Baía de Baffin
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
| Baía de Baffin | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||

A baía de Baffin (francés: Baie de Baffin) é un mar entre os océanos Atlántico e Ártico. Mide uns 1130 km cruzando de norte a sur. Non é navegable a maior parte do ano por mor da presenza de innumerable cantidade de icebergs.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1585 o explorador británico John Davis foi o primeiro europeo en entrar á baía. William Baffin fixo cinco viaxes ao océano Ártico e alcanzou a baía de Baffin en 1616. Durante estas viaxes foi probado que o Paso do Noroeste non estaba no área da baía de Hudson.
Situación
[editar | editar a fonte]A baía de Baffin é un brazo de auga do océano Ártico flanqueado pola Illa de Baffin no oeste, Groenlandia no leste, e na Illa de Ellesmere no norte. Conecta ao atlántico por estreito de Davis, e ao Ártico por varias canles estreitas do estreito de Nares. É unha extensión do noroeste do Atlántico Norte e o mar do Labrador.
Vida silvestre
[editar | editar a fonte]Preto de 120.000 baleas Beluga viven na baía de Baffin, comendo pequenos peixes e crustáceos. Están en perigo de ser atrapadas no xeo con facilidade e isto representa outro problema de índole ambiental.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baía de Baffin |
