vida producido por Boris Damast, cuxo título provisional é Vivaldi[2], o papel é interpretado por Joseph Fiennes, e outros actores que participan inclúen a Malcolm McDowell, Jacqueline Bisset e Gérard Depardieu.

Un extracto de Nisi Dominus move o oído do que escoita o filme Home de Yann Arthus-Bertrand. Cómpre engadir a música do filme de François Truffaut, L'Enfant sauvage, co seu concerto para mandolina.

No filme Kramer vs. Kramer (1979) de Robert Benton, aparece unha versión do concerto en Do Maior para mandolina adaptada por Herb Harris.

Runaway Train de Andrei Konchalovsky finaliza alucinando cun extracto do Gloria.

A música de Vivaldi, Mozart, Tchaikovsky e Corelli foi incluída nas teorías de Alfred Tomatis sobre os efectos da música no comportamento humano e empregada na musicoterapia.

A autora Janice Jordan Shefelman escribiu un libro infantil sobre a vida de Vivaldi titulado I, Vivaldi.[3]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Vivaldi recibiu o alcume de il prete rosso (o padre rubio) pola cor do seu cabelo. De feito, era una característica da sú familia e seu pai xa fora coñecido co sobrenome de rosso.
  • En 1737 foi acusado de non dar misa sendo sacerdote, mai el defendeuse alegando que tiña asma; sen embargo, a súa enfermidade pulmonar non lle restou capacidades á hora de viaxar por Europa.
  • É un dos temas centrais na novela de ficción histórica La Copa Antonio Vivaldi, na que unha competición de música que recibía o seu nome sustitúe á Copa do Mundo de Fútbol.
  • A súa ópera Montezuma, é o tema central da novela de ficción histórica, Concierto Barroco de Alejo Carpentier 1974. Esta ópera, que trata sobre a conquista de México baixo unha interpretación pouco apegada á realidade; foi estreada no Teatro Sant'Angelo de Venecia en 1733.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Angel and the Red Priest by Sean Riley". Airplay. Australian Broadcasting Corporation Radio National. http://www.abc.net.au/rn/airplay/stories/2011/3244574.htm. 
  2. Vivaldi (2008)
  3. Bush, Elizabeth. "I, Vivaldi (review)". Bulletin of the Center for Children's Books, 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Antonio Vivaldi

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]