Guantánamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guantánamo e a base estadounidense de Guantánamo Bay

Guantánamo é o nome dunha cidade situada no sueste de Cuba. É a capital da provincia de Guantánamo. A poboación é de preto de 208.000 habitantes, a grande maioría vivindo da cultura do azucre e do algodón.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Guantánamo tornouse célebre despois da implantación, a 15 km da cidade, da base naval dos Estados Unidos da América de Guantánamo. É no interior desta base onde se encontra a prisión de Guantánamo, medindo 117,6 km² alugada polo goberno estadounidense por 4.085 dólares por ano.

Desde xaneiro de 2002 están encarcerados nesta base prisioneiros afgáns e iraquianos acusados de cooperación cos grupos dos Talibáns e de al-Qaída, nunha área excluída de todo e calquera control internacional no relativo ás condicións de detención dos seus prisioneiros. Segundo a Cruz Vermella internacional, eses prisioneiros serían mesmo vítimas de tortura. É usada hoxe en día para torturar prisioneiros non respectando os dereitos humanos e a convención de Xenebra.

José Martí tornou Guantánamo mundialmente coñecida coa súa canción Guantanamera (a meniña de Guantánamo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Guantánamo

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]