Nos ataques morreron cincuenta e seis persoas, incluídos os catro terroristas sospeitosos, e 700 persoas máis resultaron feridas. Foron os actos de terrorismo máis sanguentos no Reino Unido desde a morte de 270 persoas no atentado de Lockerbie (Escocia) en 1988[2], e os máis mortíferos en Londres desde a segunda guerra mundial.
Os investigadores policiais identificaron a catro homes que se pensa que son terroristas suicidas.[1] Estes foron os segundos atentados suicidas en Europa occidental coa presenza de civís inocentes (tralo 11M en Madrid), e se pensa que foron planeados por organización paramilitares islamistas con sede no Reino Unido. A organización terrorista al-Qaeda asumiu a responsabilidade.
O 21 de xullo de 2005, unha segunda serie de catro explosións tivo lugar no metro de Londres e nun autobús de Londres. Con todo, esta vez só os detonadores das bombas explotaron e os catro terroristas non chegaron a inmolarse. Non houbo vítimas mortais: o único ferido rexistrado resultou ser un asmático hospitalizado. Todos os terroristas deste ataque errado foron arrestados pola policía.[4]